Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Seleccións da Costa de Fútbol Sala de base xa teñen seleccionadores

As Seleccións da Costa de Fútbol Sala de base xa teñen seleccionadores
Seleccionadores FS Costa da Morte O encargado da sección do fútbol sala dentro da Subdelegación da Real Federación Galega de Fútbol da Costa da Morte, Fran Toba, deu a coñecer aos seleccionadores costeiros para a presente tempada. Quedan pouco menos de dous meses para a disputa do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala e as diferentes Seleccións da Costa da Morte poñeranse en marcha para preparar dita competición, a cal acudirán con todas as ilusións postas en facer un gran papel. Catro serán as Seleccións cos que acudirá a Subdelegación da Costa da Morte ao Campionato Galego: a infantil feminina dirixida por Fran Toba e David Castro, a infantil masculina que terá no banquiño a Carlos Carballo e Nando Waldomar, a alevín masculina que estará dirixida por Ana Mouzo e Dani Costa, e a benxamín mixta, a cal terá como adestradores a Javier García “Marroco” e Carlos Pazos. En vindeiros días, os catro combinados costeiros poñeranse mans á obra para comezar a preparar este Campionato Galego de Seleccións Comarcais, o segundo no que haberá presenza da Costa da Mort

Comentarios