Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Castriz e Porteño na procura da gloria cara a Liga da Costa

Toniño (SD Castriz) e Manu (CF Porteño). Fotos: David Castro.
Toniño (SD Castriz) e Manu (CF Porteño). Fotos: David Castro.
Castriz e Porteño na procura da gloria cara a Liga da Costa

Este domingo, San Pedro acollerá unha finalísima na que Castriz e Porteño tratarán de buscar a gloria, a cal non é outra que o ansiado ascenso á Liga da Costa, volver á categoría que ambos nunca quixeron perder.

Logo dun primeiro asalto no que os rossoneros lograron unha mínima vantaxe na Grixa tras vencer ao Porteño por 1-2, agárdase un encontro de volta de moita emoción e alta tensión no que calquera cousa pode pasar, polo que San Pedro dictará sentenza.

Para analizar este envite de alta voltaxe, dende QPC quixemos falar con dous veteráns de guerra curtidos en mil batallas como son Toniño Pensado e Manu Castiñeiras.

Os protagonistas

Toniño Pensado, xogador da SD Castriz

Toniño (SD Castriz)

QPC: Como viches o encontro de ida no que lograstedes vencer nun sempre difícil campo como é o da Grixa?

T.P.: Vin un partido moi igualado, con constantes balóns de ida e volta.

QPC: Despois do 1-2 do partido de ida na Grixa, chegades a este definitivo encontro do playoff de ascenso á Liga da Costa cunha certa vantaxe coa que segue todo aberto para o envite decisivo en San Pedro. Como están os ánimos no vestiario para afrontar este enfrontamento que vos pode levar a gloria ou deixarvos un ano máis na Terceira Galicia?

T.P.: O vestiario está moi ben, moi unido e con ganas de que chegue xa o partido.

QPC: Como cres que será este encontro de volta en San Pedro no que ambos equipos vos xogades a tempada?

T.P.: Eu creo que vai a ser un partido moi duro e de moita pelexa.

QPC: Que supoñería para o Castriz e para o pobo de Castriz lograr volver á Liga da Costa?

T.P.: Supoñería unha alegría moi grande para todos, pola que levamos loitando dous anos.

QPC: No caso de non lograr o ascenso, consideraríades a tempada coma un fracaso?

T.P.: Eu como xogador, dende o meu punto de vista si, pero non se pode tirar a toalla nunca.

QPC: Atreveríaste a dar un resultado para o partido do domingo en San Pedro?

T.P.: Non me atrevo a dar un resultado pero vai ser un partido bonito. Non o perdades!

Manu Castiñeiras, presidente e xogador do Porteño CF

Manu (CF Porteño)

QPC: Como viches o encontro de ida no que o Castriz logrou superarvos pola mínima na Grixa?

M.C.: Un encontro coma todos os da Grixa, con dous equipos apostando polo fútbol directo. En determinados momentos do partido, eles estiveron un pouco máis intensos no xogo e afortunados de cara a portería.

Co 0-2 pensamos que todo estaría perdido pero co gol de Wii volvemos a meternos na eliminatoria.

QPC: Despois do 1-2 do partido de ida na Grixa, chegades a este definitivo encontro do playoff de ascenso á Liga da Costa cunha certa desvantaxe coa que segue todo aberto para o envite decisivo en San Pedro. Como están os ánimos no vestiario para afrontar este enfrontamento que vos pode levar a gloria ou deixarvos un ano máis na Terceira Galicia?

M.C.: Os ánimos están de marabilla. Como sempre digo, eu confío plenamente en todos e en cada un dos meus xogadores e sei que con eles é posible.

QPC: Como cres que será este encontro de volta en San Pedro no que ambos equipos vos xogades a tempada?

M.C.: Pois moi parecido o que houbo na Ponte do Porto, só que coa vantaxe de que poderemos tocar máis o balón e creo que iso favorece a xogadores como Javi, Nazo e Wii, entre outros.

QPC: Que supoñería para o Porteño e para a Ponte do Porto lograr volver á Liga da Costa?

M.C.: Supoñeria un gran reto porque o plantel é moi xove. Exceptuando os máis vellos que somos Wii e máis eu, o resto son rapaces de entre 19 e 25 anos co cal penso que habería plantel para uns anos bos na Liga da Costa.

QPC: No caso de non lograr o ascenso, consideraríades a tempada coma un fracaso?

M.C.: Coa calidade do plantel que temos, si.

QPC: Atreveríaste a dar un resultado para o partido do domingo en San Pedro?

M.C.: 0-2 con goles de Wii. o chaval está inspirado.

Comentarios