Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Copa: Castriz, Fisterra e Muxía métense en semis pola porta grande

Volantes-Fisterra-Foto-Adriana
Volantes-Fisterra-Foto-Adriana
Copa: Castriz, Fisterra e Muxía métense en semis pola porta grande

Menudo susto o vivido onte no Agra da Filgueira tralo choque sufrido entre o loureán Pablo Vidal e o esteirán Codesido. Afortunadamente semella que todo quedou niso, nun susto, e nas sendas brechas que levan os dous para casa, xa que as probas parece que deron positivamente.

É previsible que os equipos disputen o partido este mesmo vernes, para determinar o semifinalista que se vai enfrontar ao Castriz.

Repasamos as outras 3 eliminatorias, con claras vitorias para Castriz, Volantes e Fisterra.

San Lorenzo - Castriz (0-2)

  • San Lorenzo:Puyol, Raúl, Luci, Pablo Garrido, Alex Taibo, David, Dani Cotelo, Pablo Díaz, Arantón, Brais Cancela, Ferreiro. Tamén: Diego Varela, Styven, Joaquín, Mateo e Padín.
  • Castriz: Álvaro, Fabián, Alex, Samuel, Saoul Proupín, Adrián Gardía, Iván Facal, Martímn Gemelo, Noli, Pastoriza e Braulio. Tamén: David, Kevin Varela, Alberto Mata, Alex Pérez e Anxo.
  • Goles: 0-1, m.60: Iván Pastoriza en diagonal a pase de Noli; 0-2, m.77: Iván Facal de golazo de falta directa pola escuadra.

Fantástico ambiente en Verdillo para ver este clásico entre equipos da Liga da Costa, que volveu a demostrar o tremendo estado de forma deste Castriz, que dende xaneiro está facendo un temporadón. O campo estaba algo húmido pola chuvia e polo partido de Veteranos da mañá, e deixou un fermoso espectáculo de puro Fútbol da Costa.

Foi un choque tremendamente igualado, cun castriz algo máis cómodo ao principio, controlando moi ben os balóns aéreos a Brais Cancela (moi ben tapado por Alex Mourelle e Fabián), e intentando chegar por banda arriba. Tivo dúas ocasións pero non acertou. A partir da media hora estirouse o San Lorenzo e a piques estivo de levar o partido cun par de boas chegadas.

Deu outro paso adiante o San Lorenzo na segunda, apretando con máis xente arriba, pero deixando espazos atrás. Apareceu aí a calidade dos xalleiros arriba. Un rexeite caeulle a Noli na frontal, que contemporizou e cedeu para a entrada de Pastoriza, que cruzou perfectamente a Puyol. Chegaban aí os mellores minutos do Castriz, que sentenciaba pouco despois cun golazo de Iván Facal.

Intentouno o San Lorenzo, con moito corazón, pero o partidazo de Alvarito na meta xalleira impediu que recurtarsen e se puidesen meter no choque.

Muxía - Outes (5-0)

Muxia en Arlina
Muxía en Arlina
  • Muxía: Joselu, Rui, Michael, Gusa, Congui; Maikel Mouzo, Julián, Edu Castreje, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Hugo, Peski, Víctor Alcaina, Dacvid e Xan Nogueira.
  • Outes: Angeliño, Marcos, Estefan, Martín, Nico, Jura; Mangel, Veleiro, Aarón, Hugo e Fran.
  • Goles: 1-0, m.24: Maikel Mouzo a centro de Mauro; 2-0, m.38: Maikel Mouzo de tiro axustado tras unha boa xogada colectiva; 3-0, m.62: Maikel Mouzo tras unha internada de Fran Moreira pola dereita; 4-0, m.72: Manu Nogueira tira, toca nun defensa e se cola; 5-0, m.80: Mauro Romaní de tiro axustado dende fora da área.
IMG-20220620-WA0014_edit_618532575305096

Con 6 sénior acodía Miguel Ramos en Arlliña ante un rival que volveu demostrar o seu estado de gracia, sumando a súa 17ª vitoria consecutiva. Dende un 3-2 en Esteiro o 1 de marzo, o cadro de Diergo Lobelos suma unha vitoria cada fin de semana.

Comezou o choque co Outes a favor de vento, pero rapidamente o Muxía foise facendo co partido, dominando, chegando e facendo moito dano por banda. os locais metíanse 2-0 no primeiro tempo e puideron ser máis, xa que Edu, Fran, Manu e Mauro puideron marcar antes do descanso.

Estivo algo mellor o cadro da Serra na segunda, chegando mesmo cun man a man, pero o Muxía seguía ao seu, cunha pólvora tremenda arriba.

Volantes - Fisterra (0-2)

  • Volantes: Alberte, David Pais, Mos, Godo, Oscarín; Alex Vázquez, Pablo Martínez; Manoliño, Pesco, Kevin, Toni. Tamén: Álex Figueiras, Kike, Santi, Alex, Miguel Formoso.
  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Cea, Aarón Fdez., Aarón López, Lobelos, Estévez, Diego Cespón, Juliçan, Adrián Kaay e Riki. Tamén: Vía, Colombia e Breixo.
  • Goles: 0-1, m.2: Adrián Makaay pola escuadra; 0-2, m.38: Adrián Makaay.

Volantes-Fisterra-Foto-Adri

Recuperaba o Volantes máis efectivos que o Fisterra, e deu guerra ata o final, pero atopouse nada máis saír, co patrón Adrián Makaay, que lanzaba un zurdazo pola escuadra para adiantar aos seus minuto dous. Xerro de auga fría para o Volantes, que así e todo na seguinte xogada, puido ter cambiado o sino do partido: Pesco colle unha volea… pero Iván Bouzón fixo un paradón brutal que deixaba a renda no marcador para os visitantes.

O Fisterra estaba cómodo, seguro, tendo posesión, facendo sufrir a un rival que non se levantaba da lona. E noutra xogada o borde do descanso Makaay acadaría o segundo tras unha boa internada por banda. o

Na segunda estirouse o Volantes, cun par de achechóns, varias chegadas por banda, pero Iván Bouzón dominou moi ben a área, matendo aos laranxas sen poder meterse no partido.

Volantes despediase da sua afeccion
O Volantes despediase da súa espectacular afección- Foto: Adriana

Comentarios