Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Xornada de susto

  • O cadro en www.copadacosta.com.
  • O Bergan dá un paso cara a final feminina.
  • Xa temos finalistas da Copa de Veteranos.
Susto en Agra da Filgueira
Xornada de susto

Celebrouse a antepenúltima fin de semana de Fútbol da Costa antes do remate do curso. Unha xornada con susto, o que se vivíu no Agra da Filgueira durante o desenvolvemento do partido de Cuartos da Copa entre Monte Louro e Esteirana. Era un fermoso derbi, cun ambientazo no campo, pero un choque entre o loureán Pablo Vidal e o esteirán Codesido, facía saltar todas as alarmas.

Duros momentos de tensión, cando caían ao chan e comezaban a sangrar polas sendas brechas. Veu ata o Helicóptero medicalizado, pero finalmente un dos feridos foi trasladado en ambulancia e outro nun vehículo familiar ao Hospital de referencia.

Pablo xa vén de volta para casa, con el 8 puntos de sutura. Pola súa parte, Code, queda aínda no Hospital facéndolle probas e esperando que todo quede no susto.

Castriz, Fisterra, e Muxía

Xa temos semis da #CopadaCosta 2022. Por un lado do cadro o Castriz eliminaba ao San Lorenzo e terá que agardar para coñecer rival.

No outro lado teremos un fermoso Muxía-Fisterra. Os muxiáns golearon ao Outes, sumando a súa 17ª vitoria seguida; mentres o Fisterra superou ao Volantes con relativa solvencia.

FUTFEM

Tarde xogaba o Xallas en Noia e caía por 3-0, mentres que o Bergantiños xa metía un pé na final tras vencer 0-3 en Xaviña ao Cerqueda, facendo valer o seu papel de coco.

Veteranos

Pola súa parte, nos Veteranos xa temos finalísima. O Arasolis vencía nos penaltis ao San Román, e terá que enfrontarse a todo un San Lorenzo, que vai oplo doblete tras golear ao Buño.

Máis info

Comentarios