Copa da Costa: 6 cocos menos

14:32 07/12/16


Buño - Ponteceso* (1-3)


Muxía* - Castriz (3-1)

Cerqueda* - Volantes (0-0)
Co 1-2 da ida en Muros, o Cerqueda soubo nadar e gardala roupa. Non arriscaron os de Periscal mentres que o Volantes tampouco estivo demasiado acertado e cos varios xuvenís non puido darlle a volta a eliminatoria. A nota do partido foi a colleita solidaria de xoguetes que a UD organizou para as familias máis necesitadas dos Servizos Sociais municipais.Coristanco - Zas* (1-0)


Sofán - Malpica* (1-1)


Esteirana* - Cee (1-1)
O Rei de Copas queda ás primeiras de cambio nun choque no se fixo valer o valor doble dos goles fóra da casa, despois dese 2-2 do San Paio de Refoxos. O Cee foi mellor ante unha Esteirana con moitas baixas, e tivo numerosas ocasións para darlle a volta á eliminatoria pero non estiveron acertados. Na primeira metade as maáis claras foron as de Martín, Samu e Uri, mentres a Esteirana, non chegaba á meta rival. Si que acertaba Manu para os locais xusto á volta do descanso, nun erro entre central e porteiro ceense. Despois do empate houbo uns minutos de dúbidas pero pouco a pouco o Cee volveu a buscar a vitoria cunha ocasión clarísima na que Esteban, completamente só, remata fóra despois dunha gran xogada de Juan O Vello. Aínda tería o Cee dúas ocasións máis en sendos remates de cabeza de Uri e Chema pero non atinaron a marcar.Nantón* - Outes (1-1)
Valeu tamén o valor doble dos goles fóra de casa na eliminación dun Outes que parece sufrir síndrome do gol. Segue sen atopar o camiño do gol o cadro da Serra, que marrou ata 6 ocasións para cambiar o signo da eliminatoria, sobre todo tralo tanto de Mario tra varios rexeites de Guille. Aí chegaron as mellores ocasións de Mario, Yago, Martín, Chúa... pero o gol non chegou. O Nantón mantíñase na eliminatoria a base do carácter que amosa sempre en cada partido, e se atopaba cun gol olímpico de Redondo, que o colocaba en Oitavos.Xallas - Dumbría* (3-1)


Laxe - Fisterra* (0-4)
Coa eliminatoria sentenciada da ida, o choque no Cabo Dárea non tivo moito interese. Adri (2), Jesús e Cote foron os goleadores fisterráns.Mazaricos* - Soneira (1-1)

San Lorenzo* - Seaia (5-1)
Non se deixou sorprender o San Lorenzo por un Seaia que chegaba vivo tralo empate da ida, pero con moitas baixas. Saíu con todo o San Lorenzo, apretando fórte e aos poucos minutos o colexiado sinalaba unha man dentro da área e expulsaba ao malpicán Josiño. Parou o meta Anxo a pena máxima pero quedaba moito tempo por diante para aguantar. Diego e Taibo abrían a lata deixando un 2-0 ao descanso que casen sentenciaba a eliminatoria. Pero seguía pelexando o cadro malpicán, e conseguían marcar e recurtar distancias por medio de Eme, poñéndose a un gol dos Oitavos. Pero un gol no que o meta visitante puido facer algo máis ao comezo da segunda deixaba o partido claro para os locais cos goles de Parafita, Fuentefría e outro de Diego.Montelouro - Camariñas* (0-3)
Outra das eliminatorias que chegaba sentenciada da ida e que non tivo moito interese, con dous equipos reservando fichas. O Montelouro de feito xoga o xoves o chque aprazado ante a Esteirana polo susto de Juan de Celia, o sábado co Mazaricos. Os goles dos de Rosky, de Maikel, Nazo e Brandon.Baíñas* - Ameixenda (5-2)
Unha alegría leva na Copa este Baíñas que non acaba de situarse en Liga. E iso que foi un partido ben vibrante despois doutro choque tremendo co 4-3 da ida para os ceenses. Foi un partido estrano, máis igualado do que reflicte o marcador porque a eliminatoria estivo totalmente aberta ata practicamente o m.90, e no desconto foi cando se desatou, cunha actuación arbitral que deixou moi descontentos aos ceenses. Comezaba o Ameixenda buscando o control do balón, mentres que o Baíñas sacaba algunha contra con Jaime e Pablo como protagonistas. Pronto adiantaba Canay aos vimianceses nunhaboa xogada de Pablo. Puido empatar Cristian pouco despois nunha volea desde 30 metros que despexou Maikel de forma espectacular. E no m.20 o propio Cristian empataba o partido. Seguía máis cómodo o caro ceense pero era Jaime o que metía de novo aos locais por diante nunha xogada na que os ceenses pediron falta sobre o eterno Óscar Riolo. Co 2-1 e todo por xogar comezaba a segunda metade. O Ameixenda controlaba pero sen facer demasiado perigo e o Baíñas buscaba a contra. Nunha desas contras e cando faltan apenas 12 minutos para os 90 regulamentarios, Pablo Muíño marcaba o terceiro que parecía sentenciar a eliminatoria. Pero faltaba a traca final. Minuto 88 e Cristian mete o 3-2. O partido, e a eliminatoria estaban no aire, e aproveitando outra contra o Baíñas conseguía o 4-2 no m.90 por medio de Jaime. Todo parecía sentenciado de novo pero un tanto provocaría a prórroga. Era o minuto 94 cando o árbitro sinalou unha falta indirecta do Baíñas por perda de tempo do porteiro. Fai Chucho o lanzamento e os ceenses piden man, que non ve o colexiado, e á contra, con casi todos os xogadores ceenses parados, o Baíñas marca o 5-2 definitivo de novo por medio de Palo Muíño.Camelle - Cabana* (1-1)
Co 3-1 da ida chegaba o Cabana ao Rodeiro, e non o tivo fácil. Comezaba o choque cun minuto de silencio polo pasamento da avoa do cabanés Cacha, que ademais lle puido adicar o primeiro tanto da tarde, aos 5 minutos da segunda metade. A primeira fora de tanteo, cun choque igualado sen demasiadas ocasións. Tras eses bos 15 minutos cabaneses no comezo da segunda, o Camelle veuse arriba. Tivo o Camelle unha boa ocasión Felisiano dende os 11 metros para acurtar distancias na eliminatoria que parou moi ben Vázquez. E era Sergio o que marcou o empate a falta de 10 minutos, pero a pesar de facer un mellor partido os camelláns non puideron marcar. [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/704294526412545/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]Baio* - Corme (5-2)
Outro dos grandes que queda fóra. O partidazo entre os dous indiscutibles líderes da Liga da Costa deu conta de como son as competicións copeiras, pois puido pasar calquera despois do 3-3 da ida, pero foi finalmente o cadro baiés o que conseguíu encarrilar o partido no treito final. Outro dato interesante foi que se tratou do partido 200 do Baio na Copa da Costa, e case que 400 afeccionados se achegaron ao Pratas Reinoso para disfrutalo. Empezou o Corme moi forte, e Alejo adiantaba aos cormeláns tras un discutido penalti sobre Lucas, e mesmo puido facer o 0-2 pero o seu tiro pegou no pau. Foron minutos de control cormelán que se puido marchar no marcador, pero o gol de Porto nun córner abría de novo o parido. Na segunda, foi MC o home clave, aproveitando varios erros na defensa cormelán. Así, entre o minuto 52 e o 58 facía un triplete que deixaba sentenciada a eliminatoria. Recurtou Alejo pero a cousa quedaba moi lonxe e foi MC de novo o que completaba o seu póker de goles.Porteño* - Corcubión (1-1)
E outra eliminatoria decidida polo o valor doble dos goles fóra da casa. O Porteño pasa cun gol de Pejo e varias ocasións falladas nun choque no que soubo ler como estaba a eliminatoria. Tito empataba tras unha falta que puña Luís Lojo. Na segunda apretaron os corcubioneses que viron como Abelleira salvaba un par de contras claras. E na última xogada do partido Lema tivo o pase tras un novo centrazo de Luís, pero o balón non entrou.Máis información
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.