Venres. 26.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: oitavos de final parte 1ª

Copa da Costa: oitavos de final parte 1ª
Entre venres e sábado disputáronse a metade dos encontros dos oitavos de final da Copa da Costa, nunha fin de semana de traballo constante para todos os clubs, tanto en fútbol base como en senior. Aquí vos deixamos unha pequena reseña do que sucedeu nos catro partidos: FOTO Luis González SONEIRA 7 - CAMARIÑAS 0 O Soneira foi moi superior ó Camariñas no encontro xogado na noite do venres, ante pouco público. Os de Pedro Gómez atópanse nun gran momento e evidenciaron a súa superioridade dende o primeiro minuto. Pichi estivo moi afortunado cara ó marco rival, e aínda por enriba cando o Camariñas se quixo estirar despois do 3-0 Josiño estivo moi ben ante Soule e Brandon. No segundo tempo os goles seguiron caendo e incluso o xuvenil Sergio tivo algunha oportunidade de que o marcador fora máis amplo. 1-0 9´Pichi   2-0 15´De la Sierra   3-0 33´Chapela   4-0 53´Pichi   5-0 62´Chapela   6-0 66´Nazo   7-0 79´Pichi OUTES 0 - XALLAS 2 O Xallas impúxose a domicilio e encarrila a eliminatoria. O Outes estivo a bo nivel e tivo opcións nos últimos vinte minutos para anotar algún tanto. O primeiro tempo foi do Xallas, que traduxo o seu dominio no 41 co gol de Marcos dun forte disparo. Abel á volta dos vestiarios anotou o segundo despois dunha boa xogada de Marcos. 0-1 41´Marquiños   0-2 58´Abel CORISTANCO 0 - SAN LORENZO 1 Un solitario tanto de Parafita doulle a vitoria ó San Lorenzo na Rocheira, nun encontro igualado que se decantou hacia os visitantes no segundo tempo. O San Lorenzo ten así unha boa vantaxe para avanzar de rolda no torneo copeiro. 0-1 63´Parafita SOFÁN 5 - FISTERRA 1 O Sofán encarrilou a eliminatoria ante un mermado Fisterra, que acudiu ó reestreno do Carral con poucos efectivos e reservando xogadores para o compromiso decisivo en liga do domingo. Na primeira media hora o Sofán tivo numerosas ocasións, e foi Eibe de falta e logo Raúl de cabeza os que levaron o 2-0 ó descanso. No segundo tempo seguiu apretando o Sofán, que incluso fallou un penalti e viu como lle anulaban un gol, ambas accións con Raúl de protagonista. Moita xente no Carral, uns 300 espectadores, na volta do Sofán ó seu campo. 1-0 35´Eibe   2-0 40´Raúl    3-0 60´Sito   4-0 72´Luis   4-1 85´Bruno   5-1 87´Quintela

Comentarios