Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Unha eliminatoria na Picota

Copa da Costa: Unha eliminatoria na Picota
Sorprendeu o Mazaricos na Fontenla, onde a piques estivo de acadar incluso máis renta ante o Xallas de Preferente; o Soneira foi tan fiable coma sempre ante o Zas. O campo da final queda pendente dos finalistas: Se pasa o Mazaricos, probablemente será en Malpica; se non pasa, podería ser na Pena do Ouro, no marco do 25º aniversario do club amarelo. O Mazaricos conquistou A Fontenla - Foto: Isma Caamaño O Mazaricos conquistou A Fontenla - Foto: Isma Caamaño Xallas 1-2 Mazaricos
  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Julián, Cristian, Óscar, Víctor Vecino, Martín Barreiro, Canedo, Marcos (Santi Díaz m.80), Jesús, Kevin, Anxo (Rachón m.70) e Camilo (Doro m.46)
  • Mazaricos: Miguel, Gemelo, Estéfano, Matías, Ricardo, Ferreiro, Esteban, Brais (Marcos m.46), David, Chenel (Ramón m.85) e Molinos (José Ángel m.75)
  • Árbitro: García Gómez (A Coruña). Expulsou a Víctor Vecino do Xallas (m.1) e a Estéfano do Mazaricos (m.44), Molinos e Ricardo (m.89), tamén do mesmo equipo. Amonestou a Martín Barreiro do Xallas; Miguel Riveiro, Marcos, Molinos, Ricardo
  • Goles: 0-1 m.43 Ricardo; 0-2 m.44 Brais; 1-2 m.89 Doro
Cú, cú dos canarios Desafiou a lóxica, os pronósticos e calquera análise que se quedase no meramente futbolístico un Mazaricos que tomou unha extraordinaria vantaxe sobre o Xallas na Fontenla, e que obrigará aos veciños combeses a arriscar e dar a súa mellor versión no partido de volta. Unha das armas habituais do equipo de Preferente é a súa fiabilidade nun campo natural como o da Fontenla, rara avis nos tempos actuais, pero que curiosamente fai un efecto menor nun rival como o Mazaricos, sobresaínte e temible na súa Picota. Así, os de Néstor Romero entraron nun corpo a corpo de máis intensidade que fútbol por parte de ambos, e que sorría co paso dos minutos da estratexia do rival máis pequeno. Apenas había novas ou avisos de gol nas áreas, ata que contra o descanso tódolos astros se aliñaron nunha ecuación perfectica que parecía decir "E, de éxito, é igual a M, de mazaricos, ao cuadrado". Dous goles nun minuto, un deles de falta a cargo de Brais e outro nun córner rematado por Ricardo, deixaban ollipláticos aos presentes na Fontenla. Pero todo efecto provoca unha reacción, e o cartón vermello a Estéfano, por protestar, equilibrou as forzas. A entrada de Doro deulle un salto cualitativo ao Xallas nun segundo tempo no que apretou, pero no que tamén chocou contra unha notable defensa visitante, que afogou calquera intentona e que mantivo un nivel de Preferente. Iso, ata que nunha falta protestada Doro acadou o 1-2, co tempo case cumprido. As protestas visitantes provocaron regueiro de cartóns e deixaron aberto o choque para unha volta que pretende ser de emocións ben fortes. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/989596521159005/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Soneira 3-0 Sporting Zas Houbo ambiente de grandes tardes en Vimianzo Houbo ambiente de grandes tardes en Vimianzo
  • Campo: Municipal
  • Soneira: Anxo, Figueroa (Darío m.46), Brais Mouzo, Jota, Aarón, Sandelo (Óscar de Maema m.77), De la Sierra (Alberto m.87), Richi, Basti (Mayor m.62), Javi e Martín
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Josito (Carlos m.56), Manu, Diego Fernández (Dieguiño m.46), Cilindro, Isma, Chapela, Dani Mato, Rubio e David Blanco (Martín m.77)
  • Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña). Amonestou a De la Sierra e Aarón do Soneira; Diego Fernández, Dani Mato do Sporting Zas
  • Goles: 1-0 m.6 Richi; 2-0 m.9 Sandelo; 3-0 m.68 Richi
O Municipal vibrou co Soneira O Municipal vibrou co Soneira A Copa sabe richísima Dous goles de Richi, para abrir e pechar o encontro, lle deron unha xusta e clara vitoria ao Soneira sobre o Sporting Zas, que estaba de libranza no que á fase de ascenso a Primeira Autonómica se refire, pero que non foi quen de manter a eliminatoria demasiado aberta. Unha saída forte por parte dos vimianceses, e a calidade dos seus homes de punta, foron demasiado para o subcampión da Liga da Costa, pendente de dúas frontes. Tivera unha ocasión de saída o cadro de Víctor Pazos, pero a resposta por parte soneirán foi inapelable. Primeiro, Richi aproveitou unha prolongación de Javi para rematar a gol. E pouco despois era Sandelo o que aproveitaba un desaxuste defensivo. Non ían nin dez minutos de encontro e a diferencia era de dous goles, para un Soneira que está como os equipos coa frecha vermella no Pro Evolution. Tentouno o Zas, pero non quixeron entrar as poucas que tivo. Rubén Forján estrelou no longueiro a máis clara. O paso dos minutos, especialmente na reanudación, foi un plan perfecto para un Soneira que non sufriu en exceso e que cerrou a contenda no ecuador, con outra xogada intelixente de Richi.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios