Copa da Costa Xuvenil: Unhas tanto e outras tan pouco
Non tiveron a mesma ración de emoción todos os choques da volta de Oitavos da Copa da Costa Xuvenil. Tivemos 3 eliminatorias excelentes, con auténtico sabor copeiro, e outras 3 que xa viñan decididas da ida e que non tiveron sabor algún.
Ademais, se Os Miúdos xa tiveran a sorte de librar da eliminatoria de Oitavos, tampouco se disputou o choque entre Xallas e Esteirana, xa decidido tralo 1-8 da ida. O cadro esteirán chegou só con 7 a Fontenla, e o Xallas pasa de ronda sen ter que xogar.
Así queda un Cadro da Copa que sabedes tendes sempre accesible e actualizado en www.copadacosta.com.
O cadro da CopadaCosta Xuvenil sempre en www.copadacosta.comVolta dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil
Fisterra* - Outes (1-0)
- Fisterra: Aarón (Xosé), Juanfran, Fabián, Andrés, Papin, Anchoa (Ezequiel), Pichino, Breixo, Dani, Gonzalo e Asier (Isaac).
- Outes: Alex, César, Adrián Martínez, Brión, David, Adrián Ruibal, Adán, Simón,
- Gol: 1-0, m.23: en propia meta.
En propia
Tralo 3-4 da ida no Cunchido, un gol en propia meta valeulle ao Fisterra para pasar. Foi un partido de igualdade máxima, tremendamente disputado, que se decidiu pola “diosa fortuna”.
Comezaba o choque cunha xogada que puido cambiar o rumbo da eliminatoria, pero o man a man de Serxio foi desbotado polo meta fisterrán Aarón. O Fisterra, co vento a favor, chegaba pola banda de Gonzalo coa axuda de Breixo, pero sen acerto cara gol, ante un Outes que aguantaba moi xuntiños ben atrás, e mesmo creaba perigo en xogadas a balón parado moi ben lanzadas. Ata que nunha xogada desafortunada se marcaba un gol en propia tras un tiro inocente de Breixo.
Baixou o ritmo na segunda metade, cun Outes máis impreciso, tenso e ansioso por marcar. Necesitaban 3 goles os da Serra, pero non chegaron os tantos, a pesar de que as ocasións, sobre todo dúas de Adrián, puideron abrir de novo a eliminatoria.
Zas - Cabana* (1-4)
- Goles: 1-0, m.20: Dani Mato cun golazo de saque de centro por toda a escuadra; 1-1, m.43 Álex finaliza ben unha boa xogada colectiva; 1-2, m.65 David Muíño cun perfecto golpeo a bote pronto dende a frontal; 1-3, m.78: Álex remata ben un bo centro de Santi; 1-4, m.88: Aurelio de cabeza nun perfecto saque de falta de Santi.
Primeira parte igualada
Xa chegaba o partido practicamente listo tralo apretado 5-2. Así e todo, o Zas prantou cara durante a primeira metade, e comezaba vencendo. Ata o fío do descanso, que marcaba o cadro cabanés e deixaba liberados aos seus para a segunda metade.
Baio - Camariñas* (1-3)
- Baio: Julián, Brandón, Queiro, Alberto, Alex, Javier Muíño, Sergio, Estefan, Cristian, Luís Eiroa e Anxo. Tamén: Cambios: Jose Manuel, Ayoub, Michi, Regueira, Jose Antonio.
- Camariñas:
- Goles: 0-1, m.15: Pablo Mouzo; 0-2, m.30: Adrián; 1-2, m.50: Estefan; 1-3, m.70: Brandon.
A volta á tortilla
O Camariñas conseguiu darlle a volta a una eliminatoria que traía costa arriba (2-3 para o Baio na ida) despois dun gran primeiro tempo e un pouco de sorte na segunda parte. Saíron mellor os visitantes facendo una primeira parte efectiva na que se adiantaron moi rápido. Os locais non lle collian o ritmo o partido e asi o Camariñas seguía chegando con peligro a portería local. Volveron a marcar e puxeron a eliminatoria ao seu favor.
A volta dos vestiarios saíron mellor os locais e conseguiron anotar nada máis empezar con gol de Estefan. O gol deulle aánimos aos locais e pasaron a dominar o partido e acorralar ó Camariñas na segunda metade. Pero cando mellor estaban os de Baio chegou o terceiro gol dos visitantes nunha contra mortal. O gol veu precedido dun erro arbitral tralo típico fóra de banda que decide o xogador máis pícaro. Así e todo, a vitoria camariñá foi bastante xusta, a pesar dos intentos dos locais por igualar a eliminatoria nos últimos 20 minutos.
Montelouro* - Coristanco (5-2)* (na prórroga)
- Montelouro: Joaqúin, Juan (Bertín, m.70), Sergio, Borja, Adricc, Cristian, Adrián, Fran, Alexis, Juan de Celia, Xanma (Javi 60).
- Coristanco: Eloy, Álvaro, Iván Vázquez, Adrián, Iván Villar, Jorge, Javi, Alex, Amado e Lorenzo. Tamén Bértoa, Dani, Varela, David e Joaquín.
- Goles: 0-1, m.11: Lorenzo; 1-1, m.44: Borja; 2-1, m.60: Alexis; (prórroga) 2-2, m.102: Iván Villar; 3-2, m.106: Juan de Celia; 4-2, m.118; 5-2, m.119: Fran.
Ata a prórroga
Menudo partidazo o vivido en Agra da Filgueira. O partido marchaba igualadísimo á prórroga, igualando o 2-1 da ida. Marcaba o Coristanco ao fío do descanso da prórroga e cando parecía que tiña moi preto o pase, apareceu Juan de Celia, un dos mellores da categoría, para marcar dous goles, que sumados ao final de Fran, dan boa conta da garra do cadro loureán.
Castriz - Ponteceso* (0-4)
- Goles: 0-1: Eloy a centro de José Ángel; 0-2: Jose Ángel tras un pase de Luca; 0-3: Villar despois dun rexeite; 0-4 Jorge de penalti cometido sobre el.
Partido sen demasiada historia que xa viña determiado polo partido de ida.
Cee* - Corcubión (6-1)
- Goles: 1-0, m.18: Chema; 1-1, m.23: Germán; 2-1, m.36: Isma; 3-1, m.44: Chema; 4-1, m.54: Iván; 5-1, m.57: Alex Castro; 6-1, m.83: Alex Agulleiro (83').
Aguantara o Corcubión na ida máis de medio partido, e o mesmo pasou na volta, pero o 3-1 ao fío do descanso matou as esperanzas dos “pelaos” e os “koreanos” xogaron a pracer na segunda.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).