Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#CopadaCosta: 4 equipos de menor categoría superan os Oitavos

Volantes-Baio na Copa-Foto-Adriana Pesco e Bieitp
Pesco e Bieito no Volantes-Baio -Foto-Adriana
#CopadaCosta: 4 equipos de menor categoría superan os Oitavos

Se na Previa vivíronse prórrogas e 2 quendas de penaltis, nestes Oitavos foron dúas as eliminatorias que se decidiron no tempo extra e unha na lotería dos 11 metros. Detalle: das 8 eliminatorias, só unha se decantou polo equipo visitante, a do Fisterra.

Pero o máis singular desta fase é que ata 4 equipos conseguiron eliminar a conxuntos de categoría superior, dando conta de que na Copa da Costa non valen os nomes nin os colores.

A igualdade foi máxima e só o Fisterra e o Muxía superaron con solvencia a Coristanco e Muros. Os Cuartos serán vividos por ese lado do cadro cun Volantes-Fisterra e un Muxía-Outes.

Pero o outro lado é aínda máis incrible. O Monte Louro eliminou ao Corme na prórroga; a Esteirana tumbou a un Dumbría que viña de eliminar a todo un Xallas; o San Lorenzo superou ao Ponteceso, e o Castriz fixo o propio no derbi da montaña ante o Mazaricos.

A peor nova da semana, e estaremos atentos, é a hospitalización de Álex. O xogador baiés sufría un síncope en Esteiro, e foi trasladado ao Hospital, onde permanece ingresado á espera do resultado das probas.

Monte Louro - Corme (3-1)**

  • Monte Louro: Iago, Abel, Juan do Sivil, Manpolo Chouza, Rául; Xián, Riki, Yerai, Juan Lois, Íker e Mguel Verán. Tamén: David, Pablo e Antón.
  • Corme: Adrián, Jesús, Brais, Pandi, Eloy Villar; Aitor, Lucas, Adrián Doldán, Toniño, Dieguito, Alejo. Tamén: Suso, Brais Pailos, Noel, Javi Bermúdez e Brais Torrado.
  • Goles: 1-0, m.33: Juan Lois dende fóra da área; 1-1, m.53: Alejo de penalti cometido sobre el; 2-1, 93: Raúl nun córner; 3-1, m.103: Raúl noutro córner.
Monte Louro-Corme-Foto-Edu Olveira
Alejo e Raúl. Foto-Edu Olveira

Moita xente no Agra da Filgueira para ver e seguir soñando con este Monte Louro que leva uns 5 últimos meses de competición impresionantes. Puideron, tras superar ao Lira, con todo un Corme, co que competiron 120 minutos man a man, cara a cara, sen desmerecer a categoría na que se enfrontarán o curso que vén.

Foi un partido de poder a poder no que adiantaba os locais nuna contra. O Corme intentábao pero un tanto lle foi anulado por fóra de xogo. Ao comezo da segunda Alejo empataría dende os 11 metros, e puido levar o partido pero o balón non collía portería. O Louro aproveitou, xa na prórroga para facer dous goles en sendos córners para pasar a cuartos merecidamente.

Monte Louro-Corme-Foto-Edu Olveira 2
Foto: Edu Olveira

Esteirana - Dumbría (2-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Samuel, Samián, Code, Brais, Alex Rama, Pablo Rama, Elías, Oli e Raúl. Tamén: Adrián Louro, Adrián, Tobío, Farinós e Pachi.
  • Dumbría: Jorge, Samu, Pablo Paz, Brais, Mario, Caamaño, David, Code, Baba, Xabi Castro, Darío. Tamén: Iván Fraga, Matías, Yuyo, Alex Sendón e Lucas Toba.
  • Goles: 1-0, m.50: Alex Rama; 2-0, m.60: Xabi Castro; 2-1, m.81: Lucas Toba.

Esteirana-Dumbria na Copa

Partido disputadísimo en Esteiro, cunha altísima esixencia física gracias ao alto ritmo de xogo dos dous equipos e a calor, no que os dous equipos sabían que ó mínimo fallo poderia costar caro. A Esteirana levou algo máis o peso do equipo, pero o primeiro tempo foi igualado sendo a mellor ocasión para os locais, pero Elías mandaba ao longueiro.

Nada máis saír dos vestiarios Alex Rama rompía a igualda, e pouco despois Raúl facía un segundo que facía moito dano aos de Pablo Conde. Estirouse o Dumbría pero con máis corazón que cabeza só puideron recortar por medio de Xabi Castro a falta de 10 minutos, sen claridade para ter opcións de levar o partido ao tempo engadido.

Esteirana-Dumbria na Copa-Foto-Adriana
Foto-Adriana

San Lorenzo - Ponteceso (1-1)*

  • San Lorenzo: Puyl, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Eloy Ferreiro, David, Dani Cotelo, Pablo, Alex Taibo, Arantón e Brais Cancela. Tamén: Styven, Joaquín, Alexis, Mato e Dani Padín.
  • Ponteceso: Benji, Isaac, Ángel, Juanjo (Dani Cotelo, m.85), Ismail (Petís, m.110), Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Iago López, Eloy Álvarez (Nando, m.54), Eloy Trigo (Maradona, m.63)
  • Goles: 1-0, m.109: Styven; 1-1, m. 119: Mendieta.
San Lorenzo-Ponteceso na Copa
Foto: SD Ponteceso

Na quenda de penaltis, e gracias ás paradas de Puyol, decicíase o choque entre San Lorenzo e Ponteceso. Foi un vistoso choque cun fantástico ambiente no campo de Verdillo, moi igualado, sen ocasións claras no primeiro tempo. O segundo tempo foi tamén moi serio, sen erros, pero sen chegadas claras. Apenas algún lanzamento a balón parado de Recarey ou os alóns longos buscando a Brais Cancela conseguían dar a sensación de perigo.

Chegaba así a prórroga, xa cos dous equipos moi gastados. Chegaban aí os ocos e as ocasións, facendo intervir a Benji e Puyol. Pero era Styven o que marcaba de córner directo no comezo da segunda parte da prórroga. Non se deu por vencido o Ponteceso que tamén nun córner empataba Medieta de cabeza, xa sobre o pitido final.

Puyol gañáballe a partida a Iago e Isaac e leva ao San Lorenzo a Cuartos.

Ambientazo en Verdillo
Ambientazo en Verdillo. Foto: SD Ponteceso

Castriz - Mazaricos (2-1)

  • Castriz: Álvaro, Fabián, Adrián, Gemelo, Alex, Saúl Proupín, Mata, Iván Facal, Braulio, Noli, Pastoriza. Tamén: Kevin, Samuel, Guillín, Sergio e Anxo.
  • Mazaricos: Iván Baña, Oscarín, Borja, Raúl, Marcos, Ricardo, Esteban, Mario, Mario Roo, Rachón, Kevin. Tamén: José Ángel, Sandelo, Iago, Molinos e Dani Maroñas.
  • Goles: 1-0, m.63: Facal de vaselina dende o medio campo; 1-1, m.70: Rachón; 2-1, m.80: Noli.

Ambientazo en Castriz para ver un partidazo, confirmando que este Castriz pode competir con calquera. O cadro amarelo, co vento a favor si que conseguía facer dano ás costas da defensa xalleira. Pouco a pouco foron asentándose os de Miguel Chouza, comezando a gañar os duelos, e chegando máis á área rival. Iván Baña salvou unha falta de Iván Facal que ía a escuadra e unha chegada de Martín Gemelo.

O cadro de Diego Gálvez protestaba as constantes faltas dos locais, e acababa chegando tamén á área rival tendo unha boa ocasión a remate de Rachón o longueiro tras un centro lateral de Mario.

Tras o descanso, o partido seguia sendo moi competido e nunha acción na que Mario en conducción pedíu dúas faltas, o balón sale rexeitado aos pés de Iván facal que marca un golazo dende campo propio. O gol fixo que os amarelos tiveran que asumir máis riscos, o que permitía uns espazos que aproveitaba Braulio facía ocasións. Pero o Castriz non sentenciou e Rachón empataba nunha falta tras tocar na barreira. Non se viu a baixo o Castriz, que foi pola vitoria, tras un saque de banda que o liña daba para os mazaricáns, que Braulio sacou con picardía e Noli marcou á reviravolta.

Pediron tamén os amarelos un penalti sobre Rachón no treito final pero os xalleiros tamén consideraron penalti un cometido sobre Baulio.

Coristanco - Fisterra (0-5)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Javi Bermúdez, Dani Vázquez, Samuel, Sergio, Rial, Castiñeiras, Damián, Nico, Mario. Tamén: Pazos, Adrián, Villajos, Diego Mallo e Kevin.
  • Fisterra: Iván Bouzón, Colombia, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Cea, Breixo, Aarón López, Diego Cespón, Estévez, Víctor Casais e Adrián Makaay. Tamén: Lobelos, Riki, Vía e Julián.
  • Goles: 0-1, m.5: Cea; 0-2, m.10: Víctor Casais; 0-3, m.18: Víctor Casais; 0-4, m.60: Víctor Casais; 0-5, m.77: Estévez.

Outra exhibición de Víctor Casais nun partido controlado de principio a fin polo equipo da Preferente, que conseguía marcar moi pronto, tendo a tranquilidade para xogar o balón e facer un xogo combinativo que xeraría moitos espazos para sentenciar antes do descanso. A segunda, de trámite.

Volantes - Baio (1-0)

  • Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, Álex Vázquez, Pablo Martínez, David Pais, Godo, Mos, Manoliño, Pesco, Toni e Kevin. Tamén: Isma Mayo, Kike, Pardelo, Alex González e Santi.
  • Baio: Diego, Norberto, Mario, Iván Rod., Iván García, Damián, Alex Varela, Bieito, Braian, Paco e MC. Tamén: Brais Lema, Pedro, Peke, Guzmán e Sergio.
  • Gol: 1-0, m.17: Kevin define tras unha boa triangulación.
Volantes-Baio na Copa-Foto-Adriana
Foto-Adriana

Enorme calor no campo de Esteiro na previa do partido entre Esteirana e Dumbría, que mesmo lle puido provocarlle un síncope a Alex. O xogador do Baio protagonizou a peor nova da semana, e ten que esperar ingresado no Hospital varios días á espera das probas.

No deportivo, o Volantes comezaba ben prantado, sen riscos, intentando buscar nos balóns longos con dúas chegadas ás costas da defensa. O Baio tocaba e tocaba pero non chegaba. Non cambiou o guión tralo gol de Kevin tras unha boa triangulación. Aí si que o Baio se estiraba máis e conseguía chegar á area por medio de Rubio, Braian, Manu e múltiples entradas por banda que non atopaban rematador.

Mesmo guión na segunda, con moita posesión visitante, tensión e nerviosismo no céspede, e algunha chegada de Braian, MC… Tamén o Volantes puido sentenciar en dúas contras levadas por Pesco, un remate de cabeza ao pau, e un par de contras de Kike que salvou con dous paradóns Diego. O partido mantivo a emoción ata o final.

Volantes-Baio na Copa-Foto-Adriana 3
Foto-Adriana

Muxía - Muros (5-0)

  • Muxia: Joselu, Rui, Michael, Gusa, Maikel Mouzo,, Congui, Julián Busto, Edu Castreje, Mauro, Fran Moreira, Manu Nogueira. Tamén: Hugo, Peski, Víctor Alcaina, David e Xan Nogueira.
  • Muros: Álvaro; Ra, Pelos, Dani de Jurjo, Alon; Gesto, Jesús da Meca, Ángel; Xavi, Thiago, Ivi. Tamén xogaron: Fran, Manuva e Kin.
  • Goles: 1-0, m.4: Maikel Mouzo a centro de Fran Moreira; 2-0, m.26: Manu Nogueira nun saque rápido de Edu; 3-0, m.31: Mauro; 4-0, m.53: Julián dende 40 metros; 5-0, m.70: Mauro.

Muxia-Muros cos arbitros

Con moitas baixas chegaba o Muros a Arliña ante un Muxía que leva meses sen coñecer a derrota, sumando 16 vitorias consecutivas. Pese ser as primeiras oportunidades do Muros, sería o Muxía quen se adiantaría. O segundo chegou con polémica, cunha falta discutida e cun remate na que os xogadores muradánsm pedían fóra de xogo. Eran os mellores minutos do Muxía e pronto chegaba o terceiro, de Mauro tras combinación con Fran, que practicamente mataba o partido.

Fíxose longa a segunda metade para un Muros que quedou con 10 ademais, e tivo que abrazarse a unha gran actuación de Álvaro para non recibir algún tanto máis.

Muxia-Muros na Copa

Outes - Baíñas (1-0)**

  • Outes: Ángel, Nico, Chía, Babu, Estefan; Martín, Veleiro, Mangelo, Aarón; Iván, Cespón e Eloy.
  • Baíñas: Carlos, Raúl, Maikol, Cristian Hermida, Dylan, Adrián Canosa, Esteban Canosa, Cristian Canosa, Charlie, Raúl e Víctor. Tamén: Brais Tajes, Samu Lema, Brais e Rodri.
  • Goles: 1-0, m.101: Aarón.

Outes-Bainas na Copa

Con baixas chegaba o Outes, con só 8 fichas do primeiro equipo, cun Baíñas moi competitivo, moi forte. Comezaba con moito xogo directo, cun Baíñas mellor posicionado, e facendo algo de dano con balóns aéreos. Charlie na primeira facía algunha desas.

Na segunda o Outes intentou xogar algo máis, pero a defensa impuxéronse aos ataques, a pesar das internadas de Víctor.

Chegaba o tempo engadido, e cun Outes algo mellor fisicamente, coa chavalada dando máis aire, xerando dúbidas, e nunha chegada por banda marcaba Aarón. Nos últimos 15 minutos intentouno o Baíñas a balón parado pero non chegaron.

 

Veteranos

A eliminación do Dumbría por parte do San Lorenzo na quenda de penaltis, foi o máis destacado dos Cuartos da Copa de Veteranos. O cadro de Verdillo enfrontarase ao Buño, que goleu ao Bértoa, como así fixeron Arasolis e San Román ante Malpica e Leiloio.

Máis info

 

Comentarios