Venres. 26.04.2024
El tiempo

A crónica dominical: Os de abaixo tamén saben gañar

Cerqueda-San Lorenzo - Foto-Ra
Imaxe do intenso Cerqueda-San Lorenzo - Foto-Ra
A crónica dominical: Os de abaixo tamén saben gañar

Completa xornada do Fútbol da Costa que vivimos a través do intenso carrusel de www.futboldacosta.com no que toca analizar moitas cousas.

Na Liga da Costa os tres de cabeza (Corme, Ponteceso e Esteirana) e os dous perseguidores (San Lorenzo e Muxía) non fallasen. Non o tiveron doado (nin o Corme en Castriz, nin a Esteirana no derbi muradán; nin San Lorenzo en Xaviña ante o Cerqueda, nin o Muxía ante o Baíñas) pero manteñen as posicións destacadas.
Por abaixo si que houbo novidades cas dúas vitorias de Cabana e Zas, ante un Lira e un Coristanco que veñen de máis a menos. Dúas vitorias que lle serven para distanciarse do Buño pero non para unirse ao seguinte vagón, que pecha o Baíñas.

A xornada na demostrou que cada partido hai que pelexalo, e o líder, Camariñas, suou tinta para vencer a un moi serio Laxe. O Outes goleou ao Ameixenda, escapando na segunda praza dun Montelouro que non pasou do empate ante o Nantón.
Na loita pola promoción, mala semana para un Corcubión que se esqueceu de saltar na primeira parte no municipal de Vimianzo e perdeu ante o Castrelo, de xeito que a vitoria do Seaia, que o mete na promoción cun punto por diante do Camelle, deixa ao cadro corcubionés a 5 da 6ª praza.

A xornada foi malísima na 1ª, con tres derrotas caseiras (de Volantes, Mazaricos, e Baio) ademais da vitoria do Dumbría no derbi de altura ante o Soneira, que deixa aos de Pablo Conde definitivamente metidos na loita por absolutamente todo. O cadro soneirán, pola contra, só suma 2 vitorias dos 8 últimos partidos.

Na Preferente houbo de todo. O sábado o Fisterra vencía en Laracha cun soberbio gol de Herbert, que volve colocar na 2ª praza ante a inesperada derrota do Boiro na casa ante o Puebla. O domingo, o Xallas a piques estivo de remontar ante o Residencia e deixa escapar un dos vagóns da salvación. O Sofán caía na Coruña e non dá escapado da zona perigosa.

Futfem

Boas vitorias de Bergan, Cee e As Miúdas ante equipos da zona baixa, que as manteñen na zona noble. O Mazaricos tamén volvía á competición tras un longo parón e vencía na Liga F7 de Santiago.

Base

Vitoria dos Xuvenís e derrota dos Cadetes dos cadros dumbrieses en Liga Autonómica. Se ben os Xuvenís están en zona tranquila, os Cadetes seguen sen poder despistarse porque trala súa gran reacción do último mes, suman dúas derrotas consecutivas que os manteñen con só 5 puntos sobre o descenso.

Nas Ligas Comarcais, vitorias fáciles dos 3 de arriba da Liga Xuvenil (Soneira, Outes e Cabana), sendo o choque entre Sofán e Corme o máis destacado. Foi o cadro cormelán o que levou os puntos e supera ao Sofán na táboa, nunha Liga na que o Malpica se retiraba da competición xusto cando comeza a segunda volta.

En Cadetes, había un partido importantísimo, no que o Cabana vencía no Carral e mantén o coliderato co Xallas, deixando agora ao Sofán terceiro na táboa a 4 puntos. O Cerqueda, que vencí ao Fisterra, está empatado co cadro carballés, para completar o cuarteto de cabeza.

En Infantís, o Dumbría non cede nin co Fisterra, pero Os Miúdos e Outes manteñen a distancia pelexando pola segunda praza de promoción.

Veteranos

Importante derrota do líder, o Zas, ante o San Lorenzo, que apreta algo máis a zona de arriba. Pero os seus inmediatos perseguidores, San Román e Dumbría, non o aproveitaron demasiado porque se enfrontaban e firmaban táboas. 3 puntos separa ao Zas agora do San Román, un máis sobre o Dumbría e outros 3 do club de Verdillo.

En 1ª, o Ara Solis ten pé e medio na D.H. se ben a loita pola segunda praza de ascenso directo e polo playoff está moi viva, co Corme e San Román cóbado con cóbado.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios