Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Deporcampus volve ao Platas Reinoso

Imaxe dun dos pasados Deporcampus en Baio
O Deporcampus volve ao Platas Reinoso

IUn ano máis o Concello de Zas acolle unha das sedes do Deporcampus. Cun protocolo especial fronto ao Covid-19 para garantir as medidas, o DéporCampus Cabreiroá 2020 desenvolverase no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio do 27 ao 31 de xullo, por cuarto ano consecutivo.

Este campamento deportivo está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e serán os técnicos do RC Deportivo os encargados de dirixir as diferentes sesións de adestramento nas que os participantes terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do xogo e facer novas amizades.

Ao igual que nos anos anteriores, haberá dúas rutas de autobús co fin de que podan asistir nenos e nenas de toda a zona. Unha ruta sairá dende Muros pasando por Pino do Val e Santa Comba mentras que a outra partirá de Fisterra pasando por Cee, Dumbría e Vimianzo.

Información

Podes inscribirte en deporcampus.rcdeportivo.es/ ata o 23 de xullo ás 12:00 horas, e para calquera dúbida sobre o proceso de inscrición pódese escribir directamente ao enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios