Felipiño salva ao SD Laxe collendo o relevo na presidencia
23:35 18/07/20
Era a última bala de María López Souto para salvar o Laxe. A, ata hoxe presidenta, tiña decidido dar de baixa o club se non se presentaba unha nova directiva, pois necesitaba un relevo para que a xente de Laxe comprenda o esforzo que
Foi Felipiño Oróns, actual dianteiro, e unha das almas do vestiario laxense, o que asume o mando da nova Directiva, e compaxinará as dúas funcións. Xunto a estará o tamén xogador Jacobo, ademais doutra xente do pobo, e algún que outro pai. Pepelu segue na directiva ao final como tesoureiro.
O equipo queda ben situado, tras varios anos quedando ás portas do regreso á Liga da Costa, e cunha base ben formada. Case 100 fichas que fan deste club, creado no 1963, un dos históricos do fútbol costeiro.