Martes. 19.03.2024
El tiempo

María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa"

Maria Preside de Laxe
María, a presidenta do Laxe, no sorteo da Copa da Costa
María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa"

Falamos con María, a presidenta do SD Laxe que co obxetivo logrado de xogar a fase despois de dous anos quedándose as portas, desexan ver o equipo por historia na liga da costa. Comenta que unha das grandes satisfaccións do seu mandato foi a creación das categorías base.

 
  • QPC: Es unha das poucas presidentas do Fútbol da Costa, a que cres que se debe?

É verdade que o fútbol xa non é só cousa de homes, e están a mudar moitas cousas neste deporte, pero tamén temos que recoñecer que hai que adicarlle moito tempo e entre o traballo e a familia non é sinxelo ter tempo para todo.

 
  • QPC: Desde fóra todo mundo ve sinxelo a labor das directivas, pero desde dentro como é?

A labor das directivas é moi complicada e moi sinxela á vez, todo depende de se se rema na mesma dirección e todos colaboran. Como todo na vida, todo depende do difícil que se queiran facer as cousas, e as complicacións que queiran poñer. O problema que temos nós é que somos poucos a traballar e moitos a criticar, pero supoño que eso pasará en moitos clubes. É imposible facelo ben para todo o mundo, sempre haberá algo que non guste.

 
  • QPC: Arrepínteste dalgunha decisión que tiveras que tomar?

Sempre te arrempintes de algo que fas, pero é peor arrepentirse das decisión que non tomaches sabendo que as tiñas que tomar. Somos nós quen temos que tomar as decisión, e somos nós os que corremos perigo de errar ou acertar, pero o que si que podo dicir é que nunca tomei unha decisión que perxudicara á entidade, ou polo menos non as tomei sabendo que perxudicaría a SD Laxe.

 
  • QPC: O teu home taéen está na directiva. Os enfados futbolísticos quedan no campo ou o final tamén se levan a casa?

Inevitablemente lévanse a casa tamén. Ao final son 24 horas falando de fútbol e da SD Laxe. Pero levánse os enfados e as risas, as derrotas e as vitorias.

 
  • QPC: Para un club como o Laxe, é difícil fichar xogadores?

Para o equipo sénior nunca foi complicado fichar rapaces porque o 90% da plantilla e da vila. Pero si que nas categorías inferiores é algo máis difícil. Este ano tivemos que intentar completar cadetes e infantís e a pesar de chamar a moitos clubes, e moitos rapaces non conseguimos traélos. A situación xeográfica que ten Laxe, fai difícil que os rapaces doutros pobos veñan a xogar con nós.

 
  • QPC: Este ano nos séniors o obxectivo era estar na promoción de ascenso, cousa conseguida. Como valoras a tempada?

O obxectivo da promoción conseguímolo, pero estamos a un paso do ascenso a Liga da Costa que é una competición máis atractiva. A 3ª está a quedar moi corta, son moi poucos partidos para recuperar o coste económico que supón competir.

 
  • QPC: Ascenso, prioridad ou premio?

Prirodade??? Para algúns é un premio porque realmente son rapaces que merecen o ascenso por estar nas boas e nas malas, e eles teñeno ganado. E creo que a SD Laxe, por historia ten merecido xogar na Liga da Costa.

 
  • QPC: Importante tamén o traballo que desenvolvedes ca base?

A verdade é que me sinto orgullosa de que no meu mandato conseguiramos facer que a SD Laxe tivera fútbol base, unha pena non ter todas as categorías, pero non hai tantos rapaces no pobo, pero seguro que co tempo o club terá todas as categorías. O que teño claro é que os clubs débense formar dende abaixo, dende os biberóns ata os séniors e por iso se creou o fútbol base.

 
  • QPC: O único punto negativo, quizais foi a tempada pasada non estruturar os xuvenís e esta non manter os cadetes?

Os xuvenís o ano pasado foron inviables, e este ano cos cadetes intentámolo pero non puido ser tampouco. Desfacer esa categoría foi una carga económica moi alta pero ás veces é imposible e moi difícil seguir pelexando, se como dicía antes, non remamos todos na mesma dirección. Para poder competir os nenos e nenas, precisamos a colaboración dos país nais, avós, avoas, tios, primos e demais familia, sen o seu apoio non sería posible que os rapaces competirán. A SD Laxe, depende deles porque non somos suficientes directivos para abarcar todas as categorías.

 
  • QPC: Na base, tamén éxito rotundo dos cromos de QPC en Laxe, unha das zona onde máis se adquiriron.

Foi unha gran idea. É un bo recordo que lle queda aos nenos e as nenas.

 
  • QPC: As directivas na Costa sempre están na dúbida de continuar ou dimitir. Ti como estás?

Eu non teño dúbida ningunha, é a miña derradeira tempada coma presidenta e directiva da SD Laxe. Ao rematar a tempada presentarei a miña dimisión. E estou segura que alguén se presentará para seguir ao fronte da entidade e continúe ca labor de manter as categorías existentes e incluso poidan formarse as dúas que nos faltan.

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios