Venres. 26.04.2024
El tiempo

FF: A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar

FF: A primeira vitoria visitante das Miúdas dalles opcións a soñar
As Miudas e Estrada contra a Violencia de Xenero-Foto-Chema Caamano As Miudas e Estrada conmemoraron o Día contra a Violencia de Xenero-Foto-Chema Caamano

Fin de semana reivindicativo nos campos do Fútbol Feminino Galego. Non fallaron as costeiras que se vestiron para a ocasión.

Chegou a primeira vitoria a domicilio das Miúdas na Estrada ante un dos equipos que pecha a clasificación. 3 puntos que deixan ás de Fran Figueroa nunha máis que cómoda 7ª praza, con 12 puntos, a apenas 4 do 2º posto de promoción de ascenso. Soñar, polo de pronto, é de balde.

Mentres, o Bergantiños non puido facer nada antes as líderes do Gr.1, o Imperátor. As de Gueli fican na zona morna da clasificación.

O Bergantinos contra a Violencia de Xenero O Bergantiños Feminino contra a Violencia de Xénero polo 25N

2ª División, Grupo 2, xornada 7

  • Resultado: At. Estrada - Os Miúdos (0-4)
  • As Miúdas: Julia, Yaiza, Paula, Antía, Martina, Laura, Irea, Bárbara, Leti, María e Iria. Tamén: Isa, Gala, Eva, Marta e María Dosil.
  • Goles: 0-1, m.35: Bárbara a pase de Leti; 0-2, m.59: María Dosil; 0-3, m.70: Bárbara de vaselina; 0-4, m.84: Marta.
As Miudas na Estrada-Foto-Chama Caamano As Miúdas na Estrada-Foto-Chema Caamaño

Empezada o choque marcado pola desorganización, pero así e todo xa se vía vir o resultado final, pois Bárbara facía moito dano en ataque dende o primeiro minuto. Sería no minuto 35 tras unha xogada levada en banda por Leti cando Bárbara non perdonaría poñendo o 0-1 coa punteira co que se chegaría o tempo de descanso.

Xa na reanudación e coas liñas ben marcadas, o dominio sería total das visitantes xogando case que toda a 2ª parte no campo rival e entrando con perigo polas bandas, ademais sumando as numerosas subidas das centrais Antía e Martina. Así no minuto 59 a recién entrada no campo María Dosil conseguiría o 0-2 resolvendo unha xogada na area despois de unha galopada pola banda de unha Gala, que se está destacando como lateral nos últimos encontros pero que lle gusta pisar campo contrario.

As Miudas na Estrada-Foto-Chema Caamano As Miudas na Estrada-Foto-Chema Caamaño

As locais terían a súa mellor ocasión nun libre directo ao borde da area de Julia, pero o forte disparo marcharía a escasos metros da escadra Miúda. Foi Bárbara a que non perdonou facendo o seu doblete particular cunha bonita vaselina trala saida da porteira da Estrada que nada pudo facer ante o golazo da “pichichi” costeira. Puido María Dosil tamén facer doblete pero foi Marta a que non perdoou poñendo o 0-4 definitivo.

Pola tarde, para celebrar a vitoria, as Miúdas foron invitadas polas súas “madriñas” do Depor ABANCA para presenciar o seu partido en Ponte dos Brozos ante o Sporting de Xixón.

Tócalles ahora preparar o encontro fronte un Antas SD que lidera a categoría e visitará o Eleuterio Balayo no próximo domingo.

As Miudas coas madrinas do Depor ABanca-Foto-Chema Caamano As Miudas coas madriñas do Depor ABanca-Foto-Chema Caamano  

2ª División, Grupo 1, xornada 9

  • Resultado: Imperátor - Bergantiños (4-0)
  • Bergantiños: Lucía, Piroja, Eva, Torrado, Paula (Sabrina, m.70), Lore, Noe, María (Nerea, m.60), Isa (Lydia, m.55), Tamara (Fariña, m.70), Laura Cambón (Seo, m.55).

Demasiado abultado o marcador para o partido que se viu na Coruña. As carballesas fixeron unha boa primeira metade, permitindo apenas unha ocasión de gol ás locais, gracias á forte intensidade defensiva imposta polo equipo de Gueli. A única ocasión clara aproveitaríana as coruñesas para adiantarse no marcador ao anotar Aroa unha falta desde 25 metros. Tamara tería o empate nas súas botas pero o seu lanzamento saíu fóra por pouco. Poucas ocasións máis na primeira parte.

Trala raenudación, o esforzo defensivo da primeira parte fixo mella, e novamente Aroa fixo o segundo gol. A 20 minutos do final chegaba o terceiro e o cuarto case co pitido final.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios