Domingo. 05.07.2020
El tiempo

FF: As Miúdas baixan do carro ao Xuventú

FF: As Miúdas baixan do carro ao Xuventú
As Miudas romperon a imbatibilidade do Xuventu Aguino As Miúdas romperon a imbatibilidade do Xuventú Aguiño

Chegaba o Xuventú Aguiño o Eleuterio Balayo contando os seus partidos por vitorias e sen encaixar ningún gol, e as Miúdas viñan de sufrir unha abultada derrota na semana anterior, pero as muradás derono do de peito e levaron a terceira vitoria da temporada que as aúpa á 4ª praza, empatadas precisamente coas terceiras.

Pola súa parte, a xornada deixou unha abultada derrota do Bergan.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 4

  • Resultado: As Miúdas - Xuventú Aguiño (4-0)
  • AS Miúdas: Laura, Paula, Isa, Silvia, Martina, Antía, Noe, Leti, Sandra, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Sara, Marta, Gala, Iria e Natasalia.

O encontro arrancou sin un claro dominador, a zaga local moi nerviosa no inicio tivo varios despistes que Laura moi valiente solucionou sen atrancos. Pola contra o ataque das de Muros caía nos pés de Bárbara que primeiro caeu en fóra de xogo ben sacado polas de Aguiño, pero na segunda intentona, as locais provocaban unha pena máxima por mans que Antía non perdoou para abrir o marcador.

Gol que asentou ás de Fran e Fer que tomaron o mando do partido cun medio do campo (Leti, Sandra, Noe e Antía) que controlaba e que gañaba cada balñon dividido. Bárbara chegaba e chegaba pero non conseguía entrar con claridade na área rival, ata que pasada a media hora un pase de Noe e a velocidade de Bárbara valía o 2-0.
Antes do descanso un choque da ariete costeira coa meta rival acababa con esta lesionada e pedindo o cambio.

Xa ao comezo da segunda, e con Marta e Sara entrando por bandas, Bárbara completa o seu triplete en dúas xogadas consecutivas e semellantes. As de Aguiño non se renderon e aguantaron ata o remate con orgullo.

 

2ª Galicia, Gr.2, xornada 4

  • Resultado: Victora C - Bergantiños (5-2)
  • Bergantiños: Lara Sanchez, Eva (Rabuñal, m.65), Paula (Ale, m.70), Seo, Marta (Sabrina, m.45), Lore, Torrado (Isa, m.45), Mery, Fra, Noe (Andrea, m.45) e Tamy.

Unha mala primeira parte condenou a un Bergantiños que se viu sorprendido por un Victoria que marcou en todas as ocasións de que dispuxo. Os primeiros minutos foron de tenteo, pero aos poucos as locais íanse achegando con perigo á portería de Lara. Lucía pronto adiantaba ás santiaguesas con dous goles ao aproveitar senllos balón ás costas da zaga carballesa. Melissa tamén en dúas ocasións e Noelia sentenciaban o partido a favor das locais aínda na primeira parte, aproveitando toda ocasión de gol.

Na segunda parte as carballesas saíron máis enchufadas e con máis intensidade en busca dalgún gol rápido que as metese no partido, pero non era o día e as ocasións íanse fóra. Ata Mery e Tamy lanzarían senllos tiros ao pau da portería local defendida por Andrea. A 10 minutos para o final Ale recortaba distancias ao aproveitar un barullo no área, e Isa, no 90, maquillaba o resultado resultado ao rematar un córner ao fondo da rede.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

 

comentarios