Domingo. 05.07.2020
El tiempo

FF: Un sorriso e unha cara triste

FF: Un sorriso e unha cara triste
As mozas do Bergantiños sorriron unha xornada máis As mozas do Bergantiños sorriron unha xornada máis

Unha de cal e unha de area para as nosas na penúltima xornada das ligas de 2ª do Fútbol Feminino Galego.

O Bergantiños volve recuperar o seu xogo e con iso chega a terceira vitoria consecutiva. Esta vez o partido foi máis igualado do que reflicte o resultado.

Pola contra, o cadro das Miúdas caeron con rotundidade en Frades dando unha imaxe regular, pero esperan mellorala a semana que ven na súa despedida do Eleuterio Balayo nesta a súa primeira campaña da historia.

Fran Figueroa-Foto-Chema Caamano Fran Figueroa-Foto-Chema Caamano  

2ª División, Grupo 2, xornada 24

  • Resultado: Abella - As Miúdas (6-1)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Isa, Martina, Antía, Laura, María, Marta, Bárbara e Pati Entraron: Sara Cubelo, Natalia, Irea e Lucía

Frouxo partido das muradás ante as 4ª da táboa, dando unha das peores imaxes da tempada. Sen confianza nin gañas, as visitantes non puideron cun equipo que contaba con só 11 xogadoras, pero que souberon esforzarse a tope. Cada balón dividido era das de Frades e as costeiras xa e viron por debaixo no marador aos 10 minutos. Ao descanso, o gol de Bárbara deixaba un 3-1 bastante claro.

Coa baixa de Yaixa (unha máis), era Laura a que tiña que sair baixo paus na segunda. Pero o equipo non reaccionou, e as locais aumentaron a renda.

A vindeira semana será o último partido da primeira temporada das Miúdas, polo que esperan un gran ambiente para despedir un curso máis que notable.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 28

  • Resultado: Victoria C - Bergantiños (1-3)
  • Bergantiños: Lu, Eva (Rabuñal, m.70), Torrado, Seo, Paula, Lore, Noe (Lydia, m.80), María Lijó, Isa (Sabrina, m.50), Tamy e Canosa (Cambón, m.40)

Os primeiros minutos foron moi igualados e con poucas ocasións, xa que case todo o tempo o balón estaba no mediocampo. Aos 15 minutos Tamy anotaba o 0-1 na case primeira chegada a portería rival das carballesas. Co primeiro gol, os dous equipos estiraríanse en ataque e aos poucos foron chegando as ocasións. Alba empataba para as coruñesas mediada a primeira parte. Pero pouco antes do descanso Lijó anotaba o 1-2 como máis lle gusta, cun bo lanzamento desde a frontal.

Nos primeiros minutos da segunda parte, o Victoria acosaría con máis perigo a portería de Lucía, pero tanto a porteira como a zaga carballesa desbaratarían toda ocasión local. A ocasión mais clara para as coruñesas chegaría no min. 74 cando o árbitro sinalaba un claro penalti na área carballesa, pero o lanzamento sairía fóra para alegría das mozas de Gueli. Finalmente Torrado anotaba o gol da tranquilidade tras unha bonita xogada individual, case chegando ao minuto 90.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios