Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Finde de finais para o fútbol costeiro

fases Outes
Fases de Ascenso da familia do Outes
Finde de finais para o fútbol costeiro

Menuda fin de semana de finais que afronta o Fútbol da Costa. O FútFem, as tres categorías de base do Outes e o F8 teñen citas para rubricar unha excelsa temporada.

Por arriba, Cee e Bergantiños teñen as semifinais da Fase de Ascenso á 1ª División Galega Feminina. O Cee recibe o domingo ás 18:00h ao Bueu no San Paio de Refoxos, mentres que o Bergan visita ao Narón O Freixo o domingo ás 20:00h. Esperamos unha final costeira.

En Xuvenís, Cadetes e Infantís, a familia do Outes tras quedar campións das fases comarcais, afrontan as semifinais da Fase de Ascenso ás Ligas Galegas.

Tamén se disputan as finais do F8 costeiro cos Vimianzo, Dumbría, Cee e Xallas en competición:

Fases F8

Comentarios