Venres. 29.03.2024
El tiempo

FutFem: Cee e Bergantiños remachan unha primeira fase inmaculada e pensan no ascenso

Cerqueda Feminino
Rematou esta histórica temporada de debut para a familia da UD Cerqueda feminina
FutFem: Cee e Bergantiños remachan unha primeira fase inmaculada e pensan no ascenso

Rematou a primeira fase da 2ª División Feminina para os nosos 4 equipos. As Miúdas e Cerqueda rematan a tempada, esta tempada histórica para as cerquedás, a do seu debut; e un curso de transición para unhas Miúdas que terán que buscar máis xogadoras.

Continúan en competición, e con toda a ilusión do mundo, o Cee e o Bergantiños. Os dous equipos realizaron unha fase excepcional e afrontan a fase de ascenso case que como favoritas.

Os dous equipos agardan o sorteo que se celebrará hoxe, para unha segunda fase será por eliminatorias, comezando en Cuartos de Final e tendo que chegar á final para acadar o ascenso á 1ª División Galega.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.B, XORNADA 10

  • Resultado: Cerqueda - Cerqueda (0-8)
  • Bergantiños: Andrea, Sabri, Seo, Lorena, Cruz, Alba, Noe, Eva, Laura Caamaño, Yaiza e Bárbara. Tamén: Alexia, Laura Torrado, Carla, Claudia e Saskia.
  • Cerqueda: Nuria, Mónica, Paula Veiga, Almu, Raquel, Cris Veres, Ana Suárez, Lucía Dourado, Lorena, Nayara. Tamén: Michelle, Lidia e Isa Amado.
  • Goles: Cruz (3), Yaiza, Noe, Laura Caamaño, Bárbara e Carla.

Choque do Bergan e o Cerqueda en Xavina

Baixo un sol de xustiza e con temperaturas que rondaron os 30º, celebrouse o derbi bergantiñán no campo de Xaviña para pechar esta primeira fase e cerrar así a histórica primeira tempada da UD.

O choque transcorreu sobre o esperado, cun Bergantiños que comezaba cun gran ritmo, cunha presión alta que asfixiaba ás locais. Aos 5 minutos xa abrira Cruz o marcador. Aguantou o cadro de Jorge Guillamet ata a media hora, pero aí xa sucumbría e marchaba 0-4 aos vestiarios. Entre as baixas e a calor, as locais apenas inquedaron á meta defendida por Andrea cun par de tiros da capitana Paula Veiga.
Máis do mesmo na segunda metade, que remataba con algún susto. Tralo pitido final unha xogadora bergantiñana desvanecíase recuperándose aos poucos minutos e asistida polo xefe médico do Bergantiños FC, Juan Carlos Díaz do Val, e unha enfermeira, a xogadora do Bergan, Vimi.

.  

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.C, XORNADA 10

  • Resultado: Cee - Noia (2-1)
  • Cee: Noemí, Lucír Rod., Lucía Barreiro, Nerea, Antía, Saray Duarte, Andrea, Sharay Caamaño, Uxía e Lucía Martínez; Tamén: Laura Blanco, Ruth, Anxela, Sara.
  • Goles: 1-0, m.80: Ruth; 1-1, m.82; 2-1, m.86: Lucía Martínez.

Non había nada en xogo, cun calor tremendo que provocou que o ritmo fose baixo. O Cee comezou algo mellor pero o Noia acabou dominando unha sosa primeira metade. Comezou o segundo tempo sen ocasións, pero cando parecía que ía queda 0-0, o partido volveuse tolo. Ruth marcou case dende o círculo central, cun lanzamento que superou por riba á meta visitante. 5 minutos despois respondían as noiesas, e nun balón longo Lucía Martínez, permitiu que os de Rafa rematen esta fase contando por vitorias os partidos xogados.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.C, XORNADA 10

  • Resultado: As Miúdas - Victoria (2-1)
  • As Miúdas: Laura; Pau, Mariña, Marcela, Sofía; Marta, Leti (Liana, m.39), Gala, Ainoa, Saray e Pati.
  • Goles: 1-0, m.21: Saray; 2-0, m.39: Gala; 2-1, m.78.

Remataron con bo sabor de boca as bravas muradás de Juan Carlos con esta vitoria que tivo dúas partes ben diferenciadas. Xogou moi ben o cadro local na primeira metade, xogando, ben, chegando con profundidade e acertando cos goles de Saray e Sara. Pero cambiaron as tornas na segunda. Sen cambios, e con 10 os últimos 25 minutos pola lesión de Pati (cunha pequena escordadura de nocello), as costeiras tiveron que sufrir arreo para aguantar as embestidas das santiaguesas, que tiveron ocasións, e mesmo algún balón ao pau, para empatar.

Tócalle á familia muradá preparar ben a temporada que vén para non estar tan apremiadas de xente.

 

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios