Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: Desaparecen os equipos do Villa de Cee e do Ponteceso FSF

FSF: Desaparecen os equipos do Villa de Cee e do Ponteceso FSF
FSF Villa de Cee e Ponteceso FSF Os equipos desta pasada tempada do FSF Villa de Cee e Ponteceso FSF Mentres o fútbol 11 feminino segue medrando, o FSF, ata agora unha gran potencia na Costa da Morte, perde dous dos seus efectivos máis lonxevos. Os equipos de FSF Villa de Cee e Concello de Ponteceso FSF non sairán a competir esta temporada. Desaparecen esas Centolas que, tras 5 anos de competición (nacían en 2013), chegaban e se mantiñan nunha esixente Liga Autonómica. Este ano o plantel estaba demasiado xusto de rapazas, polos motivos de sempre. Estudos, traballo… fai complicado compatibilizar este deporte. Ademais, Aas que compaxinaban FSF e F11 téñeno este ano máis complicado, pois as competicións de fútbol grande de nivel autonómico van ser máis esixente e non lles permiten doblar. Saír con 6-7 rapazas en Liga Autonómica era inviable. Intentamos xuntar rapazas para saír en Provincial pero tampouco xuntamos”, explícanos Mon Lijó, un dos directivos. “Moita pena dalle a xente do club, despois de ter ascendido, pero hai un salto xeracional, faltan aí unha xeración para poder continuar, así que temos que dar de baixa o equipo. En todo caso, seguen en competición os Centolos na Liga Preferente Galicia Norte, e tamén seguirán xogando as rapazas nas categorías de base, na Liga Escolar mixta de Xogade. Iso si, esperan para o próximo ano xuntar xente podwer sacar un equipo en Provincial. “En cuestión de 10 anos as cousas van cambiar moito, de feito están cambiando xa”, asegura Mon en relación á cantidade de rapazas que se están animando a practicar este deporte. As que tampouco sairán a competir serán as Pondalianas do Concello de Ponteceso FSF. O equipo fundábase en 2010, e a pesar das axudas municipais, a marcha de Curro, o cansanzo de tanto esforzo de apenas 3 persoas que o facían todo como eran o propio Curro, Sabela e Barca), a difícil compatibilidade de estudos, traballos… obriga ás Pondalianas a pechar esta fermosa singradura deportiva. De feito, o ano pasado xa a metade das xogadoras eran ou estudiaban na área da Coruña e tiveron  que facer moitos adestramentos en Paiosaco. Este ano, das 9, entre asuntos personais, estudios e traballo só podían seguir 5 e custa moito conseguir xogadoras. En todo caso, aínda teñen pendentes un par de reunións coas xogadoras para confirmar a baixa do equipo, ao tempo que lle piden ao Concello que faga realidade as promesas. Quedan agora como representantes do fútbol sala feminino os equipos de Fisober FSF (en 1ª Autonómica), Amarelle Santa Comba e Atletes de Esteiro (ambos en 1ª Galicia, antiga Liga Provincial).  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-futbol-feminino-a-gran-novidade-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/ https://quepasanacosta.gal/o-villa-de-cee-novo-equipo-de-futbol-sala-feminino/

Comentarios