Martes. 19.03.2024
El tiempo

FSF: O Fisober estreou a competición do Futsal feminino costeiro

A porteira Lia e a capi Ana Mouzo co Fisober
A porteira Lia e a capi Ana Mouzo no debut do Fisober
FSF: O Fisober estreou a competición do Futsal feminino costeiro

En marcha unha nova campaña do Futsal na costa da Morte, co primeiro choque do Fisober na Preferente. Un Fisober que non saca este ano equipo B, pero si que terá máis equipos que nunca na súa canteira (ata 5 entre alevíns, infantil, e alevíns tanto en masculino como en feminino).
As sénior, este ano dirixidas por Dani Costa, estreábanse este pasado sábado en Cee, e facíano cun empate ante o A Estrada, unha das súas bestas negras nestes últimos anos.

Pola súa banda, o Viaxes Amarelle Santa Comba, o otro equipo supervivinte do futsal feminino costeiro, comeza a competición na 1ª Galicia o 6 de outubro.

Ademais, a segunda categoría estatal aínda non deu comezo, e as costeiras Patri Romaní e Inés Suárez aínda están de pretemporada co primeiro equipo do Viaxes Amarelle herculino.

Familia do Viaxes Amarelle 19-20
Familia do Viaxes Amarelle 19-20 con Patri (terceira pola esquerda na fila de abaixo) e Inés (terceira pola dereita na fila de abaixo)

Preferente, xornada 1

  • Resultado: Fisober - A Estrada Futsal (3-3)
  • FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana, Carre, Mai ; tamén xogaron : María Maroñas, Lucía Rodríguez, María Dumbría, Adriana, Kenny.
  • Goles: 0-1 min 4 Noelia, 1-1 min 7 Paula Fandiño, 2-1 min 19 Paula Fandiño, (descanso), 2-2 min 33 propia porta, 2-3 min 34 Sonia, 3-3 min 37 Paula Fandiño.

Paula Fandino goleadora co Fisober
Paula Fandiño, unha das goleadoras da tarde do sábado en Cee

Comezaban as visitantes creando ocasións claras ante Lía, e se colocaban pronto por diante. Pero as llocais non tardarían en reaccionar xa que Paula Fandiño anotaría unha falta na frontal sobre Ana. O Fisober tiña unha boa ocasión despois de que Kenny enviara para Adriana que por pouco non anotou no segundo pau. Apretaban as locais e un remate co calcaño de Ana case é empurrada do novo por Adriana.
O partido seguía sendo un auténtico toma e daca, ata que Paula Fandiño, pouco despois de mandar un doble penalti ao pau, facía o 2-1 antes do descanso.

Na segunda metade o Fisober defendía moi ben e saía a contra. As visitantes non se rendían e poñían en apuros a Lía.Os minutos ían pasando e o resultado continuaba igual. Ata que a sete para o fin despois dunha falta e un rexeite o balón entraba na portería costeira provocando a igualada. E na seguinte xogada un lanzamento lonxano de Sonia dáballe a volta o electrónico.
Nun minuto parecía que se ía todo o traste, as locais arriscaban e as estradenses creaban perigo a contra. Ata que a pouco máis de dous para o fin cas costeiras en arrebato de novo un lanzamento cruzado de Paula Fandiño poñía a igualada. A piques do fin un roubo de Paula Fandiño case da o triunfo as costeiras e un poker nas súas botas pero a vaselina foise alta.

Cómpre destacar o debut da cadete Lucía Rodríguez co primeiro equipo.

A vindeira semana neste difícil calendario tocará visitar a un dos favoritos o Leis Pontevedra, previsiblente o sábado as 20 horas en Marcón.

Novas do FSF

Novas do FutFem

Comentarios