Mércores. 13.11.2019
El tiempo

FSF: O Fisober tivo que salvarse por segunda vez e o Amarelle Santa Comba sela o doblete

O Fisober salvouse de novo
O Fisober salvouse de novo
FSF: O Fisober tivo que salvarse por segunda vez e o Amarelle Santa Comba sela o doblete

Hai 15 días o Fsiober celebraba a súa permanencia. Pero a cousa non ía ser tan doada. Este pasado sábado, o cadro dumbríes tivo que salvarse por segunda vez nesta tempada despois de enterarse o mércores que o Salceda recibira dous puntos despois dunha reclamación o que poñía as costeiras de novo en risco de descenso. Aínda así, conseguiron arrincar un punto do partido e mellorar incluso na clasificación despois dos resultados que se deron na xornada.

Pola contra o Viaxes Amarelle da muxiá Patri e da camellá Inés, despedíase da máxima categoría do FSF estatal cunha nova derrota.

En todo caso, o cadro laranxa tivo a boa nova dende a comarca, pois s xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba selan o doblete de Liga e Copa, tras arroiar ao Villestro SD na final de Copa.

Preferente Galicia, xornada 30

  • Resultado: E.D.M. SALCEDA – FISOBER F.S.F (3-3).
  • FISOBER: Lía, Adriana, Ana, Paula Fandiño, Mai; tamén xogaron : Kenny, Carre, Sharay.
  • GOLES: 1-0, min.10: Marta, 1-1, min.18: Ana, (descanso), 2-1, min.29: Marta, 2-2, min.30: Paula Fandiño, 3-2, min.30: Sara; 3-3, min.32: Paula Fandiño.

Saíu o Fisober a polo partido creando ocasións moi claras, primeiro con Paula Fandiño e despois con Adriana tras un roubo de Mai. As locais saían a contra pero sen ocasións moi claras. Pero quen se adiantaría serían as locais cun gol de Marta a contra mediada a primeira metade. O Fisober tería unha opción moi clara para igualar despois dunha cesión pero o lanzamento de Paula Fandiño detiñao a porteira. Quen si o logrou foi Ana despois dun pase de Kenny para igualar o partido.

Despois do tempo de lecer saíron moi fortes as locais. O Fisober tocáballe sufrir e non era quen de saír do seu campo, mentras o Salceda creaba unha ocasión tras outra. Mediada esta segunda metade de novo Marta adiantaba as xogadoras locais. Pero na seguinte xogada de novo igualaba Paula Fandiño cun lanzamento lonxano a escadra. E na seguinte despois dun saque de banda de novo se adiantaban as locais neste minuto tolo. Respondía o Fisober cun bo lanzamento de Ana que paraba a porteira. Quen si anotou pouco despois foi Paula Fandiño para poñer a igualada para as costeiras.
Tamén houbo tempo para a polémica cando a porteira local derribou a Carre no área e o colexiado non apreciou penalti.

O empate daba a salvación as costeiras que o celebraban e parecía que o descenso as do Salceda entre bágoas, aínda que despois os resultados da xornada facían que o Salceda tamén se salvara. Así pechaba a tempada o Fisober que tivo que salvar a categoría dúas veces.

O Fisober salvouse por segunda vez

Liga Foro Feminismo 16, xornada 30

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Roldán FSF (0-5)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Iraia, Reneé, Martita, María Gómez (cinco inicial), Inés, Patri, Mónica, Marta Hermo, Dolo.

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, saltaba á cancha coa intención de pechar co mellor sabor de boca posible a tempada; pero en fronte atopouse co vigente campión de Europa, Jimbee Roldán FSF, que sabendo xogar o seu partido conseguiu impoñerse con solvencia sobre o cadro herculino por un amplo marcador de 0-5.
Tras este último partido de liga, agora toca traballo do club para planificar a próxima tempada na Segunda División Feminina de Fútbol Sala; e onde o cadro galego traballará por regresar canto antes á máxima competición do fútbol sala feminino nacional.

Copa 1ª Galicia Feminina. Final Play Off

Viaxes Amarelle Santa Comba campion da Copa Galicia 2018-2019

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, chegaba á final do play off de Copa Primeira Galicia Feminina logo de gañar a súa semifinal fronte ao Academia Rede Blue 5 Coruña FSF, por un marcador de 4-2. As xogadoras xalleiras saíron motivadas desde o primeiro minuto, e iso púidose comprobar na cancha; onde o Amarelle Concello de Santa Comba non deu opción ao seu rival durante os 50 minutos de xogo, chegando a ter un parcial de 8-1 no marcador, aínda que finalmente o luminoso pechouse cun 8-3, a favor do cadro xalleiro que revalida o título de Copa, e sela o doblete nesta tempada, xunto co Campionato de Liga Primeira Galicia Feminina, do cal recibiu o trofeo leste mesmo fin de semana.

Viaxes Amarelle Santa Comba campion da Copa Galicia

O Amarelle Concello de Santa Comba pecha deste xeito unha tempada inmaculada na que logo de haberse proclamado campioa de Liga Primeira Galicia Feminina FS, cunha única derrota en toda a tempada; pasou a revalidar o título de Copa Primeira Galicia Feminina FS; e selar así o doblete na presente tempada; ademais de ser o equipo menos batido da competición de Liga (só 12 goles encaixados en 18 partidos), e o máximo anotador (con 97 goles en 18 partidos); ademais de ter nas súas filas á máxima goleadora da competición, Nuria Paz. 

Todas as Novas do FSF

Todas as novidades do FutFem

Comentarios