Sábado. 20.04.2024
El tiempo

FSF: Triunfo con susto

Paula Fandino deu o susto a familia do Fisober
Paula Fandino deu o susto a familia do Fisober
FSF: Triunfo con susto

O Fisober acadou un importante triunfo na pista dun dos cocos da categoría, nun partido no que Adriana pasou á portería polas baixas e na que Paula Fandiño lesionada acabou no hospital, aínda que parece que a súa lesión non é tan grave como parecía nun principio e todo parece quedar nun susto.

Mentres, na Coruña o Viaxes Amarelle apura a pretemporada nun partido no que marcaron as dúas xogadoras costeiras.

PREFERENTE, XORNADA 2

  • Resultado: LEIS PONTEVEDRA SAN NARCISO – FISOBER F.S.F. : 0-1.
  • FISOBER: Adriana, Paula Fandiño, Ana, Carre, Mai; tamén xogaron: Kenny, Laura, María Maroñas, Sharay.
  • Goles: 0-1, min.33: Mai.

Adriana tivo que facer de porteira e foi unha das destacadas do Fisober
Adriana tivo que facer de porteira e foi unha das destacadas do Fisober

Apretaban as locais de inicio. O Fisober asomaba en ataque cun tiro exterior de Paula Fandiño. As costeiras aguantaban en defensa e as ocasións chegaban polos dous bandos, pero era Adriana a que máis traballo tiña.

A volta de vestiarios, na primeira xogada un envío de Paula Fandiño para Ana case o converte en gol a capi costeira co calcaño. Segunda ocasión para o Fisober cunha vaselina de Mai. O Fisober creaba ocasións pero tamén as locais. As lerezanas intentaban ter o dominio e as costeiras máis directas a contra. A falla de sete minutos un roubo de Mai propicia unha contra con lanzamento desta que toca a porteira pero o balón sobrepasa a liña de gol con suspense, poñéndose en vantaxe as costeiras.
As lerezanas deciden arriscar co xogo de cinco e a porteira costeira Adriana a piques está de marcar por dúas veces. A falta de tres minutos prodúcese a lesión de Paula Fandiño, aínda así as costeiras aguantan o empuxe local ata o final levándose os tres puntos.

A vindeira semana chega a Dumbría o líder da categoría o Viaxes Amarelle B para continuar con este difícil arranque de tempada para as costeiras.

2ª División Nacional Feminina FS, (pretemporada)

  • Resultado: Viaxes Amarelle - Ourense Envialia FSF “B” (6-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri Romaní, María Gómez, Martita, Zaida (cinco inicial), Yaiza Patri Curral, Renee, Inés Suárez, Irune.
  • Goles: 1-0 Patri Curral (min. 11); 2-0 Renee (min. 19); 3-0 Irune (min. 19); 4-0 Patri Romaní (min 25); 5-0 Irune (min. 27); 5-1 Moura (min. 37); 6-1 Inés Suárez (min. 38).

Patri Romani e a capi do Viaxes Amarell
Patri Romaní é a capi do Viaxes Amarelle

Vitoria herculina no último amistoso de pretemporada, con goles da muxiá Patri Romaní e da camellá Inés Suárez.

Tras leste oúltimo encontro amistoso de pretemporada, a vindeira semana comeza a 2ª División Nacional Feminina FS. Deste xeito, o seguinte partido, tendrá lugar o sábado 28 de setembro de 2019 ás 18:00 horas no Complexo Polideportivo de Elviña 1 (A Coruña) recibindo ao Stilo Kirol Kluba.

A camella Ines Suarez co Viaxes Amarelle de peto azulA camellá Inés Suárez, de peto azul, no banco do Viaxes Amarelle, con Patri Romaní á súa dereita

NOVAS DO FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios