Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FSF: O Viaxes Amarelle complícase unha permanencia que o Fisober acariña

Patri Romani co Viaxes Amarelle ante o Sala Zaragoza
Patri Romani co Viaxes Amarelle ante o Sala Zaragoza
FSF: O Viaxes Amarelle complícase unha permanencia que o Fisober acariña

O Fisober sacou un importante punto de Vilalba nun partido moi igualado que lles permiteás costeiras sacar dous puntos de vantaxe sobre o Couto Ourense, equipo que marca o descenso, a falta de dúas xornadas para o remate desta Preferente.

Mentres, na máxima catehoría do FSF estatal, o Viaxes Amarelle FSF complícase a permanencia tras caer en casa do AD Sala Zaragoza FSF, rival directo que escapa na táboa. As de Patri e Inés (a camellá marcou o gol da honra) semella que terán que volver á 2ª División Nacional.

Preferente Autonómica, xornada 28

  • Resultado: Vilalba FS - Fisober FSF (3-3)
  • Fisober: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Kenny, Ana; tamén xogaron: Mai, Lucía Canosa, Carre.
  • Goles: 1-0 min 16 Adelaida, 2-0 min 19 Uxía, (descanso), 2-1 min 21 Adriana, 2-2 min 25 Paula Fandiño, 3-2 min 28 Antía, 3-3 min 39 Paula Fandiño.

lucía

As baixas propiciaron un novo debut co primeiro equipo costeiro, desta vez o da infantil Lucía Canosa (na foto). Pero as de Fran Toba saíron moi concienciadas da importancia do partido. O equipo local ca posesión e creando algunha ocasión, pero sempre aparecía Lía baixo paus. O Fisober creaba algunha ocasión a balón parado e nun saque de banda Paula Fandiño tira e fai aparecer a porteira local.

Cando esmolecía a primeira metade un lanzamento tras saque de banda de Adelaida poñía por diante ao Vilalba. A resposta do Fisober foi cunha ocasión de Paula Fandiño con boa resposta da porteira local. E despois dunha saída de cinco local dende campo propio e no último minuto da primeira metade Uxía poñía o segundo local e as cousas moi difíciles as costeiras.

Pero a saída da segunda metade non podía ser mellor para as do Fisober xa que un pase ao espazo de Ana para Adriana rematou co gol desta para reducir diferencias. Aos cinco minutos Paula Fandiño, cun lanzamento longo poñía a igualada no electrónico. E case o volta acadar Paula Fandiño pouco despois. Unha contra de Kenny e Paula Fandiño provocou outra gran ocasión para as visitantes. Nun saque de esquina adiantáronse de novo as locais cun gol de Antía. E tivo que

O Fisober ía a pola igualada e cando parecía que non chegaría, nun saque de banda Paula Fandiño mandou un fogonazo para igualar o partido nos últimos segundos e traer un punto para a Costa. A vindeira semana chega o Gaiola a Dumbría.

1ª División Nacional. Liga Foro 16 Feminismo, xor. 27

  • Resultado: AD Sala Zaragoza FSF- Viaxes Amarelle FSF (5-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Reneé, Iraia, María Gómez (cinco inicial), Patri Romaní, Inés, Sandra, Dolo, Mónica.
  • Goles: 1-0 Liova (min. 4); 2-0 Laura Boix (min. 8); 3-0 Rapha (min. 13); 4-0 Lioba (min. 21); 5-0 Laura Boix (min. 25); 5-1 Inés Suárez (min. 38).

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, tiña este domingo un partido clave na loita pola permanencia, e malia que empezou o partido mostrando un claro aspecto ofensivo e unha presión alta do balón; o AD Sala Zaragoza moito máis efectivo na súa tarefa ofensiva, e moi centrado na defensa, conseguía levarse o partido tras impoñerse no marcador por un contundente de 5-1; que complica as aspiracións de salvación das herculinas para as últimas xornadas, onde se ve obrigado a puntuar e esperar o fallo dos seus rivais.
Tras este novo partido de liga, agora toca seguir traballando durante a próxima semana, e buscar conseguir unha vitoria en casa que lle permita seguir na loita pola salvación. Deste xeito, o seguinte partido, terá lugar o sábado 18 de maio de 2019 ás 18:00 horas no Pabellón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo ao FSF Móstoles.

Todas as Novas do FSF

Todas as novidades do FutFem

Comentarios