Xoves. 09.05.2024
El tiempo

FUTFEM: 16 equipos collendo inercia positiva

Outes-Muxia feminino-Foto-Marina Busto
Imaxe do Outes-Muxia-Foto-Marina Busto
FUTFEM: 16 equipos collendo inercia positiva

Segunda xornada do fútbol feminino da comarca con 16 equipos en competición tralo comezo tamén do Sporting Seaia na Liga de F7.

Resultados de todas as cores que repasamos partido a partido.

2ª Div. Feminina, xornada 2

Cultural Maniños - Xallas (3-2)

11 do Xallas feminino 23-24

  • Xallas: Rosío; Laura, Saskia, Andrea Otero, Carla Landeira; Andrea Barbeira, María; Noelia, Paula Barcia, Olalla e Yasmina. Tamén: Mayte, Inés, Leti, Daniela e Zaira.
  • Goles: 1-0, m.14: Lorena Saavedra; 2-0, m.30: Lorena Saavedra; 2-1, m.54: Olalla; 3-1, m.62: Lorena Saavedra; 3-2,m .64: Olalla.

Comezaron dominando as de Rupper, creando boas ocasións pero non deron acertado co gol para coller esa tranquilidade no campo da que doecen neste comezo de competición. E sería o equipo local do Maniños o que nunha contra sorprendía na súa primera chegada cun tanto da pichichi da xornada.
O Xallas aínda con ese gol pero co peso e as ocasións do partido non mudou o que estaban a facer sobre o verde e seguiu chegando aínda que con menos frecuencia a portería rival. Pero novamente o Maniños poría o 2-0 no marcador, un golpe duro para ás féminas xalleiras antes do descanso.

No intermedio ás dúbidas estaban nos rostros das xalleiras, pero con unión e positivismo saíron enchufadas cunha Olalla moi atinada que foi capaz de meter o 1 a 2 e meter as verdes no encontro. O equipo ferrolán voltaría a meter outro gol, pero Olalla a renglón seguido faría o 2-3. A partir de ese gol as verdes tiveron moitas ocasións para empatar ou mesmo gañar o partido pero a sorte e o atino non sorriron desta vez, nin mesmo dende o punto de penalti que Saskia non poido transformar, quedando un sabor agridoce nesta saída das máis lonxanas desta tempada.

Carral - As Miúdas (1-2)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Naiara, Sabela, Pati, Sofía, Marta e Paula. Tamén: Ximena, Marina, Adriana e Ana Romero.
  • Goles: 0-1, m.26: Sofía; 0-2, m.60: Pati; 1-2, m.83: Laura García.

Partido sufrido ata o fin polas de Lucho, que conseguen tres puntos que valen ouro nesta categoría. Choque moi intenso no mediocampo con moitas batallas, moita iniciativa do equipo local ante un cadro muradán que cada vez que chegaba, atinaba. Así se adiantaba na primeira por medio de Sofía. Aguantaron moitos minutos baseadas na fortaleza dunha Adriana impresionante baixo paus (cun paradón de tv) e unha defensa moi concentrada, ata que a capi Pati puxo algo de tranqulidade no ecuador da segunda co 0-2. Pero a 7 do final, o Carral superaba por unha vez á meta muradá e se metía no partido de novo, facendo sufrir ata o pitido final as costeiras.

Abellá - Cee (3-1)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Pauliña Veiga, Saray Duarte, Lucía Caamaño, Sharay Caamaño, Nayara, Lucía Martínez e Laura. Tamén: Sabela, Lucía Sieira e Antía.
  • Goles: 1-0, m.10: Sahara; 2-0, m.38: Laura Graña; 3.0, m.62: Candal; 3-1, m.63: Pauliña Veiga

Non foi o mellor partido das ceenses que viron como o Abellá se adiantaba pronto e conseguía ampoliar a renda. Pauliña Veiga recurtaba na segunda pero sen folgos para a remontada.

 

3ª Div. Feminina, xornada 2

Bergantiños - Camariñas (3-3)

  • Bergantiños: Sofía; Aroa Varela, Valeria, Sara Barbeito, Amelia, Carla; Ainhoa, Clara; Aroa García, Arancha, e Antía. Tamén xogaron: Ari, Jimena, Sarai, Sara Martínez e Iria.
  • Camariñas: Karen, Leti, Rocío, Uxía, Lola, Nuria, Laura Pose, Cristina Mouzo, Laura Garrote, María, Paula. Tamén: Diana, Rosana, Saray e Daniela.
  • Goles: 1-0, m.15: Arancha; 2-0, m.20: Carla de falta; 2-1, m.30: Laura Pose tras combinar con maría; 2-2, m.35: Paula Mouzo á saída dun corner; 2-3, m.40: Nuria de penalti; 3-3, m.72: Carla de falta.

Primeira metade moi intensa, cun calor tremendo, cun filial do Bergantiños que se adiantaba rápido por partida doble. Baixaron o pistón as de Nacho e o Camariñas de Juan e Pepucho, tirou de orgullo e pillería e aproveitou para empatar e mesmo poñerse por diante antes do descanso, nunha xogada que provocaba a expulsión de Amelia por unhas mans claras, e pena máxima transformada por Nuria.

Baixou a intensidade na segunda, co Bergan facendo varios cambios, e intentando tomar o mando a pesar de estar cunha xogadora menos. A base de empurre conseguiron empatar a balón parado.

Noia B - Fisterra (1-3)

  • Fisterra: Zaira, Irene (Ana, min.65), Aroa, Lidia, Lucía Marcote, Elena, Paula (Rosi, min.65), Andrea, Jimena (Nicol, min.75), Jenni (Antía, min.75) e Xaira (Zeltia, min.75).
  • Goles: 0-1, m.26: Andrea de centro chut tras un bo recorte; 0-2, m.30: Elena nun córner; 0-3, m.42: Andrea; 1-3, m.50.

Tamén calor abafante en Noia para a primeira saída das de Fran. Saíron con oitas gañas e no ecuador do primeiro tempo, trala pausa de hidratación, xa se colocaban por diante. Pouco despois marcaba Elena o segundo, e antes do descanso Andrea facía o seu segundo tanto.

Parecía o choque listo, pero nada máis saír dos vestiarios recurtaban as locais. Así e todo, as fisterrás non sufriron e puideron conseguir máis goles para facer máis ampla a primeira vitoria da do Fisterra feminino en partido oficial.

Cerqueda - Cabana (1-1)

  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía, Tania, Tati, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Tamén: Alba, Tamara, Mariña, María.
  • Cabana: Míriam, Antia Torres (Adriana), Sheila (Marina), Aroa, Valeria, Inma, Alejandra (Aitana), Irene, Iría (Jessi), Saray (Natalie), Alison.
  • Goles: 1-0, m.47: Inés; 1-1, m.84: Irene.

Saíu máis dominador o Cabana de Jose Manuel pero non estivo acertado de cara gol nas súas chegadas, ante un Cerqueda que esperaba atrás para intentar roubar e saír á contra. Foi o Cerqueda de Dani Reixía o que se adiantaba nada máis comezar a segunda metade, o que provocou que o partido subise en intensidade con con continuas alternativas nas dúas porterías ata que preto do final Irene recollia un rexeite do longueiro e poñía as táboas no marcador.

Mazaricos - Corcubión (2-2)

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Silvia, María, Mariña, Fátima, Iria, Antía, Claudia, Ánxela e Tamara. Tamén: Paula Lúa, Leire, Iria e Katia.
  • Corcubión: Elena, Elisa, Marta Lavandeira, Carla, Cris, Paula Trinidad, Noa, María Castro, Ana Sierra, Helena e Andrea. Tamén: Alexandra Lojo, Saniela, Claudia e Nicole.
  • Goles: 0-1, m.27: Paula Trinidad; 1-1, m.42: Ánxela; 2-1, m.53: Mariña; 2-2, m.73: María Castro.

Partido de moito poderio fisico por parte dos dous conxuntos. Unha primeira parte na que un Corcubión, que debutaba tralo descanso da primeira xornada, chegaba coas deas moi claras, buscando a velocidade das súas dianteiras, metendo moi atrás á defensa amarela, que non era quen de sacar o balón xogado. Comezaba Paula Trinidad marcando o primeiro gol para as visitantes, que parecían coller vantaxe. A partir de aí, as locais darían un pasiño adiante e serían capaces de empatar o partido con un golazo de Ánxela de fora da area.

Comezaba a segunda co Mazaricos aprentado arriba, pero as contras das branquiazuis eran moi perigosas cos ballóns a Noa e María. Pero eran as locais as que se metían por diante tras un balón ás costas da defensa que define Mariña. Non obstante, isto non fixo renderse ás corcubionesas, que loitaban por outro tanto e que chegaría posteriormente con María Castro pola banda.
A tensión mantívose ata o derradeiro minuto, xa que ambos os equipos buscaban un oco na portería rival que mudase o marcador ao seu favor, mais que non chegou para ningún deles.

Outes - Muxía (0-7)

  • Outes: Ana Lema, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Sole, Miriam, Carla, María Antelo, Valeria e Natalia Alonso. Tamén: Natalia Lago, María Romero, Maria Lago, Laura e Mariña.
  • Muxía: Sheila, Nuria, Nerea Pazos, Marta, Sara; Patri Romaní, Barca, Elsy; Nerea Narrientos, Andrea e Irene. Tamén: Raquel, Marcela, Paula Vigo, Andrea Piroja e Pauliña.
  • Goles: 0-1, m.5: Patri; 0-2, m.8: Irene; 0-3, m.18: en propia tras unha xogada de Barca; 0-4, m.36: Patri de falta case dende o medio campo; 0-5, m.41: Patri nunha xogada ensaida de córner; 0-6, m.49: Barca a pase de Patri; 0-7, m.54: Nerea Barrientos dende a frontal.
Outes-Muxia feminino-Foto-Marina Busto 2
Foto-Marina Busto 2

Moi superiores as de Congui e Isma Pose no Cunchido, nunha primeira metade de dominio total, e acerto, por parte das Patri, Irene e Barca. A base de presión alta non deixaban saír ás de Dani e os goles foron chegando. Na segunda, as locais posicionáronse algo mellor e a baixada de intensidade das vermellas permitiu ver un duelo máis igualado.

Barca Toba co Muxia en Outes-Foto-Marina Busto
Barca Toba co Muxia en Outes-Foto-Marina Busto

Dubra - Corme (0-1)

  • Corme: Belén; Ana (Nerea), Laura, Aroa, Aurora (Carla Vázquez); Nati (Candela), Irene, Lucía, Carla, Cris (Salomé) e María.
  • Gol: 0-1, m.61: Carla.

Primeira saída do Corme de Rubén Souto, contra un equipo nun bloque medio que acumulou moita xente por dentro e dificultaba moito combinar. Dominaron algo máis territorialmente as azulonas, tendo varias ocasions claras de gol que non conseguían materializar.
Tornaron a un xogo máis directo as costeiras na segunda, con lanzamentos exteriores para superar esa aglomeracion de xente, e nunha falta de pillería que Carla sacou rápido colaría o 0-1.
A partir de aí o equipo metiuse atrás inconscientemente e o Dubra subiu liñas e apretou arriba, tendo varias chegadas para poder empatar pero as cormelás conseguiron manter a portería a cero e levar os tres puntos para Corme.

Dumbría - Nicrariense (3-0)

  • Dumbría: Naira, Carril, Noa, Martina, Mai, Adriana, Eva, Fandi, Sabela, Claudia e Juliette. Tamén: Lissette, Icía, Yoli, Reyes e Serena.
  • Goles: 1-0,m .52: Claudia; 2-0, m.56: Eva; 3-0, m.85: Serena.

Encontro moi serio do Dumbría, que non só monopolizou a posesión do balón senón que creou xogo casi por completo en campo rival na totalidade do encontro. A pesar do dominio a primeira mitade acabaría sen goles, vendo varios disparos ás madeiras e con numerosas ocasións que non deron froito para o equipo local.

Na reanudación o dominio si que consigueu premio vendo como Claudia finalizaba unha bonita xogada colectiva e abría a lata tras pase de Adriana. Eva, que volvía ó campo e debutaba en liga faría o 2-0 cun disparo lonxano. E pechaba a conta Serena, chegando moi atenta á un balón solto tras outra xogada colectiva que a boa meta nicrariense non puido chapar.

 

Liga F7, xornada 1

Sporting Seaia - San Pedro (0-5)

  • Seaia: Nuria, Iria, Paula, Mireira, Virginia, Xela e Cris. Tamén: Ana, María Mosocos, Eva e Gemma.

Primeiro partido oficial da historia do Sporting Seaia feminino o vivido a tarde de domingo en Pedra Queimada. Non puido celebralo cunha vitoria o cadro de Roque pero o cadro malpicán vai collendo forzas. Empzezou moi ben o cadro malpicán, que se desiquilibrou algo cos cambios e recibiu un par de tantos na primeira. Puideron recurtar as locais gracias a pases en longo de Nuria que Xela non puido finalizar en gol. Na segunda as locais sufriron un pouco o físico e as dianteiras visitantes aproveitaron para sentenciar. 

 

Máis novas

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Crónicas do FUTFEM

Comentarios