Sábado. 04.05.2024
El tiempo

FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras

Ponteceso e Dumbria femininos
Ponteceso e Dumbría saltando ao Pinguel
FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras

Primeira xornada das Ligas Femininas nas que participan 16 equipos da Costa da Morte.

Un comezo dispar, con vitoria do Cee e derrotas de Xallas e As Miúdas na 2ª, e un pouco de todo na fermosa Liga da Costa da 3ª Div.

2ª Div. Fem, xornada 1

As Miúdas - Abellá (1-2)

  • As Miúdas: Siaba, Marta Piñeiro, Ana, Paula, Gala, Atenea, Sofía, Alba, Elba, Cristina e Sabela.
  • Goles: 0-1, m.37; 0-2, m.39; 1-2, m.54: Elba.

Partido emocionantisimo dende principio a fin, co equipo de Lucho que arrincaba dominando e chegando á meta contraria pero sen acerto. Pouco a pouco as visitantes foron cambiando as tornas, e en dous erros consecutivos das muradás, se metían por diante.

A segunda foi máis aberta, con ocasións nas dúas áreas. Pronto chegaba o gl de Elba, e o equipo seguía facendo ocasións. Ata 3 mans a mans perdoaron as locais, ás que lle faltou acerto e oficio para conseguir un mellor resultado nesta difícil 2ª Fem.

Xallas - Brexo Lema (1-2)

  • Xallas: Rosío; Laura, Saskia, Alicia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Paula Barcia, Olalla e Yasmina. Tamén: Mayte, Inés, Leti, Carla e Zaira.
  • Goles: 1-0, m.30: Olalla; 1-1, m.65; 1-2, m.68.

O equipo de Rupper comezou tanteando o equipo rival pero dominando o xogo e tendo varias ocasións na primeira metade e nunha delas Olalla faría un fermoso gol case sen ángulo. A pichichi xalleira comezaba o curso como remataba o anterior, marcando.

A segunda metade non saíron as verdes coa mesma intención da primeira, e o Brexo Lema comezou pouco a pouco a achegarse a meta de Rosio. Con só un gol de vantaxe o resultado estaba no aire. E nunha indecisión da nosa porteira sobre o minuto 60 conseguía o empate o equipo visitante.. Apenas 3 minutos despois nun centro chut remontaría o partido e xa non se voltaría a mover.

O Xallas por medio de Yasmina, Olalla ou Maite rozarian o empate en varias ocasións... Pero desta vez non poido ser e os tres puntos voaron para Cambre.

Cee - Antas (2-0)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Nerea, Pauliña Veiga, Lucía Caamaño, Sharay, Nayara, lucía Martínez e Laura. Tamén: Sabela e Lucía Sieira.
  • Goles 1-0, m.17: Sharay Caamaño; 2-0, m.67: Lucía Martínez.

Varios cambios no equipo de Rafa que demostrou que segue sendo un equipo moi fiable. Comezaron as ceenses moi enchufadas circulando o balón con velocidade e precisión e sendo mellores. No minuto 17 adiantábse cun gol de Sharay Caamaño. A partir de aí relaxáronse un pouco e pese a non pasar apuros sí que baixaron bastante o ritmo de xogo, mantendo a posesión do balón pero con pouca profundidade.

A segunda metade continuou coma o final da primeira e no ecuador Lucía Martínez nunha presión rouboulle o balón á central e marcou un bo gol de vaselina ca esquerda dende fóra da área.

3ª Div Fem, xornada 1

Ponteceso - Dumbría (1-2)

  • Ponteceso: María, Laura R, Muíño, Ainhoa, Noe, Andrea, Eva, Oanes, Silvia, Myre, Claudia P. Tamén: Colores, Amado, Noemí, Lucivili, Mel.
  • Dumbría: Lía, Lucía, Carril, Noa, Mai, Martina, Adriana, Fandi, Sabela, Claudia e Juliette. Tamén: Naira, Sara, Yoli e Icía.
  • Goles: 1-0, m.20: Andrea; 1-1, m.30: Paula Fandiño; 1-2, m.44: Paula Fandiño de falta.

Ponteceso-Dumbria feminino

Duas partes moi distintas e resultado algo engañoso neste choque entre dous equipos xa formados o ano pasado. Foron as do Dumbría as que iniciaron o xogo aproveitándose do balón en longo polas bandas para intentar causar perigo, algo que a defensa local soubo solventar ben. Pero o equipo de Curro presionaba ben e provocaba que o equipo dumbrieses estivese moi metida atrás. Así, nunha xornada por banda de Ainhoa, combinou con Claudia Pérez, xogadora que se incorporou o plantel este ano, que centrou o balón, Myre deixou de cara o esférico na área para que a killer do Ponteceso, Andrea, rematase a xogada e poñer así ao conxunto local por encima do marcador.

Esperou o tanto ás de Fran Figueroa, que deron un paso para adiante sendo Paula Fandiño a que asinaba o empate cun tiro exterior, coa axuda da meta local. Foi a propia capi a que antes do descanso lle daba a volta ao marcador cun libre directo colado pola escuadra dunha María que desta vez nada puido facer.

Na segunda, o Ponteceso quería pero non podía. O Dumbría tocaba e tocaba e o cansanzo físico das locais impedía facer unha presión consistente. Tivo algunha chegada para sentenciar pero o longueiro e a porteira local deixaron quedar o 1-2 final no marcador.

Nicrariense - Bergantiños (2-3)

  • Bergantiños: Sofía, Aroa Varela, Valeria, Emma, Noa, Sabela; Ainhoa, Clara, Antía, Aroa García e Carla. Tamén: Ari; Iria, Nuria; Sara.
  • Goles: 0-1, m.37: Carla; 0-2, m.40: Carla; 0-3, m.72: Aroa; 1-3, m.80; 2-3, m.88: de penalti.

Partido dominado durante 70 min polas de Nacho, sen achegamentos do equipo rival. Pero cando pensaban que o choque estaba resolto, baixaron o pistón e acabaron pedindo a hora. O equipo carballés amosou un bo nivel defensivo, ata o tempo de relaxación, pero segue notando o baixón físico no último treito.

Camariñas - Noia (4-1)

  • Camariñas: Karen (Alejandra), Rosana, Rocío, Yara, Aitana, Nuria, María, Diana (Laura Garrote), Leti (Saray), Elena (Daniela) e Paula (Ainoa).
  • Goles: 1-0, m.20: Rocío de cabeza nun córner; 1-1, m.44; 2-1, m.59: Nuria de falta directa; 3-1, m.82: Paula; 4-1, m.89: Daniela nunha contra.

Gran debut das camariñás de Juan Cabrejo e Pepucho, que dominaron no primeiro tempo, ocupando en todo momento o campo contrario e mesmo sacabdo 16 saques de esquina. Precisamente dende o curruncho abriu a lata o cadro camariñán, que puido ampliar a rende cos tiros de Nuria, Paula, Elena e María. Pero no último minuto do primeiro tempo o Noia de falta directa da central noiesa Uxía, unha das mellores sobre o terreo de xogo.

Non decaeu o cadro local, que volveu envorcarse sobre a meta visitante. Tardou un cuarto de hora en volver colocarse por diante cun golazo de falta directa pola escadra de Nuria. O 3-1 da tranquilidade non chegaría ata o m. 82 por parte de Paula, despós de varios rechaces. E o 4-1 fui na última xogada do partido por parte de Daniela nunha contra.

Muxía - Dubra (4-1)

muxia feminino 2023

  • Muxía: Sheila, Marcela, Marta, Paula Vigo, Raquel, Denise, Patri, Barca, Elsy, Paula Rey, Irene. Tamén: Claudia, Nerea Pazos, Andrea Insua, Nerea Barrientos e Nuria.
  • Goles: 1-0, m.12: Irene a pase de Patri; 2-0, m.20: Barca; 3-0, m.60: Nerea Barrientos; 4-0, m.70: Andrea Insua; 4-1, m.85.

Bo debut tamén no outro lado da ría, onde o Muxía de Isma Pose e Congui arrincaron con vitoria. Comezaban co vento en contra as corviñas, pero con eficacia. Pronto marcaba Irene e o equipo era capaz de combinar algo máis, tendo o balón, algunha ocasión e sen sufrir demasiado. As capitanas Patri e Barca dominaban o centro do campo.

Tras o descanso e co vento a favor a dinámica foi semellante e pronto chegaría o gol de Nerea Barrientos tras un bo centro de Patri. Seguían chegando as muxiás e tamén chegaba o 4º, no primeiro balón que tocaba Andrea Insua. Ao final estirouse algo o Dubra que marcou o gol da honra.

Cabana - Outes (5-0)

Cabana Outes femin

  • Cabana: Míriam, Idania (Sara), Sheila, Aroa, Valeria (Antia Torres), Inma, Iría (Alejandra), Irene, Alison (Jessi), Adriana, Saray (Aitana Suarez).
  • Outes: Ana, Uxía, Naty Alonso, Miriam, Claudia Carou, Alicia, Erika, Soledad, María Molinos, Carla, Xeila. Tamén: Paula, María Antelo, Lara, Carmen Campos e Nerea.
  • Goles: 1-0, m.62: Irene; 2-0, m.79: Aroa; 3-0, m.80: Irene; 4-0, m.83: Irene; 5-0, m.90: Adriana.

Capis do Cabana e Outes feminino

Partido moi disputado na primeira parte entre dous equipos novos, nos que os nervios se notaron durante moitos minutos. O Cabana levou máis a iniciativa pero o Outes mantiña o tipo con boas intervencións da porteira Ana.

Xa no segundo tempo seguía a mesma tónica co Outes tentando contragolpes que resolvía unha atenta Miriam pero Irene no lanzamento dun córner adiantaba o Cabana e asentábase máis o equipo local que volvía a marcar por medio de Aroa. A partir dese momento as visitantes viéronse un pouco abaixo e as cabanesas remataba con dous goles máis de Irene e un de Adriana.

Fisterra- Cerqueda (1-1)

Fisterra fem 2023

  • Fisterra: Zaira, Irene Quintela, Ana (Paula, m.46), Lidia, Lucía Marcote (Rosi, m.65), Aroa, Leni, Andrea, Xaira, Jimena e Jeni (Tatiana, m.84).

11 do Cerqueda Feminino e Ara Solis

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Souto, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, INés e Mariña. Tamén: Paula, Andrea, Tamara e Uxía.
  • Goles: 0-1, m.43: Lorena; 1-1, m.69: Andrea.

Gran ambiente en Ara Solis para ver o histórico debut das fisterras nas Ligas femininas. Foi nun partido igualado, onde as locais comezaron algo tensas e con nervios, ante un cadro visitante mellor armado defensivamente. As de Fran intentaban traspasar liñas pero non o conseguían e ao fñio do descanso Lorena marcaba par as visitantes nun balón longo que pelexou ata o final.

Non se desanimaron as verdes que o intentaron ata que Andrea acadaba un xusto empate cun fermoso tanto.

Corme - Mazaricos (2-2)

Foto do 11 do Corme Feminino Fin Lema

  • Corme: Belén; Ana (Carla Vázquez), Laura, Aroa, Aurora; Nerea (Candela), Salomé (María), Irene, Natalia (Cecilia), Cris e Carla.

11 Mazaricos futfem-Foto

  • Mazaricos: Valeria; Claudia, Fatima, Silvia, Antía; Buján, Tamara, Lía; Mariña, Anxela, Graciela. Tamén: Paula, Leire, Iria Hermida, Katia e Araceli.
  • Goles: 0-1, m.2: Graciela; 0-2, m.15: Mariña; 1-2, m.36: Nerea; 2-2, m.50: Cristina.

Corme-Mazaricos fem-Foto-Fin Lema

Partido de moita igualdade entre os dous equipos. As amarelas de Rachón comezaban moi intensas, moi ordenadas e con moita profundidade. Así chegaba os dous primeiros tantos de Graciela e Mariña. Co paso dos minutos, o Corme, en plena fase de reconstrución por mor das baixas que foron caendo este verán, iriase asentando no partido e recurtarían distancias antes do descanso.

Tirou de carácter o cadro de Rubén Souto, que empataría nada máis saír cun tiro lonxano de Cristina Veres. De aí ao final un par de ocasions para cada equipo e sobretodo moita brega por parte dos dous conxuntos no medio do campo.

 

Máis novas do FUTFEM

 

  •  
  •  
  •  

Comentarios