Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Analizando a fase pola permanencia

Ponteceso feminino celebrando remontada
Remontada épica a conseguida polo Ponteceso no Burgo
FUTFEM: Analizando a fase pola permanencia

Quedan 4 xornadas para o remate da 2ª División Feminina. E hai moitas cousas no aire. Xallas e Cee manteñen a loita polo título e esperan unha axuda do Dumbría a semana que vén, que se enfronta ás líderes. Unha vitoria das dumbriesas metería de cheo a xalleiras e ceenses na pelexa polo título, e deixaríaas xa co posto de playof asegurado.
 

Descensos

A reforma das ligas debido ao continuo aumento de equipos (a semana ademais tivemos a boa nova do novo proxecto de equipo feminino do Sporting Seaia), vai provocar un tsumani coa creación da 3ª Div. Feminina.

Así, alén dos dous postos de descenso directo (13º e 14º), van descender directamente 4 dos 6 peores 12º.
Ademais, vai haber unha fase pola permanencia, unha Promoción condicionada, na que terán que participar 6 equipos de cada grupo (os catro (4) peores sextos clasificados (6º), os sétimos (7º), oitavos (8º), novenos (9º), décimos (10º), undécimo (11º) e os dous (2) mellores duodécimos (12º)).

Serán dúas eliminatorias. A primeira eliminatoria xogarase a partido único, no campo do mellor clasificado. Os 18 perdedores desa eliminatoria descenderán á 3ª Div.

Co Cerqueda xa cun pé nesa 3ª, están a día de hoxe en postos de Promoción de permanencia Ponteceso, Corme, Mazaricos e As Miúdas, aínda con opción de alcanzar un 6º posto que daría a pernamencia e pode que á promoción de ascenso (á que van os 5 mellores de cada grupo e os 4 mellores 6º de cada un dos 6 grupos).

Pichichis

A falta desas 4 xornadas, a killer cormelá Naroa, co seu póker, sitúase máxima goleadora da categoría con 38 goles, seguida moi de preto por Laura Raña (Abellá), que suma 37.

Polo sur, a xalleira Yasmina, que tamén endouse 4 golesás Miúdas, é a pichichi do grupo con 31 tantos, polos 29 de Laura Lema (Calo) e os 26 de Olalla (Xallas). A dumbriesas Paula Fandiño e María das Carisas levan 21 e 20, respectivamente.

2ª Div. Fem, Gr.4, xornada 22

As Miúdas - Xallas (1-4)

As miudas co patrocinador PITIX
As Miúdas co patrocinador PITIX
  • As Miúdas: Adriana, Elba, Marta Verán, Alba, Ximena, Gala, Marta Piñeiro, Sofía, Patri e Bárbara. Tamén: Uxía, Leti, Paula, Marcela e Ana Romero.
  • Xallas: Rosio; Laura,Rita, Alicia, Andrea Otero; Luchy, Andrea Barbeira, María; Paula Barcia, Olalla e Yasmina. Tamén: Leti, Inés, Claudia Facal, Nuria e Carla Landeira.
  • Goles: 0-1, m.8: Yasmina; 0-2, m.10: Yasmina; 1-2, m.24: Patri; 1-3, m.37: Yasmina; 1-4, m.79: Yasmina.

Partido no que as feminas xalleiras saíron a por todas dende o minuto un, facendo saber a importancia dos tres puntos en xogo en todo o momento. Se Rosía tiña que salvar un par de tiros das locais, pronto Yasmina afiaba a punteiría e marcaba dous tantos seguidos. Andrea Barbeira e María dominanban o centro do campo, pero as de Lucho seguían intentándoo e Patri conseguía recurtar. Pero antes do descanso, a de Barbeira volvía demostrar calidade que ten nas súas botas e o desequilibrio que mostra nesta liga.

Na segunda, Rosío freou as intentonas muradás, e Yas completou o póker. O cadro de Lucho volveu competir ben pero tivo erros que pagou caro, como nos últimos derbis.

Victoria C - Cee (1-1)

  • Cee: Noemí, Laura, Antía, Alba, Nerea, Ruth, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía, Lucía Martínez e Marísa Lijó. Tamén: Sabela e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.83; 1-1, m.87: Maria Lijó.

María Lijó salvou un punto para as ceenses na súa visita á capital galega, deixándose as costeiras 2 puntos fudamentais para ver como escapa o liderato, pero mantendo a posición de privilexio de cara á promoción.

Foi un partido moi extraño, para as ceenses, que comezaron dominando pero con moita precipitación no xogo. O calor e as presas non axudaron, e malia pedir un penalti pasaban os minutos sen ocasións claras.
No inicio da segunda metade tocaron algo mellor, pero nunha perda no medio campo encaixaron o 1-0. Aí si que envorcaron o campo cara a meta local e empataron pronto.

Praíña - Dumbría (0-2)

  • Dumbría: Lía, Carril, Noa, Martina, Mai, Fandi, Kelly, María das Carisas, Sabela, Sara e Juliette. Tamén: Yoli, Serena, Reyes, Ainoa e Icía.
  • Goles: 0-1, m.60: Fandi de falta; 0-2, m.62: Mai de cabeza.

Partido complicado na Cañoteira na tarde de sábado, cun cadro local que saíu máis enchufado, presionando arriba, e impedidno saír co balón comodamente ás de Fran Figueroa. Pero a seguridade defensiva e unha gran Lía baixo paus impediron que se metesen por diante. Kelly tivo a mellor ocasión das dumbriesas na primeira.

Cambiaron a faciana as brancas na segunda, afianzando o dominio no medio campo, e chegando por medio de Yoli, María das Carisas e Kelly. Pero foi a capi Fandi a que abría a lata cunha das súas faltas clásicas por arriba. E so 2 minutos despois a propia Fandi sacaría un córner para que Martina, que estaba sendo un cerroxo o lado de Mai en defensa, se impuxo á sua marca para cabecear o definitivo 0-2 co que se chegaría ó final do duelo.

As dumbriesas demostraron a súa calidade humana dándolle o seu apoio a Pati, capi das locais, na súa loita contra o cancro.

As dumbriesas demostraron a súa calidade humana dándolle o seu apoio a Pati, capi das locais, na súa loita contra o cancro.
 

Mazaricos - Dubra (4-0)

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Daniela, Ánxela, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Katia, Buján, Leire e Hermida.
  • Goles: 1-0, m.30: Tamara; 2-0, m.55: Jirra; 3-0, m.65: Ánxela; 4-0, m.75: Ánxela.
Mazaricos feminino

Primeira parte con moi pouco ritmo, apenas había circulación de balón e lle constaba moito traspasar liñas ás de Borja Sueiro. Só houbo dúas ocasións, unha por parte de as visitantes cun man a man que non conseguen finalizar e o golazo de volea pola escadra de Tamara.

Na segunda parte as locais esqueceron os nervios, comezaron a tocar o balón e apareceron espazos. Jirra aprobeita un error defensivo para gañar a espalda da defensa e facer o 2-0 cun tiro cruzado. Seguiron apretando e tendo o control do xogo nesta segunda parte e pronto chega o gol de Ánxela que daba a tranquilidade. Pouco despois a propia Ánxela define de marabilla cunha fermosa vaselina e o partido remata 4-0.

2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 22

Sp. Burgo - Ponteceso (4-5)

11 do Ponteceso fem

  • Ponteceso: Colores, Andrea, Eva, Muíño, Myre, Ainhoa, lara, Noe, Vir, Berdeal e Silvia. Tamén: Lucía Vila, Manti, Laura Ramos, Miriam e Lauyra Rod.
  • Goles: 1-0, m.12; 2-0, m.21; 2-1, m.40: Myre; 3-1, m.42; 4-1, m.49; 4-2, m.50: Laura Ramos; 4-3, m.52: Laura Ramos; 4-4, m.56: Eva; 4-5, m.81: Muíño.

Partido de tolos na Lavandeira cunha remontada épica das de Curro. Comezaba ben o cadro pontecesán, con ocasións de Andrea, Vir e Muíño, pero eran as locais as que acertaban. Viuse abaixo o equipo que sucumbíu ata o descanso encaixando 2 goles máis, pero recurtando por medio de Myre.

Arrincaba a segunda con folgos renovados, pero nada máis saír outro gol en contra. No canto de caer, o equipo veuse arriba, e en apenas 6 minutos dous tantos da recén entrada no campo Laura Ramos e outro da MVP do partido, Eva. A capi aproveitaba unha falta sobre Muíño (que puido ter sido expulsión dunha xogadora local) para empatar o choque cun golazo pola escuadra.

Con Noe e Ainhoa moi seguras en defensa, a inercia do partido estaba de cara das bergantiñáns, que seguían percutindo na área local. Ata que a todoterreo Muíño de novo noutra xogada ensaiada marcaría o 4 a 5 na que de novo o balón entraría pola escadra dereita facendo que a porteira local so poidera acompañar o gol coa mirada.

Xuv. Almeiras - Cerqueda (3-0)

  • Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía Rod., Mónica, Pauliña, Tati, Irene, Raquel, Inés, Mariña e Isa. Tamén: Paula Casal, Sonina, Vanesa, Carla e Andrea.

Encontro complicado, cunhas rivais que están loitando por estar na fase de ascenso, e con moito calor. Tardaron en entrar no partido, pero cunha boa Valeria o equipo foise asentando. Foi ao fío do descanso cando as costeiras perderon outra vez o sitio e recibiron dous tantos (o primeiro un golazo pola escuadra de tiro lonxano) e o segundo, nun erro de marcaxe nun balón parado.

Intentouno o cadro de Dani Reixía na segunda, e as lesións impediron subir o nivel.

Corme - Xuv. Crendes (4-0)

  • Corme: Belén; Lucía (Candela), Aroa (Laura), Vero, María, Cris, Anita (Ana), Irene, Nati, Carla e Naroa.
  • Goles: 1-0, m.4: Naroa; 2-0, m.51: Naroa; 3-0, m.84: Naroa; 4-0, m.87: Naroa.

Mala primeira metade das cormeláns a pesar do gol inicial de Naroa. Mesmo fallaron un penalti as costeiras, pero na segunda saíron máis entonadas, máis dominadoras, e pronto a killer foi abrindo a fenda, marcando 4 tantos malia que o último o colexiado deuno en propia meta.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios