Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fútfem: O Bergan perdeu unha boa ocasión de asaltar o liderato e o Cee segue firme no vagón de cabeza

As Miudas ante o Bamio-Foto-Chema Caamano
As Miúdas ante o Bamio-Foto-Chema Caamaño
Fútfem: O Bergan perdeu unha boa ocasión de asaltar o liderato e o Cee segue firme no vagón de cabeza

Xornada completa para as nosas con diversos resultados. O Bergantiños perdeu unha gran ocasión de asaltar o liderato, pero o Tordoia foi forte e escapa a 6 puntos deixando ás de Gueli na 4ª praza.

Pola súa parte, no Gr.3, as bravas do Cee trouxeron de volta a casa tres novos puntos, mentres que as Miúdas endosaron unha traballada goleada a pesar de estar en inferioridade. Está rota a táboa, precisamente entre o Cee, 3º, e Os Miúdos, 4º, pois hai xa 8 puntos de diferencia entre ambas.

No F7, o Mazaricos acadou un empate para seguir sumando.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 8

  • Resultado: As Miúdas - Bamio (6-1)
  • As Miúdas: Adriana, Isa, Martina, Antía, Paula, Laura, Leti, María, Marcela, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Eva, Gala, Mariña, Sabela e Aitana.

As Miidas celebrando un tanto

Gran actuación en conxunto das Miúdas que incluso se sobrepuxeron a temprana expulsión da súa porteira Adriana. Xa antes do 1-0 as locales impuxeron o seu ritmo para ter as mellores ocasións, pero Pati en 2 veces e Ainoa non atinaron entre os 3 paus. No minuto 27 a de outes atoparía o premio do gol, internada dende o pico da area tras levar por velocidade a 2 zagueiras e ante a porteira remata e o rexeite da gardamallas peta novamente en Ainoa para colarse por baixo.

Pouco despois chegaría o empate, balón ás costas das centrales muradanas, Adriana sae da area e chega para despexar antes que a dianteira do Bamio pero o balón tras dar ca rodilla da porteira peta lo brazo e o árbitro sinala expulsión por entender voluntariedade. No propio lanzamento da infracción chegou o empate nun disparo forte e raso que Laura non foi quen de atallar, minuto 35. Intentaron as visitantes dar un paso adiante e aproveitarse da superioridade numérica, pero sería Pati quen se beneficiou dun gran pase en profundidade de Antía para irse a vestiarios con 2-1 favorable ás locales no minuto 44.

Nada máis volver do descanso, co equipo reestruturado, a capitana Martina situaríase no mediocentro do equipo local para compensar a inferioridade, e os cambios melloraron ainda o xogo monopolizando o dominio do balón en toda a segunda parte. Pati poría distancia xa no primeiro minuto facendo o 3-1, e as locales gustábanse movendo o balón con criterio e rápidas transicións para crear perigo. Así, tras un corner ben botado por Gala, Leti remataría anticipándose a súa defensora picando de cabeza e facendo o 4-1 no minuto 69. Antía estivo a piques de materializar un libre directo lonxano que pasou lamendo o traveseiro. Unha ocasión perigosa nos pes da capitana do Bamio sería ben resolta por Laura antes que que Eva fixese o 5-1 batendo por alto tras unha rápida contra levada dende area propia no minuto 83. E Gala celebraría o seu 16 cumpleanos facendo o definitivo 6-1 finalizando outra xogada combinativa tras pase de Eva no minuto 88.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 8

  • Resultado: S.D. Touro - U.C. CEE (1-2)

Comezaba o rival coas ideas moi claras: moita xente detrás do balón e buscando rápidas transicións que lle serviron para dar un par de avisos, con balóns á espalda da nosa liña defensiva. Non tan atinadas con balón como días anteriores, as costeiras fóronse asentando no partido e comezando a xerar ocasións por medio de Uxía e Lucía Martínez. Máis clara a tería María Lijó, que non acertou a rematar un balón franco na área, que remataría en mans da cancerbeira, despois dunha das poucas boas combinacións das nosas.
Foi esta ocasión a antesala do gol de Nerea, que tras unha serie de corners, remacharía un gran centro de Uxía. Así se chegaría ao descanso.

Despois da reanudación comezaban as nosas a carburar, combinando moito máis, e as ocasións fóronse sucedendo ata que nunha tremenda xogada colectiva, Uxía anotaría o 0-2. Seguían as azuis intratables en defensa, mentres o partido se ía convertendo nun cúmulo de imprecisións por ambos equipos. Nin Uxía nin Lucía Canosa, serían quen de poñer a sentenza, e no último minuto as locais reducirían diferenzas tras rematar un balón despois de dous rexeites.
Tocou sufrir o desconto, pero non houbo máis ocasións para ningún equipo, xa que Lucía Canosa se viu freada polo pitido final cando encaraba portería.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 11

  • Resultado: Tordoia - Bergantiños (5-2)

Partido moi disputado en Tordoia entre o líder e un dos aspirantes, no que o resultado non reflicte o visto sobre o terreo de xogo.
Empezaba o encontro con dous equipos moi diferentes, un habituado ao campo moi pequeno e o fútbol directo, e un Bergantiños que quixo, tivo pero non puido facer o seu fútbol e custoulle adaptarse ás condicións. 
Aínda así todo puido cambiar cando no minuto 6 Vimi nunha xogada persoal internar no área soa e a rival última xogadora agárraa e evita o man a man, nunha xogada de clara tarxeta vermella, pero que o árbitro non o ve así e sinala falta e saca a amarela. Aos poucos minutos, tras un mal despexe da defensa rojilla e tras varios rebotes o balón chégalle a María e golpea a portería, tocando para o balón e leste entra chorando á portería visitante no que supoñía o 1-0.  Sen tempo de reacción, aínda no m.14, e tras un mal despexe o balón chégalle a Ana que non perdoa e sobe o 2-0 ao marcador.  Tras isto o Bergantiños espertou e meteuse no partido tanto foi así que empezou a ter máis chegadas e froito delas chegaba o gol de Isa no minuto 21 cunha gran vaselina. 
E desde aí ao descanso o Bergantiños gozou de varias chegadas con perigo e conseguiu meter ao Tordoia no seu campo, pero unhas veces a falta de acerto e outras as intervencións da porteira non lograban materializar o empate.

Comezaba a segunda metade e empezaba cun Bergantiños distinto máis metido e con máis gañas e froito diso é que nada me empezar Canosa se interna por banda e decide intentar finalizar ela, pero unha boa parada da porteira evitaría o 2-2 . 
No minuto 52 e tras un pase longo, habitual o balón chegaba dividido ao área e Lara comete un claro penalti sobre Rebeca, que Tamara encargaríase de lanzar e anotar pese á gran estirada de Lara que case logra atallar o balón, e subía así o 3-1 ao marcador. 
No minuto 77 Canosa nun balón dividido recibe unha patada no ventre, e o árbitro non sinala un penalti claro, e na contra moi ben levada tamara recibe en profundidade e esta non falla ante Lara e pon o 4-1 no marcador. 
Excesivo castigo para o visto ata ese minuto sobre o céspede, pero non se rendía o equipo rojillo e no minuto 82 Tralo rexeite dun córner, a defensa local toca o balón coa man e esta vez si o colegiado decide pitar penalti, o cal transforma Ali que achegaba ás rojillas co 4-2.
Dous minutos logo de novo Ali tras un pase de Isa que excede á porteira e Ali a portería baleira non é quen de introducir o balón. 
E do posible 4-3 que poñería o medo ao equipo local e coa rojillas ao ataque chegaba a puntilla do Tordoia que nunha contra Laura non fallaba ante Lara e cara ao definitorio 5-2 , nun castigo excesivo para o visto no campo tordoies.

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 10

  • Resultado: Mazaricos - Victoria (1-1)

Mazaricos CF de F7 

Empezaron as amarelas moi perdidas xa que as santiaguesas tiñan moita movilidade no medio do campo e combinaban moi ben pero non chegaban a porteria en exceso. O marcador non se movía pero a superioridade era visitante, ata que ao fío do descanso as visitantes se meten por diante nunha xogada con varios rebotes.

Saíron mellor nas marcas as costeiras, e foron subindo liñas ata que faltando 5 minutos chegou o gol obra de Graci en falta directa.
Estes derradeiros 5 minutos foron un espectaculo xa que as costeiras se viñeron arriba e non daban saído da portería as xogadoras visitantes. Yastivo un man a man, Graci tivo outra que puideron decantar o resultado, pero ao final, empate xusto.

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios