Venres. 19.04.2024
El tiempo

FutFem: Cee e Bergan manteñen o ritmo

Bergan Feminino ante o Ordes
Imaxe do Bergan-Ordes
FutFem: Cee e Bergan manteñen o ritmo

Pouco quedan en xogo para a última xornada desta primeira fase da 2ª División Feminina. No Gr.B, o Bergan terá que gañar ao Cerqueda para asegurar o título desta primeira fase e partir con vantaxe de cara á fase de ascenso.
Mentres, o Cee, xa co título asegurado, quere pechar a primeira fase invicto e para iso terá que superar ao Noia, segundo a día de hoxe e xa clasificado tamén para a seguinte fase.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.B, XORNADA 9

  • Resultado:  Pastoriza - Cerqueda (7-0)
  • Cerqueda: Lucía Dourado, Mónica, Nuria, Paula Veiga, Amu, Raquel, Cris Veres, Ana, Lorena, Eva, Nayara.

Partido moi condicionado para costeiras con apenas 11 xogadoras dispoñibles, a pesar das peticións por parte do cadro cerquedán de cambiar o horario. Así e todo aguantaron case unha hora de xogo metidas no partido, ata que co 3-0, e o cansanzo provocado pola abafante calor, provocou un baixón que deixou a goleada.
Quédalle pechar esta primeira e curta tempada do feminino a vindeira semana nun partido especial contra as líderes da categoría.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.B, XORNADA 9

  • Resultado: Bergantiños - Órdenes (5-0)

11 do Bergan feminino

Enfrontábanse o Bergantiños, líder da categoría, e o conxunto do Sdc Ordes, que chegaba como colista da mesma. O partido foi tosco e sen ritmo, cun equipo rojillo que dominou de principio a fin e un Ordes que se defendeu e intentaba saír á contra as cales eran paradas continuamente pola defensa vermella.
Non ían nin dous minutos e Yaiza filtraba un pase para Noe que se planta soa no área pero esta non é quen de bater á porteira rival. Ao pouco, no minuto catro, un pase medido de Laura deixaba soa a Noe que tras un gran control, esta vez non perdoaba ante a porteira rival e subía o 1-0 ao marcador.

Non se movería o marcador nos seguintes 40 minutos, aínda que non sería por ocasións xa que a pesar do ritmo lento o equipo local dispoñería de varias ocasións claras en botas da mesma Noe así como de Alba, Yaiza, Laura, Bárbara e Seo, pero ningunha vería portería e chegábase ao descanso cun escaso 1-0.

Tralo paso por vestuarios o Bergantiños dió un paso adiante e empezou a darlle máis ritmo e o partido aínda que cambiou pouco, si colleu un pouco máis de ritmo e isto notouse no campo e no marcador. No 56 de novo Noe, tras un centro de Bárbara, controlaba co peito e non fallaba ante a portería rival. Tras varias ocasións, Carla no minuto 65, optaba por un disparo afastado que se coaría polo pau dereito da portería rival, subindo o 3-0 ao marcador. No minuto 88 Yaiza faría o golazo da tarde tras un control magnífico e un gran disparo o balón coábase pola mesma escuadra dereita e poñería o 4-0 no electrónico. Xa no 90 tras unha gran xogada colectiva, o balón chegaba a Torrado que poñía un bo centro a Noe que poñía o definitivo 5-0 co que se chegaba ao final do partido.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.C, XORNADA 9

  • Resultado: Noia - As Miúdas (6-1)
  • As Miúdas: Laura; Pau, Gala, Mariña, Sofía; Marta, Leti, Saray, Ainoa; Liana e Pati.

Merecida vitoria do Noia ante un equipo muradán, de novo en cadro. E iso que se adiantaban as de Juan Carlos co tanto de Ainoa. Neses primeiros minutos xa apretaba o Noia pero ben se puideron colocar 0-2 as costeiras. Non tardaron en empatar as do sur da ría e aí se romperon as costeiras, que pouco a pouco foron perdendo folgos e mesmo quedaron con 10 pola lesión de Liana e a falta de recambios.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.C, XORNADA 9

  • Resultado: Pastoriza B - Cee (1-6)
  • Cee: Noemí; Lucía Rod., Antía, Nerea, Lucía Canosa, María Lijó, Sharay, Lucía Martínez, Saray Duarte, e Uxía. Tamén: Laura Blanco, Ruth e Sara.

Partido sen moita historia cun Cee como claro dominador dende o comezo, recuperando ademais o seu mellor xogo. As de Rafa tiveron o 80% de poesisión, un montón de ocasións, xa poñéndose por diante antes do m.8 cun tanto de Lucía Martínez. Lucía Canosa facía outros dous e e Lucía Martínez marcaba de novo poñendo as locais o 1-4 xusto antes do descanso.

Noemí foi mera espectadora tamén durante a segunda metade, cando Uxía e Laura Blanco completaban o set.

&nbs;

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

 

Comentarios