Luns. 10.08.2020
El tiempo

FútFem: Cee e As Miúdas suman de novo

Ainoa xa leva 13 goles cas Miúdas
Ainoa xa leva 13 goles cas Miúdas
FútFem: Cee e As Miúdas suman de novo

Despois da mala xornada da semana anterior, esta fin de semana volveron recuperar boas sensacións os dous equipos costeiros do Gr.3 da 2ª Feminina. Descansaba o Bergantiños (non fallaban as súas 3 rivais no alto da táboa), pero Cee e As Miíudas conseguiron sendas vitorias.

Segue loitando pola 2ª praza que dá acceso á promoción o UC. Cee mesta histórica temporada de debut. O domingo recurtou dous puntos sobre o Arzúa, que non puido pasar do empate en Bamio, quedando en 4 a distancia entre ambas.
Pola súa parte, a vitoria permítelle ás Miúdas adiantar unha posición, e se colocan 5ª ao vencer ao Santiso.

As que non conseguiron sumar foron as xogadoras do Mazaricos, na Liga F7 de Santiago. Caeron ante o Calo (o equipo líder), rompendo unha serie boísima de vitorias, e quedan nunha cómoda 6ª praza.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 17

  • Resultado: Cee- Atl. Arousana B (6-1).

Moi mala mañá a deste Domingo, na que saíron as nosas bravas xogadoras a conseguir 3 novos puntos como locatarias, ante o Atlético Arousana B.
Comezou o partido con moitas imprecisións, dado que tanto o campo como as condicións meteorolóxicas non eran as máis axeitadas. Froito diso, despois de errar dúas ocasións claras, o Atlético Arousana avisou das súas intencións, tendo Noemí que salvar o primeiro tanto, pero non podendo facer nada a un disparo lonxano posterior, que lles permitiu ás visitantes adiantarse no marcador.
Pero non son as nosas de baixalos brazos precisamente, e despois de varios intentos, a capitana Lijó empataría o partido. E para darlle a volta xa antes do descanso, apareceu Lucía Martínez que anotou o 2-1.

Tralo descanso saíron mellor as costeiras, que foron dominando e madurando o encontro mentras se sucedían os goles. E cita con estes ten cada domingo Lucía Canosa, que puxo terra de por medio no marcador co 3-1. Gol que daría a tranquilidade necesaria para pechar o partido co tanto de Lucía Brión, tras un rexeite da gardameta.
Xa achegádonse ao pitido final, coas ceenses cheas de confianza e co resultado a favor, Laura Blanco serviulle un balón en bandexa a Nerea dentro da área, que non perdoaría e fusilaría á cancerveira arousá.
E á que foi a mañá das "Lucías", tamén se quixo sumar Lurs, que non dubidou en saír coa pelota en condución e quitándose de enriba a cada rival que lle saíu ao paso, chegou á área rival para anotar o definitivo 6-1.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 17

  • Resultado: Santiso - As Miúdas (2-4)

As Miudas en Santiso

Presentábase un partido disputado entre dúas rivais aspirantes a acabar en puestos de promoción, onde as costeiras foron quen de impoñer o seu xogo nun partido madurado de menos a máis.
A primeira metade foi un duelo de ida e volta sen apenas xogo polo centro do campo pero con chegadas perigosas por ambos bandos. Pati, a capitana das de Muros presionaba ás centrales nas saídas provocando incertidumbre nas locais que preferían iniciar en longo.
Nun dos envites das costeiras o balón acaba rexeitado a córner por unha zagueira local, e a execución, por cuarta vez nesta temporada nos pés de Gala acabaría en “gol olímpico” subindo o 0-1 ao cuarto de hora. A canteirana “pesca”, repetiría dende o mesmo curruncho no minuto 21, pero desta volta o balón peta no travesaño e vai fóra. Xa non sorprende a facilidade da 10 muradana para crear perigo cando coloca o balón no vértice esquerdo dos campos nos que actúa.
Á media hora, as visitantes empatan nunha xogada nas que a zaga visitante quedou pendido fóra de xogo. Ainoa puidor poñer de novo en vantaxe ás Miúdas antes do descanso pero non concretou o control ante a gardamallas e foise escorando ata quedar sin opción de remate.

Empezou o segundo acto cos cambios nas visitantes que á postre foron determinantes, ca entrada de Leti e María dominaron a parcela central e, a pesar de xogar co vento en contra, meteron ás locales en campo propio creando as mellores ocasións, así no minuto 52 Ainoa resolveu un barullo na area facendo o 1-2.
As locais buscaban con xogo directo a súa dianteira pero Siaba, ben arroupada polas centrales, non concedían nin un metro para gardar a colleita.
O 1-3 chegaría tras unha bonita xogada colectiva levada dende o centro do campo, Ainoa rouba e cede para María, esta regatea a sua marca e filtra para Leti que se interna dende fóra da área por banda dereita e cruza axustado o pau ante a saída da porteira. Non viu un penalti por mans de María na área visitante o colexiado, e pouco despois Ainpa márcase un auténtico xogadón por banda esquerda deixando atrás a dúas defensoras e bate á porteira tras internarse na area, 1-4.
Si que sinalou penalti nunha xogada onde Marcela roubou sen problema, pero o 2-4 non fixo perigrar o resultado.

As Miudas lanzan unha falta

Liga Feminina F7, Gr. Santiago, x.19

  • Resultado: Mazaricos - Calo (0-2)

Mazaricos Feminino F7

Partido que comezou moi igualado co líder tengo o control do xogo, pero sen crear ocasións claras debido ao esforzo defensivo das amarelas. A intensidade foi a dona da primeira parte. Unha xogada illada do Calo permitiu ás santiaguesas marchar con vantaxe na única ocasión da primeira metade.

Ao comezo da segunda parte as de José Angel tiveron a ocasión máis clara do partid, cun tiro dende a frontal de Graci que se atopa co longueiro. Poucos minutos despois, o Calo amplía vantaxe cun bo disparo dende lonxe.
En defintiiva, mereceron máis as amarelas, que fixeron un moi bo partido, sobre todo no aspecto defensivo grazas a implicación de todas as xogadoras.

Todas as crónicas do FutFem

comentarios