Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FutFem: Continúa a serie de vitorias seguidas para Bergantiños, Cee e Mazaricos

O Bergantinos feminino leva 5 de 5
O Bergantinos feminino leva 5 de 5
FutFem: Continúa a serie de vitorias seguidas para Bergantiños, Cee e Mazaricos

5 vitorias seguidas levan Bergantiños e Cee, e 6 levan as do Mazaricos na Liga de F7 de Santiago, na que seguen imbatidas na casa. Boas series de resultados para manter aos dous primeiros no trío de cabeza, coas opcións intactas. Apretadísimo está o Gr.1, con 4 equipos en só 1 punto.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 18

  • Resultado: Ordes - Bergantiños (0-6)
  • Goles: 0-1, m.7: Yaiza; 0-2, m.25: Isa; 0-3, m.42: Isa a pase de Yaiza; 0-4, m.43: Isa; 0-5, m.52: Carla; 0-6, m.55: Isa.

Segue a racha dun Bergantiños que xa leva 5 xornada consecutivas gañando e coa portería a cero. As de Gueli non deron opción a un Ordes que se viu superado de principio a fin. Comezaba o encontro cun ritmo moi baixo durante os primeiros 15-20 minutos, co Bergantiños mantendo a posesión e o Ordes agazapado no seu campo esperando algunha contra, pero xa no minuto 7 un tiro de Yaiza desde a frontal se coaba na escuadra local e abría o marcador. A partir do minuto 20 o Bergantiños aumentou o ritmo e Isa comezaría a súa particular cita co gol xa que marcaría 4 tantos, 3 antes do descanso.

Na sgeunda baixou o ritmo, e o Bergan completou o set a medio gas.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 15

  • Resultado: Cee - Carreira (3-0)
  • Goles: 1-0, m.30: Uxía; 2-0,m .47: en propia; 3-0, m.86: María Lijó.

Partido moi serio deste Cee que segue, sen fisuras, aspirando a todo. Non fixeron o seu mellor partido as de Rafa, pero non perigou a vitoria en ningún momento. Na primeira parte as locais xogaron en contra de vento pero mantiveron a posesión e non pasaron apuros, adiantándose no minuto 30 nunha boa xogada colectiva pola banda dereita e despois dun centro a Sharay Caamaño, esta, nunha gran asistencia, asiste a Uxía que define con clase de tiro cruzado.
A segunda parte, con vento a favor, foi un monólogo no que Naira foi unha espectadora máis, Canosa non faltou á súa cita semanal co gol e no primeiro minuto da reanudación puso terra de por medio no marcador.
Seguiron presionando arriba pero non estiveron acertadas no remate, ata que nunha boa xogada individual de Canosa, María Lijó aproveitou o rexeite da porteira para cerrar o definitivo 3-0.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 15

  • Resultado: Touro - As Miúdas (3-1)
  • As Miúdas: Laura, Paula, Marcela, Antía, Martina, Leti, Gala, María, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Siaba, Eva, Sofía e Iria.
  • Goles: 1-0, m.1; 1-1, m.53: Leti de cabeza; 2-1, m.65; 3-1, m.70.

As Miudas en Touro

Encontro moi disputado e intenso de principio a fin o vivido na tarde de domingo en Touro, con unha parte para cada equipo onde sobresaleu Rocío Sanín para decantar a balanza para as locais. Xa avisou no primeiro minuto, roubando un balón a Antía para abrir o marcador. A primeira metade transcorría coas locais vencendo todos os envites ante unhas incómodas muradás, pero sen grandes ocasións.

Na reanudación veuse outra cara das Miúdas, mellor posicionadas e conseguindo atopar ocos en campo rival para crear perigo. Pronto conseguía empatar Leti nun córner botado por Gala. As de Touro replegábanse en campo propio asediadas pola ofensiva visitante que se vían quen de darlle a volta o mal arranque. Gala volvía a executar moi pechado un córner pero desta volta o balón petou no pau, e na seguinte xogada, tras un barullo na area local, Ainoa remata o longueiro e o balón é despexado pola zaga tras botar en liña de gol.

Insistían as muradás e ían con todo, tendo mesmo un penalti sobre Ainoa, que non aproveitaba Antía, o seu segundo penalti fallado pola esteirá nunha semana.

Acusaron o erro as de Fran Figueroa, que pasaron de ter os seus mellores minutos a recibir o segundo, e 3 minutos despois, o terceiro noutro regalo, para matar o partido. Logo do 3-1 o partido volveuse bronco, cunha expulsión por bando.

Liga F7 Santiago, xornada 16

  • Resultado: Mazazaricos - Estrada (4-0)
  • Goles: 1-0, m.23: Graci; 2-0, m.32: Graci; 3-0, m.46: Anxe de penalti; 4-0, m.56: Graci.

Partido

Partido controlado de principio a fin polas amarelas, levando o xogo a onde querían. Dende o minuto 1 non concederon ademais ningún erro en defensa onde foron moi fortes grazas a presión feita por todas as xogadoras. Aproveitaron ademais ben as ocasións e xa dende o ecuador da primeira, cunha excelente Graci, abría o marcador. O Estrada intentaba chegar a portería local con tiros lonxanos pero en ningún momento intimidaron a María Pedrosa. Na primeira parte puideron aumentar a distancia no marcador cunha falta de Graci onde a porteira fai unha boa parada.

Na segunda parte, máis do mesmo, moi fortes en defensa, e aproveitando as chegadas, coa segunda volea de Graci. O Estrada veuse abaixo, e nunha xogada onde María Senra fai ben a presión, consegue que a porteira erre e esta faille un penalti máis que claro (xogada que marcaría o devir do encontro pola expulsión dunha xogadora do Estrada por dirixirse a afección mazaricá) que non conseguiron materializar. O terceiro gol chega por parte de Ánxela que desta vez transforma un novo penalti. Co encontro máis que decidido Graci completaría o seu particular triplete cun gol nos derradeiros minutos.

 

Todas as crónicas do FutFem

Comentarios