Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Pechando o ano con bo sabor de boca

As Miudas celebrando o seu punto
As Miídas celebraron así o o seu punto
FUTFEM: Pechando o ano con bo sabor de boca

Última xornada deste histórico 2021 para o Bergan na 1ª División Feminina. As de Gueli rematan o ano líderes ademais, tralo empate conseguido esta fin de semana.

Na 2ª, o ano remata co Cee en postos de ascenso tras vencer o derbi co Xallas; o Cerqueda tratando cara a cara ao líder, e As Miúdas sumando un punto que sabe a ouro.

Ademais, mazaricás puxéronse líderes ademais da Copa F7 tras vencer ás que chegaban primeiras do grupo, e esperan ao Silleda na última xornada do ano, coa que comparten liderato.

A Gala

Agora a gran cita a Gala do Álbum de Cromos do Fútbol Feminino Galego, do que tamén forman parte os equipos costeiros. Unha Gala que se celebrará o vindeiro martes 21 de decembro no Ágora da Coruña.

1ª División Fem, xornada 10

  • Resultado: Bergan - Victoria C.F. B (0-0)
  • Bergantiños: Andrea, Tati, Lorena, Inés, Yaiza, Sara, Lara Pita, Cruz, Alba, Elena, Laura. Tamén: Lara Sánchez, Noe, Seo, Marián e Bárbara.

Bergantinos Fem

Primeiro partido da segunda volta, moi disputado, moi físico, cun ritmo alto, sen un dominador claro. Poucas chegadas na primeira metade cun cadro herculino dominando máis o balón e o Bergan algo máis apretado pero Cruz e Alba intentaban sorprender á contra pero sen acerto.

Na segunda metade, trabouse aínda máis o partido, pero si que tiveron varias boas ocasións as de Gueli que salvou a porteira visitante Antía. Pediron dúas penas máximas as carballesas, peroo colexiado si que pitou un claro penalti na área carballesa que parou Andrea.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 8

As Miúdas - Unión (3-3)

  • As Miúdas: Noa, Marta Verán, Leti, Sofñia, Saray, Marina, Ana Romero, Paula, Alba, Clara, Patri. Tamén: Adriana e Nerea.
  • Goles: 0-1, m.13; 1-1, m.17: Patri; 1-2, m.48; 2-2, m.65: Sofía; 2-3, m.77; 3-3, m.90: Marta verán.

Partido igualado, máis na segunda parte cando quedaron as visitantes con 10. Na primeira parte dominaron as de Unión un pouco máis, tiveron algunha ocasión aproveitando algún erro da zaga local, que tampoucho chegaba con demasiado perigo e só Patri, nunha boa contra volveu demostrar a súa garra para gañar un balón dividido e a súa calidade cunha finalización magnífica.

Na segunda parte estirouse o cadro de Juan Carlos, e tivo máis chegadas, e ademais defenderon mellor. Nun despiste, as locais quedaron paradas esperando que pitase o colexiado e as visitantes se colocaban de novo por diante, pero as muradás non decaían e Sofía empataba cun golazo. De novo, esta vez de penalti, se colocaban por diante, pero as bravas Miúdas non desistiron e na última xogada Marta fixo un golazo dende lonxe que vale un punto que sabe a ouro.

 

Xallas - Cee (1-2)

xallas fem

  • Xallas: Xiana; Laura, Rita, Andrea, Roo; Michelle, Luchi, Maite; Yasmina, Xastia e Yoli. Tamén: Inés, Leticia, Alicia, María Rial.
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Lucía Facal, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Anaís, Marta, Antía, Elisa e Nayara.
  • Goles: 0-1, m.25: Saray; 0-2, m.29: Nerea de penalti; 1-2, m.70: Inés.

Partido no Municipal de Fontenla con moitas alternativas, adiantouse o Cee por dúas ocasións na primeira parte cun primeiro gol cun tiro dende fóra da área e un segundo de penalti. O conxunto visitante dominou o encontro de cabo a rabo nesta primeira parte dispoñendo de varias ocasións que resolveu ben Xiana.

Xa na segunda metade, o Cee relaxouse e o Xallas adiantou liñas e conseguiu acortar diferencias nunha xogada de estratexia por medio de Inés. A partir do gol as de Rupper animáronse e gozaron de algunha ocasión máis que non deron materializado, facendo sufrir as de Rafa ata o pitido final.

 

Cerqueda - Noia (2-3)

  • Cerqueda: Lidia, Paula Veiga, Zeltia, Naroa, Raquel, Ana Suárez, Natalia, Saskia, Lucía Dourado, Lorena e Eva. Tamén: Ana Varela, Lucía Rod., Nuria, Cris Veres e Myrella.
  • Goles: 0-1, m.12; 0-2, m.24; 1-2, m.27: Paula Veiga; 1-3, m.31; 2-3, m.71: Paula Veiga de penalti.

Recibían ás líderes da competición as de Jaime Guillamet e onde unha vez máis o equipo deu a cara e competio cara a cara. Despois dun inicio de tenteo o Noia adiantábase e colocábase 0-2. Foi aí cando o Cerqueda demostrou que quere e pode competir contra calquera nesta categoría e apenas 3 minutos máis tarde acurtou distancias por medio de Paula. Aínda que pouco duro a alegría porque pouco despois outra vez o Noia ampliaría a vantaxe outra vez. Co 1-3 chegar ao descanso.

Na segunda parte o Noia seguiu co mando do partido, dominando o xogo pero un penalti cometido sobre Ana Varela no minuto 70, serviría ás nosas para acurtar distancias no marcador outra vez por medio de Paula. O equipo inentouno durante o último tramo pero a seguridade defensiva das visitantes evito calquera ocasión clara de gol. Pese á derrota gran sensación do equipo local ante as líderes dando a cara nun partido máis.

 

Copa F7, Ferrol-Santiago, xornada 4

  • Resultado: TERRA DE MONTES - MAZARICOS (1-4)
  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Ánxela, Tamara, Graci, Lúa e Daniela. Tamén xogaron: Sheila, Fátima, Carla, Katia, Natasha e María Jirra.
  • Goles: 0-1, m.20: Graci; 0-2, m.40: Graci; 0-3, m.50: Daniela; 0-4, m.65: María Jirra; 1-4, m.70.

Enfróntabanse as de Borja ao ata ese momento líder, que comezou o encontro demostrando o por que estaba nesa posición coun par de achegamentos que de novo, outro partido máis, Pedrosa acabaría salvando con dúas grandes intervencións. A partir dese momento pasaron os nervios nas visitantes e a través de xogo combinativo fixéronse co dominio, e froito diso chegaría o gol de Graci nun tiro cruzado.

Con ese marcador chegaríase ao descanso e o partido seguiría o mesmo guión, Graci e Daniela ampliaban a vantaxe con un gol de falta e outro de xogada personal. Xa cara o final, María Jirra definía tras un moi bo pase de Lúa para poñer o 4 e cando se acababa o encontro as visitantes marcaban o gol da honra. “Moi contentos coa vitoria, pero sobre todo coa progresión das nenas”, recoñece o míster mazaricán.

 Mazaricos FEminino

Todas as crónicas do FUTFEM

Crónicas do FSF

QPC lanza un pioneiro álbum de cromos do Fútbol Feminino Galego

Comentarios