FUTFEM: Última xornada de Liga cun derbi especial

Rematou esta histórica 2ª División Fem. 2022-2023 con 8 equipos costeiros en competición. E fíxoo xa con todo o peixe vendido pero cunha gran festa do futfem costeiro no Cairo. Fermosa tarde de sábado para ver un derbi espectacular, que caía do lado das pontecesás que rematan o curso na 9ª posición a só 3 puntos do Corme (7º). Gran papel, en calquera caso, dos equipos de Rubén Souto e de Curro no seu ano de estrea, que terán .
Máis complicada lle fou a cousa ao Cerqueda, que acabou na penúltima praza e descende á nova 3ª.
No Sur, co peixe vendido, remata a primeira fase para os 5 equipos costeiros, facendo un papelón.
Segunda fase
Toca pensar na Copa pero tamén na 2ª fase, provocada pola creación dunha necesaria 3ª Div. Feminina ante o auxe constante de novos equipos.
Así, alén dos dous postos de descenso directo (13º e 14º, situación na que se atopa só o Cerqueda), van descender directamente 4 dos 6 peores 12º (ningún equipo dos nosos está aí).
Si que terán que disputar As Miúdas, Mazaricos, Corme, e Ponteceso a fase pola permanencia. O sorteo será mañá e a primeira eliminatoria será xa esta fin de semana a partido único. Os 18 perdedores desa eliminatoria descenderán á 3ª Div.
Os que gañen a primeira eliminatoria pasarán a unha segunda eliminatoria a doble eliminatoria mesmo cos que non superen a primeira fase de ascenso.
Unha Fase de Ascenso na que competirán Xallas, Cee e Dumbría, con posibilidades reais de ascenso.
ENFRONTAMENTOS SEGUNDA FASE
Estes son os enfrontamentos desta segunda fase que se disputarán este domingo 21 de maio.
Polo ascenso: Para ascender á 1ª terían que superar ata 3 eliminatorias (as dúas primeiras a partido único). O que caia da primeira eliminatoria aínda podería baixar á 3ª Div. pois enfrontarase ás gañadoras da primeira eliminatoria da fase polo descenso.
- At. San Pedro - Dumbría
- Xallas - Eirís
- Cee - Cacheiras
Pola permanencia: O que perde, descende á 3ª. O que gañe aínda ten que superar unha eliminatoria máis, esta a doble partido, para salvarse, na que tamén estarán os equipos que perdan da fase de ascenso.
- As Miúdas - Sárdoma
- Corme - O Pino
- San Roque - Nicrariense
- Caldas - Mazaricos
- Peñasco - Puenteceso
Ademais, a segunda eliminatoria colidirá coa Copa da Costa.
2ª DIV. FEM, GR.2, XORNADA 26
Corme - Ponteceso (1-2)
- Corme: Belén, Ana (Laura), Irene, Aroa, María, Nati, Cris, Carla, Ana, Lucía (Candela) e Naroa.
- Ponteceso: María, Laura Ramos, Andrea, Muíño, Silvia, Berdeal, Miriam, Noelia, Myrella, Eva e Ainhoa. Tamén: Noe Blanco, Manti, Lara, Laura Rod. e Virginia.
- Goles: 0-1, m.28: Eva de penalti; 1-1, m.37: Carla; 1-2, m,75: Eva de penalti.
Último partido ligueiro correspondente á xornada 26 na que disputaríamos o derbi contra as veciñas do Corme. Espectacular partido e ambiente o que se viviría na tarde de sábado no campo do Cairo.
O medo a perder e a tensión do derbi impediu ver un choque máis dinámico, atenazando moito ás cormelás ante un Ponteceso que buscaba ter o dominio e presionando en campo rival, dificultando moito o xogo das cormeláns
Froito desa boa presión chegarían varias xogadas de perigo por medio das atacantes Lauriña e Andrea na que a defensa local se mostraría moi segura e contundente. Tamén as de Rubén Souto conseguía chegar á meta por medio das internadas de Carla, pero María estaba segura baixo paus.
Á media, a capi pontecesá adiantaba ás súas tras un penalti cometido sobre Muíño. Pero pronto un mal rexeite da defensa visitante permitía a Naroa meterse dentro da área e darlle o pase de morte a Carla para facer o empate.
Volveu estar o cadro de Curro un punto por encima das locais, facendo dano nos saques de banda de Ainhoa. Veulle ven o aire fresco de Vir, Lara Fariña e Laura (tiña máis fondo do armario Curro que Rubén), e co paso dos minutos as pontecesás apretaban máis ata a xogada clave: Unhas mans eran sinaladas como penalti, que transformaba de novo Eva para facer o 1-2.
Subiría liñas neste último treito o Corme para intentar lograr o empate, pero a defensa pontecesá esivo moi firme.
Abellá - Cerqueda (12-0)
- Cerqueda: Valeria, Jimena, Lucía, Uxía, Mónica, Pauliña, Tati, Raquel, Andrea, Mariña e Isa. Tamén: Sonia; Paula Casal, Vanessa, Inés e Carla.
Necesitaban os puntos as locais e non deixaron respirar as cerquedás, que rematan esta dura liga en postos de descenso. Así e todo foi mal partido das de Dani Riexía, superadas xa dende o pitido inicial, que ademais perde 3 xogadoras.
2ª DIV. FEM, GR.4, XORNADA 26
Calo - Xallas (4-2)
- Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Andrea Otero; Ali, Andrea Barbeira, María; Olalla, Yasmina e Paula Barcia. Tamén: Inés, Nuria, Paula Barcia, Yaiza e Paula Gándara.
- Goles: 1-0, m.24; 2-0, m.35; 3-0, m.44: de penalti; 3-1, m.61: Yasmina; 4-1, m.65; 4-2, m87: Yaiza.
O Xallas que lles fixo o pasillo as locais antes do comezo, puido ter remontado. E iso que as locais se colocaban 3-0 ao descanso, a pesar de que non fixo mala primeira metade.
O Xallas entrou o campo na segunda metade un tanto máis precavido e coas liñas xuntas e abofé que o fixo xa que apenas lles concederon chegadas de perigo as locais. Yasmina faría o 3-1 un bo gol despois dunha boa triangulación con María. Voltaría a anotar o Calo e nos derradeiros minutos Yaiza faría o seu primeiro gol da tempada sorprendendo dende fóra da área a meta do Calo facendo o 4-2 final.
Mazaricos - Cee (1-3)

- Mazaricos: Araceli, Claudia, Peta, Fátima, Ánxela, Buján, Silvia, Saray, Dani, Tamara, Lúa. Tamén xogaron: Leire, Romay, Paula R, Hermida e Katia.
- Cee: Noemi, Lucía Rod., Alba, Lucía Facal, Nerea, Laura, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Lucía Caamaño, Ruth Lucía Martínez. Tamén: Lucía Ramos, Sabela Abel, Sabela Corbelle, Antía e Nayara.
- Goles: 0-1, m.22: Nerea; 0-2, m.38: Saray Duarte; 0-3, m.43: Lucía Martínez; 1-3, m.47: Tamara
Partido con pouco ritmo onde o Cee levou o mando de partido pero sen apabullar á defensa amarla. As de Borja tamén tiveron ocasións, pero o Cee tirou de eficacia e experiencia. Con 0-3 ao descanso marcharon as azulonas.
Saíron mellor as locais na segunda parte cunha Tamara activa que aproveita un erro defensivo e marca o 1-3. A partir de aí o partido apagouse e apenas houbo ocasións para ningún lado.
Dubra - Dumbría (0-8)
- Dumbría: Lía, Lucía, Carril, Noa, Mai, Eva, Claudia, Fandi, Sabela, Kelly e Juliette. Tamén: Naira, Paula Rodríguez, Icía, Yoli e Ainoa.
- Goles: Eva, Juliette, Kelly, Fandi (2), Claudia (3)
Non podía haber mellor escenario para despedir a liga que o céspede natural do Juan Baleato, da gusto atopar campos así onde practicar fútbol do de sempre, terreo coidado e trato de 10 dunhas rivais que plantaron cara a pesar de estar en fase de iniciación ante unhas dumbriesas cunha marcha máis, que non tardaron en collerlle xeito ó tapete e levaron de inicio a fin o peso do encontro trenzando bonitas xogadas e facendo 8 goles, que se repartiron, como durante a temporada, Eva abreu a lata, Claudia facía un triplete, Juliette culminou un xogadón de Eva, e Kelly de libre directo faría un dos máis fermosos. A capi Fandi gañoulle a apuesta ó míster facendo o seu 25 gol da temporada, e por si acaso reclamaba o de penalti asegurou con outro máis na sua conta particular, 26 goles xogando de mediocentro, ben valen un churrasquiño.
Praíña - As Miúdas (2-0)
- As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Marta Verán, Ana Romero, Ximenta, Marta Piñeiro, Leti, Patu, Bárbara.Tamén: Uxía, Clara e Naiara.
- Goles: 1-0, m.4; 2-0, m.49.
Bo equipo o Praíña que comezou xogando moi ben, combinando moito, dominando durante o primeiro tempo. As de Lucho estiveron algo frouxas no medio campo e non puideron superar ao cadro. Dous goles ao comezo dos dous tempos foron suficientes para sentenciar
Máis info
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- O CF Dumbría sumará un terceiro equipo feminino.
- #FUTFEM: O CF Muxía xunta 30 rapazas para o seu primeiro adestramento.
- As Seleccións da Costa Femininas demostraron estar a un gran nivel no Campionato Galego.
- O Fisterra únese á revolución do #FUTFEM con dous equipos.
- O Seaia tamén se apunta á revolución do #FUTFEM.
- ANALIZANDO A SEGUNDA FASE DA 2ª FUTFEM