Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Gol fabrícase en Louro

Goleadores de Louro
Goleadores de Louro
O Gol fabrícase en Louro

Esta fin de semana o fútbol galego volveu dar conta dun feito: O gol na provincia ten Denominación de Orixe loureá, como o ratifican os 2 goles de Riki para o UD Monte Louro no derbi muradán da Liga da Costa, os tantos de Xián Pais e Raúl Lado para o Dumbría no derbi ante o Fisterra da 1ª Galicia; o tanto de Adán Vara para o Flavia ante o Baio tamén na 1ª, o tanto de Juan de Dora para o Betanzos de 3ª RFEF; ou os dous tantos que xa leva Juan de Celia co Negreira este curso na mesma categoría ou o

5 xogadores naturais de Louro que demostran o potencial desta parroquia de Muros. 

Mención merece Juan de Dora, que volvía dunha longa lesión e xa leva 1 tanto en Liga. Os mesmos que Xián, o ex do Louro, que o ano pasado estivo entre os máximos goleadores da Liga da Costa, este ano deu o salto a unha primeira que parece quedarlle ata pequena. Salto tamén o que deu Juan de Celia, despois dunha gran temporada no Xallas o curso pasado, fichou polo Negreira, claro aspirante ao ascenso. Mentres, Riki segue dando leccións de bo fútbol en Agra da Filgueira. 

Comentarios