Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría pega primeiro

Dumbria-Fisterra no Conco
Dumbria-Fisterra no Conco
1ª Galicia: O Dumbría pega primeiro

O primeiro derbi entre Dumbría e Fisterra acaparaba a atención desta 4º xornada da 1ª Galicia. E foi o Dumbría o que pegou primeiro tras un fermoso partido vivido no Conco.

No alto da táboapuido o cadro de Dani Casal co potente Puebla, que queda líder en solitario. Os de Dani Casal pelexaron ata o final e obrigaron aos da Barbanza a pedir a hora, malia colocarse 2-0 na primeira metade.

Polo demais, vitoria clave da Esteirana ante un rival directo, e derrota, relativamente normal, do Baio en Padrón.

Puebla - San Lorenzo (2-1)

  • San Lorenzo: Dani Fedello, Lucho, Iago, Juanjo, Andy, Mateo Canedo, Jairo, Diego, Iago López, Alex Taibo e Arantón. Tamén: Puyol, Samuel, Raúl, Hugo Canedo, Ricardo Moya e Dutra.
  • Goles: 1-0, m.3: Víctor Molinos; 2-0, m.41: Parga; 2-1, m.57: Juanjo.

Un gol nada máis comezar (empezou algo durmido o cadro carballés), en posible fóra de xogo, e outro ao fío do descanso tras un mal pase atrás a Fedello, parecía sinalar que ía ser unha segunda metade de trámite. A primeira foi igualada, cun San Lorenzo que intentaba xogar ante un Puebla moi firme esperando atrás e facer dano á contra. 

Pero os de Dani Casal saían a por todas na segunda, dende o primeiro minuto. Malia que o Puebla se defendía ben, os carballeses chegaban con perigo e volvía ser Juanjo (leva 4 goles en 4 partidos e está no alto da táboa xunto a Alberto Fraga, do Tordoia) o que metía ao cadro carballés de cheo no partido. Intentouno unha e outra vez, sen grandes ocasións salvo unha falta ao borde da área, que Taibo estrella contra a barrera. O Puebla tirou de oficio e foi matando o partido con interrupcións continuas ata o pitido final.

Dumbría - Fisterra (4-0)

Dumbria-Fisterra no Conco co trio arbitral

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Kanario, Miller, Baba, Alex Sánchez, Xián, Dani Chao, Lucas Toba, Mario. Tamén: Carlos, Raúl, Alex Sendón, Dani Fraga, Rivi, Mataso, Alex Blanco.
  • Fisterra: Joselu, Colombiia, Rubén, Lobelos, Luisete, Juan Trillo, Jano, Mario, Isaac Fábregas, Estévez, Adrián Makaay, Tamén: Paulo, Javi Pacín, Mauro, Santos, Adri Castro, Moha e Guille.
  • Goles: 1-0, m.18: Xián; 2-0, m.40: Raúl; 3-0, m.64: Mataso; 4-0, m.73: Álex Sánchez.

Xusta vitoria do Dumbría no primeiro derbi entre dous equipos formados cos mesmos vimbios. Comezou o choque tenso, sen dominador claro. Se ben o cadro de Diego Lobelos se puido meter por diante cun remate de cabeza de Makaay que se foi alto, foi Xián o que abriu o marcador para os dumbrieses. A partir de añi, os de Pablo Conde tomaron o mando do partido, con moito máis balón e chegando á área contraria.

Afectou demasiado a lesión de Isaac Fabregas no bando visitante, que encaixaba o segundo ao fío do descanso. Así e todo empezou mellor o equipo verde a segunda, pero o Dumbría foise impoñendo a base de posesión e sentenciou con dous novos goles a balón parado.

Esteirana - Cruces (3-2)

  • Esteirana: MJ, Code, Tobío, Samuel, Damián, Pachi, Sergio, Alex Rama, Adrián Abelleira, Elías, Piki. Tamén: Kevin Rial, Pablo Rama, Carajillo, Kevin Lariño, Alex Vega, Alex Louro e Martín.
  • Goles: 1-0, m.3: Adrián Abelleira; 1-1, m.4: Alex Varela; 2-1, m.11: Elías; 2-2, m.51: Alex Varela; 3-2, m.60: Piki.

Importante vitoria ante un dos rivais directos da parte baixa do equipo de Néstor, que segue crecendo pero aínda ten que madurar para ser máis competitivos na categoría.

Foi un bo partido do cadro esteirán, arriba xerando moitas ocasións de gol, metendo perigo en todo momento, e abaixo sen sufrir demasiado. Un partido que puido acabar cunha maior renda pero non acabou de sentenciar e acabou pedindo a hora tras dúas xogadas illadas nas que os visitantes eran quen de empatar ata en dúas ocasións.

Pero o tanto de Piki no ecuador da segunda metade deu 3 puntos fundamentais aos esteiráns.

Flavia - Baio (4-1)

O Baio en Padron-Foto-Luis Gonzalez
O Baio en Padron-Foto-Luís González
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Pazos, Iván Rod., Dani López, Aitor Vilas, Sergio, Pablo Díaz, Guille Botas, Bieito e Uru. Tamén: Ivá Fraga, Bruno, Josiño, Rubén, Guille Eiroa e Sergio Rod.
  • Goles: 1-0, m.19: Marcos Paz; 1-1, m.31: Diego de penalti; 2-1, m.52: Adán Vara; 3-1, m.62: David Triñarez; 4-1, m.76: Jorge Rama.
Bieito capi do Baio en Padron co Flavia-Foto-Luis Gonzalez
Bieito capi do Baio en Padron -Foto-Luís González

Vitoria demasiado abultada pero merecida dun dos aspirantes a todo, nun Municipal do Souto que pasa por ser un dos campos máis difíciles da categoría. Na primeira metade os baieses foron quen de con contrarrestar os puntos fortes do cadro padronés, facéndolles estar incómodos. E malia ver como se puñan pronto por diante, os de Félix conseguiron empatar o partido.

Pero na segunda, sen un esforzo excesivo, o equipo local moi metendo atrás aos visitantes marcando 3 novos tantos en xogadas a balón parado, aproveitando a debilidade da defensa branquiazul.

  
Baio-Padron-Foto-Luis Gonzalez
Pazos no choque. Foto-Luís González

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios