Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Historia da Copa da Costa: o Soneira do 2000

Historia da Copa da Costa: o Soneira do 2000
A historia moderna do Soneira está chea de éxitos, unha traxectoria que o levou a Preferente, e a conquistar dúas Copas da Costa. Se nos retrasamos no tempo, o inicio deste equipo cheo de triunfos está na tempada 99/00, onde un grupo de rapaces de Vimianzo levantaron á afección do seu letargo, levaron ó equipo a unha final da Copa da Costa por vez primeira e puxeron o nome do Soneira en primeira liña do mapa costeiro. E non foi tanto o feito en si, como a forma na que sucedeu. Aquí o contamos. O Soneira da liga, coa incorporación de Huelvis, foi a sorpresa da Copa O torneo ligueiro non fora especialmente brillante. O equipo rematara nunha mediocre oitava plaza, con 38 puntos, mais cerca do descenso que dos postos alto. Por dar dous datos de futuros rivais na Copa, o Carnota fixera 50 puntos, e o Castriz fora campión de liga con 68: 30 puntos mais que o Soneira¡¡¡ A base do equipo era un grupo de xoves rapaces, que nun futuro serán base do equipo: os Michel, Pastoriza, Víctor, Manuel Ángel, Antelo, José Ángel, ou Fran de Urroa, acompañados dun par de xogadores mais expertos: o veterano Lareiras e o fenomenal Manolito de Dumbría, xogador nunca suficientemente valorado na Costa, e que será un elemento chave nos éxitos copeiros. Despois de eliminar con facilidade a Alcaián e Corcubión facilmente nas primeiras roldas, o plato forte chegou en cuartos de final. O cadro deparou o enfrontamento co campión de liga, o Castriz. Era aquel magnífico equipo de Santa Comba no que despuntaba un xovencísimo xogador que sería historia na Costa, Doro. E arredor del, os non menos coñecidos Jota, Loyo, Mata, Serra, Moreno ou Ricard. Un equipo que arrasara na liga, temible a mais non poder. O Soneira foi sen complexos a Castriz a xogar o partido de ida, e vence por 1-2 con goles de Lareiras e Fidel. Neste partido debuta o cancerbeiro Huelvis, procedente do Xallas, que firmara unicamente para os partidos de copa. Será protagonista inesperado do desenrolo da competición. O partido de volta é unha locura. O Castriz, picado no seu orgullo, remonta a eliminatoria con goles de Moreno e Doro. Aparece a figura de Manolito, que anota o 1-2, e iste resultado da lugar á prorroga. A fama de parapenaltis coa que viña Huelvis, que detivera uns 8 ou 9 no torneo de liga, fixo que o mister Sieso fixera un troco chegando ó final da prorroga: sae José Ángel e entra Huelvis na portería. O gardameta é recibido cunha ovación e máscase a eliminación do Castriz. O destino, cruel a veces, fai que na última xogada do partido un disparo de Mata de no pao, e lle caia na man a un sorprendido Huelvis, que a piques estivo de non mostrar as súas cualidades na tanda de penaltis. A tanda foi un despropósito. O Castriz so mete un tanto. Huelvis para dous penaltis e asusta en outros dous que saen fora. O Soneira está nas semifinais. Alí esperaba o Carnota. Era un gran equipo este Carnota adestrado polo gardameta ceense José Carlos. O propio adestrador era un seguro na portería. Martín un bo central, Pedrosa ordenaba no medio, con Pato nunha banda e o coruñés Jorge Cajide un puntal no ataque. Con goles de Miguel e Jorge Cajide o Carnota vence 2-0 na ida. Toca remontar. O partido de volta é épico. Baixo unha calor abafante e co campo de Vimianzo a rebosar, no minuto 1 de encontro é expulsado Manuel Ángel. A remontada parece imposible. O partido é frenético, cheo de ocasións e novamente é Manolito o elemento chave. Anota os dous tantos do Soneira, que con 10 iguala a eliminatoria. Chega a prorroga e a instrucción de Sieso é clara: hai que chegar ós penaltis¡. A tanda é tremenda. O Carnota... non mete nin un so penalti¡¡¡ Huelvis volve a ser o heroe. O Soneira, incriblemente, está na final. A final foi outro cantar. O rival era o potentísimo Puenteceso, equipo importante da 1ª autonómica, que tiña un plantel cheo de figuras: os irmáns Pereda, Lerma, Cano, Baleirón, Vicky, Miguel Torrado, Marco Docabo, Robi, Migueliño... O Puenteceso de Javi Bardanca vence 1-3 en Vimianzo, e 2-0 en Puenteceso. O Soneira é subcampión, pero o feito de non levar o título non fará olvidar a este grupo de rapaces esa tempada, grabada con letras de ouro na historia do club.

Comentarios