Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Interrogatorio de Leis con… Dora

  • ”Nós o único que lle pediamos e que si se comprometía tiña que ser responsable e ter compomiso”.
  • ”Unha das cousas que mete en falta ao xogar lonxe de aquí é non poder xogar a Copa da Costa”.
Juan de Dora co seu pai e a nai nunha Gala de QPC
Juan de Dora co seu pai e a nai, a protagonsta de hoxe, nunha Gala de QPC
O Interrogatorio de Leis con… Dora
Xogadores, arbitros, adestradores, directivos, directores deportivos, olladores, periodistas e un longo etc... soen copar os medios de comunicación e as RRSS adicadas o mundo do fútbol, nos hoxe imos centrarnos nos familiares, mais concretamente nunha nai. Se pregunto pola nai de Juan Lado Formoso moitos non sabran ubicala pero si pregunto pola nai de Juan de Dora xa nos sona mais. De Juan xa sabemos moitas cousas, que marca goles e todo iso pero a Dora non a coñocemos tanto asi que hoxe vamos tratar de coñecela un pouco máis.

O Quecemento

banner O Moncho 300x250

  • Óscar Leis: Eras futbolera antes de que Juan empezase a xogar?

Si xa era, meu pai mais eu iamos a todos os partidos da U.D. Monte Louro cando era noviña. Xa sempre me tirou o futbol, o meu home tamen xogou o futbol e no Louro.

  • Ó.L: Xa sabemos como acabou sendo chamado Juan de Dora? Quen llo puxo, o Sr. Lado aquí presente non se opuxo?

Puxeronllo os seus amigos para diferenciar os distintos Juans. Non se opuxo incluso a el algunha vez tamen lle chaman igual.

  • Ó.L: Cando nunha entrevista ou crónica lle chama Juan a secas, enfádaste?

Pois a verdade é que non me gusta moito, xa me afixen ao de Juan de Dora e teño que dicir que el si que insiste en que lle chamen Juan de Dora.

 

O PARTIDO

1ª PARTE

  • Ó.L: No campo, os que o conocemos xa sabemos como é, pero no dia a dia que tal?

Agora é moi sensato e responsable, de feito antes dos partidos evita saír e trata de descansar para estar ao 100% no partido. De máis rapaz, cando pasaba algo malo no pueblo sempre estaba polo medio, era algo trasto, pero bo rapaz.

  • Ó.L: Cal é o primer recordo que tes del nun campo de fútbol?

Cando empezou na escola con 3 anos xa andaba co balón nos pés vendo como adestraban os máis grandes e despois xa no fútbol 7 que os entrenaba Joja e o fútbol sala con César O Canelo, eses son os primeiro recordos.

  • Ó.L: De aquel Juan atravesado que chegaba a casa con “tatus” ao actual, hai moita diferencia?

Sempre foi boiño, atravesado pero de bo corazón. Agora xa non e tan atravesado e segue tendo moi bo corazón.

  • Ó.L: Saíu de Louro, pasou por Dumbría, Sofán, Victoria, Vilalbés, Paiosaco, Fisterra ata chegar a Betanzos, é só ten 24 anos, con que etapa te quedas ata o de agora?

Coa de Dumbria, xa non só polos resultados, senón porque conformamos unha familia fabulosa entre todos, con xente de Louro, Fisterra, Camariñas, Muxía, etc… que a día de hoxe seguimos mantendo amizade.

Cea da familia do CF Dumbria
Cea da familia do CF Dumbría
  • Ó.L: A primeira parada foi Dumbría costou dar o paso e atravesar o lago?

Costou, pero tiñamos ganas. Ademais de Juan, tamén foi primeiro un amigo seu, Abel, outro rapaz de aquí de Louro, e ao ser máis de un levámolo mellor. Era o primeiro cambio pero foi unha gran experiencia.

  • Ó.L: Chegou a chamada da Selección Galega na que se converteu nun habitual chegando a xogar e marcar no Campeonato de España en Zafra, clasificando a Galicia para a fase final. Unha gran experiencia, esa cita en Extremadura foi a primeira vez que se separou da familia. Como o vivistes vós?

Nós moi contentos, sabíamos que era unha experiencia única para un rapaz desta zona xa que non era moi habitual que os chamasen da Selección galega. A el si que lle costou algo máis dar o paso pero despois disfrutouno moito.

 
juan de dora seleccion galega
Juan de Dora coa Selección Galega

2ª PARTE

  • Ó.L: De Dumbría saíu cara a Coruña para xogar en Nacional no Victoria. Aíi foi o momento de saír a vivir fóra da casa polos estudios. Di a verdade, costouche non velo a diario ou dixeches aliviada “POR FIN!!”?

Costoume moitísimo porque seu pai estaba embarcado e súa irmá xa estudiaba fóra, e el era a miña compañía día tras día e tiñamos a rutina de ir adestrar a Dumbría e aos partidos co resto de familiares dos rapaces. E queiras que non foi un cambio grande para min, extrañábao moito.

  • Ó.L: Tras finalizar a súa etapa xuvenil, pasa polo Sofán e despois firma no Vilalbés. Esa pretemporada ten moito merito tanto por el como por vós, xa que el traballaba en Louro e desprazouse a diario ata Vilalba. A dia de hoxe poucos rapaces son capaces de ter ese compromiso e forza de vontade, algo de “culpa” será vosa, non?

A verdade é que esa Pretemporada foi agotadora para el e sobre todo para seu pai que era quen o levaba cada día, xa que el aínda non tiña carnet de conducir. Nós o único que lle pediamos e que si se comprometía tiña que ser responsable e ter compomiso polo tanto tiñamos que axudarlle cos desprazamentos. Foi duro pero unha etapa máis da súa aprendizaxe. Valeu a pena, date conta que era 3ª División.

  • Ó.L: Dende moi cativo sempre xogando e non precisamente cerca de Louro, menudo esforzo fixestedes tempada tras tempada, kilómetros e kilómetros, metendo a vista atrás como o valorades? Pagou a pena tanto esforzo?

Pasamos moitos traballiños por esas estradas, saír do colexio el e nós do traballo, apuralo para deixar os deberes feitos e arrancar… Á volta xa era de noite, cear e para cama… A verdade é que o esforzo foi grande pero ceemos que valeu moito a pena por el e por nós tamén. Valeu a pena no aspecto deportivo porque el disfrutouno moito e nós fixemos moitos amigos e vendo a el feliz nós estabamos máis que recompesados.

  • Ó.L: Falase moito da falta de cultura do esforzo. Para min vos representades precisamente o contrario, estivestes sempre aí para axudarlle. Que lle dirías a unha nai ou pai que están no punto de partida como estivestedes vós nos inicios de Juan?

Que se o fillo ou filla lles gusta o deporte, hai que inculcarlle os seu valores, ter compromiso con quen che dá a oportunidade e que a pesar de que foron moitos e moitos kilémetros e tamén, porque non dicilo, moitos gastos en gasoil, coche, etc… vale a pena porque polos fillos faise o que sexa. No noso caso como che dixen antes aportounos moitas cousas e moitas amizades. Repetiríamolo e animamos a que a xente lle dea importancia aos valores que se adquiren co deporte.

  • Ó.L: Joseiño, Amigo, Geno, York, Benito, Caluso, Ramón Rey, Olimpio, Manoliño, Joja, actualmente Juan de Celia, Juan de dora, Riqui, Xian e podria seguir nomeando grandes xogadores nados en Louro, que lle dades de comer aquí?

Carne do Sabila jajajaja (que tamén queda na familia). A verdade é que de aquí sairon moi bos xogadores en todas as épocas e que Juan estea nesa lista fainos moita ilusión.

  • Ó.L: A U.D. Monte Louro actualmente formado por moitos xogadores do lugar facendo bo fútbol con Bibi ao mando. Soñas con Juan xogando en Agra de Filgueira algun día?

: Pois si, e algo que está aí e oxalá se poida dar nun futuro, pero xa é cousa del, sempre que pode vai o campo animar ao equipo. Gústalle moito estar ao día do club.

  • Ó.L: E xa de paso gañar a Copa da Costa e sacar a espiña da final en Baio na etapa do Sofan?

Ese dia foi moi triste porque todos tiñamos ganas de que saisen campións, pero os penaltis caeron do outro lado. Para todos a Copa é moi especial e oxalá poida gañala algún día, pero xa ten 2 de Xuvenís, a ver si lle añade a de maiores. Unha das cousas que mete en falta ao xogar lonxe de aquí é non poder xogar a Copa da Costa.

  • Ó.L: O 28 de decembro está aí cerca... VUELVE A CASA…

jajajaja Varias veces saiu “fichado” aquí na U.D. Monte Louro nesa data, oxalá algún día se faga realidade pero polo verán.

 

A prorroga

Juan de Dora celebrando un tanto co Dumbría Xuvenil-Foto-Jorge Parri
  • Ó.L.: Pasastes moito frío no Conco?

Moitísimo, pero tamén porque nos gustaba ir para grada ver os adestramentos, non tiñamos porque pasar tanto frio xa que as instalacións do Conco son moi boas, pero nós ao lado do equipo sempre, ata nos entrenos, eramos unha familia.

  • Ó.L.: Que momento de todas estas etapas tes grabado?

Cando xogando coa Seleccion Galega en Caranza marcou un gol, ese momento foi moi bonito e emotivo. E os ascensos co Dumbría á Galega e Honor en cadetes e a Galega en Xuveniles.
Momentos inolvidables, pero se me teño que quedar con un qéedome cando ganou a Copa da Costa Xuvenil en Louro ante a Esteirana, para nos era un derbi no Agra de Filgueira, o ladiño da nosa casa. Momentazo.

  • Ó.L.: Completa a frase: “do lago para alá…”

Terra de Bárbaros, JAJAJA (Louro, a terra da entrevistada, limita con Lariño, terra do do entrevistador).

Penaltis

Dime os teus preferidos ou preferidas:

  • 1º: Un/ha porteir@: Iván Bouzón.
  • 2º: Un/ha defensa: Canario.
  • 3º: Un/ha mediocampista: Edu e Yeray.
  • 4º: Un/ha dianteir@: Un tal Juan de Dora.
  • 5º: Un/ha adestrador/a: Diego Lobelos e un tal Óscar Leis.
 

O Interrogatorio de Leis

 

Outras entrevistas en QPC: Os traballadores na sombra

Comentarios