Martes. 19.03.2024
El tiempo

Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira"

Barrie Ponteceso a dereita con David Curro
Barrié, á dereita, con David Curro, imaxe de dúas xeracións ben diferentes pero igualmente comprometidas
Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira"

Seguimos dándolle voz a esas persoas que, co seu traballo desinteresado, fan posible que os seus clubs fagan rodar o balón, ano tras ano dentro dunha directiva, e dando os seus consellos ás novas xeracións que veñen atrás.

Eduardo Vidal Soto, máis coñecido como “Barrié” é un claro exemplo, que desde o inicio do seu club está aí para todo. Pasan xogadores, directivos, campos de fútbol… Pero Barrié segue aí.
Coa axuda de Alberto Recarey, falamos con el. Aquí tendes o audio, que vale a pena escoitalo íntegro:

 
  • QPC: Como chegaches o clube?

Pois coma un rapaz máis de bario que xogabamos na feira, e había trociños de campo xunta o concello que onde iamos xogar. Non tiñamos indumentaria, os que eramos fillos de traballadores facían as nosas nais uns pantalóns cortos; os máis acaudalados si que podían comprar botas, era unha indumentaria moi carnavalesca, pero pouco a pouco fomos xuntando un equipo. Despois xa nos fomos modernizando pouco a poco e recordu que en 1963, o 28 de decembro, xa estrenamos as novas camisetas cando nos federamos e participamos na Liga da Costa.

 
  • QPC: Cantos anos levas dedicado a entidade?

Na entidade estiven moitos anos, desde o principio diría, despois por circustancias de mili e traballar por fóra non estiven, pero cando viña sempre aportaba o meu gran de area axudando cos carnets e labores do campo.

 Barrie traballando no Pinguel
  • QPC: Cal é a súa labor actualmente no Ponteceso?

A miña labor aparte de vicepresidente do Ponteceso, máis ou menos fago as funciáns que se dan habitualmente, fago de delegado cos cadetes, encárgome das tareas do campo nos partidos de locais, son un dos encargados de captar socios, temas de lotería, propogando, encargado das equipacións.

 
  • QPC: Como vicepresidente cal foi a decisión mais difícil de tomar?

A única decisión difícil que tiven, non a efectuei eu directamente, foi cesar a un adestrador que non vou decir quen é , era de Carballo e boa persoa, e destituiíono algúns membros da directiva sen o meu respaldo, por capricho dalgúns directivos e do presidente de aquel momento, despois de xogar en Nantón e gañar no último minuto que nos metía na segunda praza. Os directivos fóronse antes de acabar o partido xa coa intención de cesalo, unha decisión mal recibida por parte de moitos socios que se deron de baixa esa misma semana, como eu tamén abandonei as miñas funcións por ese tema, por uns directivos lorcháns e do carallo que só acudían os partidos que eran cerca de Ponteceso. Os directivos teñen que estar domingo a domingo, lonxe cerca ou onde sexa. E foi algo que me doiu moito porque eu quérolle ao Ponteceso, quérolle e querereino sempre.

 
  • QPC: Delegado na base, será un orgullo que os senior se nutran na súa maioría de xogadores da canteira?

Hoxe en día somos un bloque directivo, e parece ser que ainda hai algo de envexa porque o Ponteceso vaia ben, e manteña todas as categorías. Algunhas van ben e outras non tan ben, pero desde os benxamíns que serán o futuro e nas outras categorías vamos proporcionando xogadores para cada categoría ata chegar a seniors. Para iso necesitase moito apoios e estamos moi contentos cos pais dos nenos. En fin somos un conxunto moi unido entre afeccionados, xogadores e socios, e o que me fastidia e que haxa envexa a eso de algún que abandonou este club.

 
  • QPC: Podería decir a mellor xeneración do Ponteceso?

A mellor xeración sería a de xuvenis de fai 3 ou 4 anos, que agora nutren os seniors. Gústame ser sinceiro, pase o que pase, e houbera o que houbera, Mato aportou boas ideas e sacou un equipo moito adiante. El sempre quixo o mellor para o club e todo e tera os seus fallos como calquera, pero en xuvenís foi un gran entrenador, digan o que digan.

 Ponteceso con Barrie copia
  • QPC: O club crece, e con iso as novas instalacions, iso é importante?

Iso é importantísimo, os rapaces ven isto e saben que hai xente detrás que esta loitando polas mellorías todas que se están a facer. Ponteceso merecese como calquera concello merecese unha cousa deportiva cada vez mellor porque os rapaces están con máis ilusión.

 
  • QPC: Viviches moito fútbol, cambiou moito a forma de levar un equipo?

Eu creo que vamos en melloría. Pasei tantas etapas de padecer tanto de perder e ganar, pero estamos facendo algo de clasificación de honor.
Temos unión na directiva e nos xogadores, o fútbol hai que vivilo con paixón e celebrar os goles todos xuntos. Acórdome dunha frase que dixo un adestrador, “Non hai mellor vitoria que saber admitir una derrota, porque sufres unha vez soa, porque se no admites a derrota, sufres unha por perder e outra por estar descontento co resultado”.

 
  • QPC: Cal foi o mellor e peor momento que viviches?

Un dos peores momentos son varios acumulados de perder finais de Copa da Costa, ou de perder ligas no último momento. Outro que me afectou moito foi a lesión de Mato, contra o Corme, creo que foi fortuita, non digo que quixeran facer adrede romperlle a perna. Agora creo que estamos máis unidos na base porque se levan nos colexios, pero sempre hai algúns afeccionados que non queren esas amizades. Corme e Ponteceso son iguais e do mismo concello, non poden dicir que Corme é o concello, Ponteceso é o concello e Corme é de Ponteceso, e temos que tar unidos.

 
  • QPC: Barrié ten data de caducidade, ou aínda queda moito para pensar niso?

Sinceramente coa man por encima da chaqueta o lado do corazón, digo que Barrié non ten fecha de caducidade, cando a teña será cando Dios queira. Pero vaia para onde vaia, quero o dia que vaia se alguén se acorda de min, que me poñan unha camiseta do Ponteceso co escudo xa é suficiente, e xa llo comuniquei a todos os presidentes e tamén ao actual, que estou orgulloso de el por ser o máis novo do fútbol costeiro.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios