Martes. 19.03.2024
El tiempo

Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“

WhatsApp Image 2020-01-16 at 12.05.21
Rama, á esquerda, xunto a Geno, celebrando o título da Copa da Costa coa Esteirana 2019
Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“

Seguimos coñecendo toda esa xente silenciosa que fan posible que cada domingo 32 rapaces salten ao campo de xogo a facer o que máis lles gusta. Esa xente, como Manolo López, alma do Dumbría, que traballa dende a sombra para que o resto poidamos disfrutar.

Hoxe imos ata Esteiro, onde Jose Ricardo García Rama, é o culpable, dende hai 8 anos, de que todo vaia tan ben, de que as cores “roxiazuis” se visibilicen en toda a provincia.

 
  • QPC: As persoas de Esteiro coñécente ben, pero ti como te definirías?

Son unha persoa que se dedica ao seu traballo e á familia, e despois o tempo que podo adícollo á Esteirana.

 
  • QPC: Como chegaches a Esteirana?

Eu vivía en Noia tendo os rapaces xogando ali, pero por temas familiares tivemos que virnos para Esteiro, incorporándose os dous pequenos a xogar aquí, e Kiko propúxome entrenar aos infantís.

 
  • QPC: Que e para ti a Esteirana?

Ante todo un sentimento (roxiazul), que á verdade me enganchou desde o principio, e que a verdade é precioso ver a ilusión que teñen todos rapaces de todos os equipos inferiores cos xogadores seniors. Ademais de ver as gradas todos os domingos con máis de 200 persoas no campo.

 
  • QPC: Cantos anos levas dedicado o club?

Empecei de entrenador no 2012 e continuei na seguinte temporada.
Posteriormente no 2015 colleu a presidencia Manolo Ferrolán e formuloume levar a coordinación dos equipos, co que sigo actualmente.

 
  • QPC: Cal é o aspecto que lle parece máis gratificante do seu traballo?

Iso téñoo moi claro. Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación en todos estes anos? Ten en conta que ademais de estar na Esteirana, tamén entrenei nas categorías inferiores do Noia anteriormente e podo presumir das grandes relacións que fixen durante este tempo.

 
  • QPC: Cando pasas tanto tempo nesta afección, repercute na familia?
A verdade ñe que teño moita comprensión na casa e saben que disfruto coa miña afección.

 

  • QPC: Como viviches a tempada pasada?

Foi unha temporada agridoce. Por un lado tivemos a desgracia de descender pero polo contrario acadamos a Copa da Costa. Porén, como eu digo o descenso non se recordará dentro de uns anos pero a Copa queda para toda a vida.

 
Directivos da Esteirana celebrando a Copa da Costa 2019
Directivos da Esteirana celebrando a Copa da Costa
  • QPC: E como estás vendo a tempada actual?

Con moita ilusión. Agora mesmo estamos a 3 puntos do líder e teñen que vir xogar ao Xosé Luis Vara os dous primeiros, polo que estamos na loita polo ascenso.

 
  • QPC: Como coordinador da base, que principios fundamentais cres que se deben de traballar nunha escuela de fútbol?

O principal é que os rapaces veñan con ilusión a xogar e disfrutar co fútbol ca idea de que algún día poidan chegar a xogar cos seniors e si despois sae algún que poda xogar en categorías superiores e levar o nome de Esteiro polos campos, mellor aínda.

 
  • QPC: Co auxe do fútbol feminino está en mente crear un equipo?

Por agora é moi complicado xa que temos moi poucas rapazas, aínda que cada ano que pasa se incorporan máis.

 
  • QPC: Ten un soño para o club ou xa se realizou?

Debemos de ser realistas e saber que somos un club modesto onde non cobramos cota os xogadores das categorías inferiores e que o equipo senior está formado por xogadores que estiveron na nosa canteira, salvo Elías e Jorge.
Por iso a nosa máxima aspiración sería acadar a 1ª Rexional e manternos uns anos e ca misma filosofía (xogadores da casa con algún reforzo que nos dea un salto de calidade).

 

  • QPC: Tantos anos apoiando as cores blaugrana, no fútbol profesional tamén tes os mesmos gustos?

Non. Eu son blanco acérrimo.

 

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios