Martes. 19.03.2024
El tiempo

Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”

Hoxe comezamos unha serie de entrevistas a eses persoeiros que, dende a sombra, fan posible que rode o balón. Esas figuras que coidan que todo estea listopara que os xogadores poidan saltar ao campo sen preocupacións, e que os afeccionados teñados todo no seu sitio para arengar aos nosos. Queremos adicar unhas liñas a es@s directiv@s silencios@s e imprescindibles.
Manolo Lopez recollendo un premio na primeira Gala do Fútbol da Costa QPC
Manolo López, recollendo un premio na primeira Gala do Fútbol da Costa-QPC
Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”

Coñeceremos un pouco máis a Manolo López, unha de esas persoas en perigo de extinción no Fútbol da Costa, que fai que o seu clube respire tranquilo sabendo que el está aí para todo.

 
  • QPC - Cantos anos levas vinculado o Dumbría?

Desde a súa fundación. No vindeiro mes de febreiro cumpriranse 24 anos.

 
  • QPC - Despois de tantos anos, mirando atrás. Imaxina a súa vida sin estar aquí?

Imaxino, pero non hai volta atrás. En calquera caso estou moi satisfeito..

 
  • QPC - Cal é a súa labor dentro do clube?

Son o secretario da entidade e Delegado do primeiro equipo.
Pero a labor que realizo é a de calquera de tantos directivos que formamos parte dun club de fútbol afecionado, facer un pouco de todo, estar á disposición do club e da xente para o que faga falta, traballo administrativo sobre todo (tramitación de licencias, mutualidade, pagos, cobros ...). Estar e axudar en todo o que precise o Dumbría para o desenvolvemento das competicións e dos distintos eventos que teñen lugar ao longo do ano..

 
  • QPC - Que horas o día lle dedica as tarefas do clube?

Non as contabilizo. Non é cuestión de levar control das horas que lle adicas, cando fas algo para os demais intentas facelo o mellor que podes e sabes, así que sempre hai que estar pendente dos equipos. Si é certo que tódalas tardes acudo ao Conco, aos adestramentos e por suposto tódolos fins de semana para o club... Bueno, en realidade estoume dando conta que bastantes horas, jajajaja.

 
  • QPC - Que momentos recordas como os mais bonitos? E desagradables?

Son moitos anos, polo tanto moitos momentos bonitos, ascensos de categoría por suposto, as Copas da Costa, a creación da escola de fútbol base, os ascensos ás Ligas Galegas, máis recentemente os éxitos do voleibol Dumbría... En especial sempre recordo a primeira Copa da Costa..

Momentos desagradables deportivamente non moitos, non lle dou moita importancia a eso, ganas e perdes, é deporte, ocio, diversión, saúde, interrelación, amizades, etc. Pero fóra deso, algo que nunca se me olvida é unha situación que se deu no campo durante un partido cando un xogador noso -Fabián- se golpeou a cabeza contra o chan e empezou a convulsionar, aí si que foron momentos de tensión e de angustia ata a chegada da ambulancia..

 
  • QPC - Puido ver moitos xogadores aí. Cal cree que foi ese xogador referente?

É complicado decidir entre tantos e bos xogadores que pasaron por aquí, pero pensando en clave de club quédome co gran capitán do Dumbría Suso, pois empezou a xogar aquí desde o inicio e para min, ademais da amizade que nos une, sempre foi un referente polo seu grado de sacrificio e compromiso co equipo..

 
  • QPC - Que ten o Dumbría de diferente o resto de clubes da Costa?

Non son partidario de establecer ningún tipo de comparación entre clubes da Costa, cada club, cada pobo, a xente … é diferente pero quizás un elemento diferenciador é que aquí fomos forxando unha idea de deporte a nivel comarca, e agora xa é máis fácil atraer xogadores sobre todo a categorías inferiores. Eu fun vendo desde os primeiros pasos que demos como club ata o día de hoxe como Dumbría foi mellorando en instalacións e infraestrutura deportiva. Non cabe dúbida que o Conco é un exemplo claro do que se debe facer para atraer xente ao deporte..

 
  • QPC - Agora xa non hai tantas persoas que leven o peso do clube as súas espaldas. Iso e bo ou malo?

Bueno, aínda queda xente así. Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos..

 
  • QPC - Está ben valorado por a entidade?

Sen ningún tipo de dúbida..

 
  • QPC - Ten data de punto final ou non pensa en iso?

Todo chegará. A verdade é que agora mesmo non me plantexo eso, pero o Dumbría seguirá adiante ainda que eu non estea. Dicía antes que sempre encontras a mesma xente nos campos, case sempre as mesmas directivas. Ser directivo de calquera club esixe deixar unha gran parte do teu tempo, a familia, tamén a túa vida persoal e eso queiras ou non vai pesando co paso dos anos.

ENTREVISTAS QPC

Comentarios