Luns. 29.04.2024
El tiempo

Isto si é a Copa

Isto si é a Copa
Sorpresas relativas na apertura dos cuartos de final do torneo do KO, incluso con derrota do gran favorito; a despedida da Preferente deixa un punto final aos ciclos nos bancos O Ponteceso venceu ao Cerqueda Despois de que a competición que máis historias épicas e baños de masas ten deixado no fútbol da Costa vivise unha fin de semana indigna con motivo da volta dos oitavos de final, parece ter repuntado a competitividade, emoción e atractivo. O inicio dos cuartos brindou intres de calidade, emoción e mesmo polémica, e sobre todo unha bagaxe que permite dar por aberta calquera eliminatoria. O campión do torneo da regularidade levou un pau no do KO, ante un Baíñas con inidividualidades para competir con calquera a dobre encontro. Os vimianceses tiveron no lateral Tantán ao seu heroe, cun remate nun saque de curruncho. O feito de ter deixado a portería a cero pode ser determinante, contra un rival que está a acusar o terrible desgaste que lle levou ao triunfo na Liga da Costa. O cartón vermello a Pablo Muíño tamén é un factor chave. Fisterra e Camariñas, un clásico con tanta historia como factor emocional, pelexaron de igual a igual nunha tarde que deixará para o recordo a acción final de Pablo Lestón, que tirou de maxia para encarrilar un cruce que na recta final ía 1-1. O derbi Ponteceso-Cerqueda tivo un momento para borrar cun seareiro exaltado e sobre todo alternativas, emoción e goles. Remontaron os de Barca cunha gran actuación do centrocampista Baba, bigoleador. E a gran sorpresa estivo en Malpica, onde o gran candidato ao título, o Dumbría, non pudo co cadro local, espectacular na Copa e guiado novamente polo corcubionés Brais, desatado e cada vez máis MVP da competición. Despediuse tamén unha Preferente na que o Soneira de ter vencido ata evitaría o descenso directo, pero nin así foi quen de competir na última cita, castigado polas baixas e unha dinámica indigna na parte final. Todo parece apuntar ao cambio de ciclo en tódolos representantes da zona na categoría. Oficial é o adeus de Josito no Sofán (foise empatando co campión) e de Iván Cancela en Xallas, mentres que o de Víctor en Vimianzo está por ver. Segundo pudo saber QPC, é "tempo de reflexión". Mala fin de semana para a nosa base, tendo en conta que só o Xallas Xuvenil pasou á seguinte eliminatoria da Fase de Ascenso, quedando eliminados San Lorenzo xuvenil (por moi pouco non pasaron os de Rudi), Fisterra e Os Miúdos Cadetes e Cee infantil. Precisamente o Fisterra tiña cousas máis importantes, como era toda unha Final de Copa da Costa Cadete. Tiveron que ser os penaltis os que decidisen que o título marchase para Esteiro.

Copa da Costa, Ida de cuartos

 

PreferenteNorte, xornada 38

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 2

FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

CopadaCosta Cadete

 

CopadaCosta Infantil

 

CopadaCosta de Veteranos

 

Máisinformación

     

Comentarios