Mércores. 19.06.2019
El tiempo

Iván Cancela, novo presidente do Comité Galego de Adestradores, director da Escola e Seleccionador da Selección Galega

Iván Cancela recibindo de María Vila, da revista Fútbol Táctico, o Premio de Mellor Adestrador da Costa na Gala do ano pasado

Boas novas o Fútbol da Costa. O adestrador Iván Cancela, nado en Tordoia pero que desenvolve a súa carreira no Fútbol costeiro (e vive en Cabana), aterra no organizama da Real Federación Galega de Fútbol como novo presidente do Comité Galego de Adestradores e novo director da Escola, tomando o relevo de Manuel Mosquera.

Cancela será ademais o adestrador da Selección Galega de Afeccionados que este ano volverá participar na Copa das Rexións UEFA.

Como adestrador Cancela estivo en dúas etapas no Xallas, e ademais estivo no Zas, no Dubra e levaba dous anos á fronte da SD Sofán en Preferente.

Ademais, Iván Cancela xa gañou en dúas ocasións o Trofeo como Mellor Adestrador da Costa nas Galas QPC, concretamente nas dúas últimas campañas, a 2017/2018, 2016/2017.

Novas relacionadas

Comentarios