Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Rapacollóns deixa case sentenciada a LCFS Alevín

ligas LCFS Ponteceso e Rapacollons
Imaxe do partidazo entre Ponteceso e Rapacollons
O Rapacollóns deixa case sentenciada a LCFS Alevín

Continúan avanzando as Ligas Comarcais de Fútbol Sala Base. Unhas LCFs que xa superaron o seu ecuador e que afrontan a recta fina con diversión e ilusión.

A categoría Alevín o ADC Rapacollóns mantense como único equipo que suma partidos por vitorias tras vencer un choque a semana pasada que puido ser unha final. Os fisterráns venceron ao Ponteceso ao que deixan xa a 6 puntos, e sen dar visos de poder tropezar. 120 goles a favor e 11 en contra suman os da Vila do Cristo.
Ademais do cadro pontecesán, o Escolas Juan Cabrejo Camariñas ten moitas papeletas de meterse na fase final, mentres o EFM Carnota, o Manuela Rial e o EMF Vimianzo pelexan por esa 4ª praza.

Xa nos Benxamíns, 4 equipos pelexan na zona alta. Cabana está de líder, por diante de Carnota, Camariñas e Manula Rial, pero apenas hai unha diferencia de 4 puntos entre ambos.

Familia completa dos Rapacollons Alevin e Benxamin de Futbito
Familia completa dos Rapacollons Alevin e Benxamin de Futbito

Novas relacionadas

Comentarios