Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Comezo complicado

O Dumbria Xuvenil de Martin Vecino-Foto-Dumbria
Isaac e Martín Lodeiro, do Dumbría Xuvenil de Martín Vecino
Ligas Galegas: Comezo complicado

Está sendo complicado para os equipos costeiros coller ritmo de competición nas Ligas Galegas de Base. Apenas suman 5 puntos os 3 equipos dumbrieses nas 3 primeiras xornadas, mentres que o Xallas cadete non conseguíu estrear o seu taboleiro. Algo mellor vaille aos equipos do Bergan, sobre todo o equipo Xuvenil, que se alza líder o seu subgrupo tras umar 3 de 3, aínda sen encaixar un só tanto en contra.

 

Liga Galega Xuvenil, Subgrupo Norte C, x.3

  • Resultado: CF Dumbría - ED Xuventude Oroso (1-4)
  • Dumbría: Rubén Carnero, Xan, Isaac, Guille, Martín Lodeiro, Lucas Toba, Anxo, Alex Sendon Alfredo, Dani Chao, Raúl. Tamén xogaron: Xacobe (porteiro suplente), Lucas Caamaño, Alex López, Alex Sánchez e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.8; 0-2, m.65; 0-3, m.67; 0-4, m.68; 1-4, m.82: Lucas Caamaño.

Xogador do Dumbria Xuvenil
Dani Chao

Non puido o equipo de Martín Vecino sumar esta fin de semana. O xoves caía ante o Bergantiños nas Eiroas por 2-0, e o sábado facía o propio no Conco ante un Oroso que se conseguía meter moi pronto por diante. Reaccionaron os dumbrieses e igualaron a contenda e mesmo tiveron varias ocasións para empatar, tanto ao final da primeira parte como ao inicio da segunda.

Estaban sendo os mellores minutos da temporada, pero en 3 minutos de asboluta “pájara”, o cadro dumbriés encaixaba 3 tantos que acabaron co partido. Lucas Caamaño facía a honra.

 

Liga Galega Xuvenil, Subgrupo Norte C, x.3

  • Resultado: Bergantiños - E.D. Estrada (4-0)
  • Bergantiños: Carlos, Dani García, Pablo García, Dopico, Estramil, Pedro, Ashier, Manu Vila, César Gontán, Totó, Iván Pardo. Tamén xogaron Noé, Iker, Mario Vila, Israel e Adrián.
  • Goles: 1-0, m.23: Totó; 2-0, m.42: Iván Pardo; 3-0, m.51: Manu Vila; 4-0, m.74: Mario Vila.

Bergan Xuvenil-Foto Zaida Taboas
Manu Vila e Ashier en segundo plano. Foto: Zaida Taboas

Partido dominado polo equipo de Óscar Mingui, cun alto porcentaxe de posesión e ademais dos goles xeraban algunha ocasión máis moi clara, dentro das cales se atopan 2 balóns á madeira. E iso que a principio custou chegar á área rival, gracias ao traballo defensivo dos estradenses. Pero a partir de abrir a lata os carballeses estiveron máis cómodos aproveitando tamén a confianza que che dá o marcador a favor.

 

Liga Galega Cadete, Subgrupo Norte C, x.3

  • Resultado: Xallas FC - CF Dumbría (0-2)
  • Xallas: Iker, Facal, Sergio, Cristóbal, Marcos; Aarón, Luís, Martínez, Barbeira, Jesús e Mauro.
  • Dumbría: Santos; Vila, Kevin, Arias; Sergio Suárez, Hugo Pastoriza, Hugo Gavín; Carlos Costa, Martín Liñeiro; Brais Noceda e Fabio. Tamén entraron: Sandro, Manu Martínez, Gabi, Martín González e Iker Muiño.
  • Goles: 0-1, m.61: Sandro a centro de Sergio Suárez; 0-2, m.64: Carlos Costa.

Xallas-Dumbria de Cadetes

Derbi moi bonito de ver, xogado cara a cara, o vivido en Fontenla esta fin de semana. Os equipos chegaban con cero puntos, despois das dúas derrotas do cadro dumbríes dirixido por Huelvis (a última o xoves ante o Imperátor) e a colleitada polos de Jota e César Romero na primeira xornada (descansaban o xoves) ante o mesmo equipo herculino.

O choque comezaba cun Xallas máis dominador, que tivo ata 5 bocas ocasións na primeira metade para abrir o marcador. Tamén tivo o Dumbría, sobre todo nos primeiros compases, dúas chegadas de Brais Noceda que sacou Íker, pero pronto o choque se volveu un toma e daca, con máis idas cara a portería dumbriesa.

Na segunda equilibráronse as cousas, e trala pausa para beber o equipo visitante se adiantaba. Foi un pao para o Xallas, que pronto recibiu o segundo. O cadro xalleiro intentou volcarse nos últimos minutos, e mesmo Íker Muíño tivo que facer un par de boas intervencións. Finalmente, a veteranía dos dumbrieses foi chave.

Na categoría descansaba o Bergantiños B de Chema Eirís.

 

Liga Galega infantil, Subgrupo Norte C, x.3

  • Resultado: San Tirso SD - CF Dumbría (10-0)

Nova derrota do equipo de Joaquín Quintáns, desta volta ante un potente San Tirso que xa venceu na primeira xornada ao Bergantiños. Un Bergan dirixido por Cristian que sumaba os seus primeiros 3 puntos o xoves no partido precisamente ante o Dumbría.

Novas relacionadas

Comentarios