Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Conco, inmellorable escaparate para un Campionato de Seleccións Comarcais sub12

O Conco, inmellorable escaparate para un Campionato de Seleccións Comarcais sub12
Campionato de-selecciones-comarcais-sub12-DUMBRIA

O vindeiro mércores 6 de decembro de 2017 será unha gran data para o Fútbol da Costa. Por primeira vez, a Costa da Mrte acolle un campionato de Seleccións Comarcais. Será o Conco o que acolle a Fase Previa do Campionato Galego de Seleccións comarcais, na que ademais estrearase oficialmente a Selección da Costa Sub-12.

Se esta tarde de xoves se celebra unha nova concentración con 14 convocados, esta mañá celebrábase a presentación oficial nas propias instalacións deportivas dumbriesas, toda unha envexa a nivel galego, como o recoñecían os propios membros da Federación.

Acodiron á presentación o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Juan Villamisar, e o responsable do Comité Galego de Adestradores, Manu Mosquera, que estiveron acompañados polo alcalde José Manuel Pequeño. Este agradeceu á Federacion que elexiran Dumbría para o torneo, e dende a Federación responderon alabando ás instalacións, medios humanos e materiais e que sempre amosaron interese no torneo.

Un torneo no que participarán uns 300 nen@s, pertencentes a 15 equipos, 8 masculinos e 7 femininos. A nota máis destacada do Campionato será o debut da Selección da Costa da Morte na categoría sub 12, quedando pendente a creación da sub-12 feminina da Costa.

A FG aproveitou para informar que durante xaneiro as instalación deportivas do Conco acollerán o primeiro Curso de Monitor de Fútbol Sala, que tamén será a primeir vez que a Comarca acolle este tipo de curso.

Selección Benxamín de FS

O pasado mércores tiñan adestramento na Picota os rapaces da Selección da Costa da Morte / Benxamín de Futbol Sala. Desta volta foron 25 convocados da zona Sur, os que se puxeron ás ordes de Ana Mouzo e Dani Costa, baixo a coordinación de Fran Toba.

Unha sesión preparatoria para o Campionato de Seleccións que terá lugar en Marín o vindeiro 4 de xaneiro.

A partir dese mes, tocaralles a Infantís e Alevíns, pois o seu Campionatoserá en febreiro.

 

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios