F8: Dous equipos do Outes, o Xallas e o Dumbría competirán na Liga Comarcal

19:08 17/11/19
Esta mañá de domingo celebrábase no Cabo da Area a primeira "Fase final" do curso. O campo laxense acollía a fase de clasificación para a Liga Comarcal de Alevíns e Benxamíns. Unha cita tremendamente emocionante con pases decididos ata na lotaría dos penaltis.
Na Fase Final Alevín, o Dumbría e o Outes vencían a Os Miúdos e Xallas, polo que serán os dous equipos costeiros que compita con 6 equipos coruñeses e 4 das Mariñas na Liga Comarcal.
Pola súa parte, na Fase final Benxamín, Xallas e Outes serán os nosos representantes, tras superar ao Cee e ao Camariñas.
Así venceu o Outes ao Camariñas en Benxamíns, na quenda de penaltis.
A Liga PREBENXAMÍN
A Liga Prebenxamín terá calendario estes días, pero polo de pronto xa temos os dous Grupos e o comezo. Será unha liga a doble volta (14 xornadas) que comezará o 1 de decembro. A primeira fase rematará o 15 de marzo, e do 22 de marzo ao 3 de maio disputarase a Fase Final, en formato liguilla a doble volta entre os dous primeiros de cada grupo.
O resto de equipos farán un grupo ligueiro de Copa, en dous grupos, e os dous primeiros participarán, xunto cos 4 campións, a Fase de Campións na Final da Copa da Costa, que se disputará o dmingo 17 de maio.
Grupo Norte | Grupo Sur |
Sofán A | Cee |
Sofán B | Os Miúdos |
Laxe | Carnota |
Coristanco | Dumbría |
Cerqueda | Outes |
Vimianzo | Esteirana |
Camariñas | Xallas |
Zas | Fisterra |