Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Ponteceso pasa, tras unha prórroga, á final polo ascenso á 2ª Div. Feminina

  • O Xallas non pode descansar pois ten que enfrontar a Copa Deputación
Ponteceso ante o Orillamar no Pinguel
O Ponteceso pasa, tras unha prórroga, á final polo ascenso á 2ª Div. Feminina

Co ollo posto na final da Copa da Costa de Arliña, o Ponteceso disputaba esta fin de semana a primeira eliminatoria da Fase de Ascenso á 2ª Galega Feminina. E as de Curro responderon e terán no Almeiras o último obstáculo para subir de categoría e competir o ano que vén cos Xallas, Cee e Dumbría.

Un Almeiras que vén de golear ao Bergan B (7-0), que queda así ás portas do ascenso.

Por outro lado, o Xallas, despois de quedar campión da Copa da Costa, non pode coller vacacións pois afronta o 16 e o 22 de xuño as semifinais e as finais da I Copa Deputación, cos campións da Copa do Sar, Copa da Coruña, e Copa Ferro. Repartiranse 28.000€ entre os 4 equipos en función da posición na que queden.

Ponteceso - Orillamar (3-2)

  • Ponteceso: María, Noe (Lara), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia (Lucivili), Muíño, Eva, Oanes, Andrea e Noemí. Tamén: Colores.
  • Goles: 1-0, m.40: Myre; 1-1, m.50: de córner; 2-1, m.65: Myre nun córner botado por Muíño; 2-2, m.88; 3-2, m.110: Myre de penalti cometido sobre Oanes.

Ponteceso ante o Orillamar no Pingue 1

Recibía no Pinguel o Ponteceso ao cadro coruñés do Orillamar, e o choque comezaba a modo tanteo, de recoñecemento máis ben. Sería a killer Andrea a que poñería o medo no corpo ás riváis nunha boa xogada colectiva, na que o seu disparo dende a frontal sería rexeitado polo largueiro. Tería tamén a continuación un par de xogadas a balón parado o Orillamar no que unha inconmensurable María con sendas paradas evitaría o gol visitante.

Cando todo apuntaba a táboas para o tempo de lecer, aparecería a figura deste encontro que non sería outra que Myre, rematando o primeiro dos seus tres goles no primeiro pau sen nada que facer a meta visitante.

Comezaba a segunda e nun córner empataban as visitantes. A partir de ahí foi un partido de idas e voltas tendo un longueiro ás visitantes e moi boas intervencións de María evitando o gol.

Reaccionaban as de Curro e Myre aproveitaba un córner botado por Muíño para adiantar de novo ás pondalianas. E cando todo parecía que remataría co 2 a 1 local, un tiro dende 30m bate no longueiro e entraría na meta, levando o partido á prórroga.

Neste tempo extra, o Ponteceso soubo manexar ben os tempos do partido, guiadas no medio campo por unhas excelsas Eva, Muíño e Oanes na que esta última sería protagonista nun claro penalti recibido. Así, Myre poñía o 3 a 2 final.

Máis novas

Comentarios