Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Precaución entre os clubs da Costa ante a activación das Ligas de Futbol da Base

Imaxe dun Cee - Xallas copeiro de infantís
Precaución entre os clubs da Costa ante a activación das Ligas de Futbol da Base

A activación das Ligas de Fútbol Base locais colleu desprevenidos a moitos dos clubs da Costa. A outros non tanto, como Os Miúdos, que están desexando volver a xogar. Así o recoñece Vinto, que ademais está na Comisión de Fútbol Base da RFGF que precisamente aprobou a posta en marcha das competicións.

No bando do non, rotundo, atopamos clubs como o Zas, Soneira, Coristanco, Muxía ou o Corme. Clubs que saben das gañas que hai entre a rapazada de volver calzar as botas, pero nos que prima a situación sanitara.

Outros “ven a cousa complicada”, pero non se queren adiantar, e esperan ás reunións cas directivas e ás opinións das familias, como é o caso do Cabana, Laxe, Outes, Fisterra, Esteirana, Cerqueda, ou Corcubión (máis tendente ao non).

Por Sofán, xa inscritos na Preferente, consideran que “na base, entrenar si que van volver entrenar, pero a competición é máis complicado”.

De igual xeito, o Xallas, tamén inscrito na Preferente, xa decidiu saír a competir nas categorías base.

Por Dumbría, o 90% dos pais queren iniciar a competición dos 3 equipos nas Ligas Autonómicas. O club, que preinscribiu aos 3 equipos, decidirá estes días.

Novas relacionadas

Comentarios