Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Un igualado derbi permite ao Fisterra seguir soñando

SD Fisterra con Kiko
A SD Fisterra rendeu homenaxe ao ex presidente Kiko e mandou ánimo a Iván Bouzón
Preferente: Un igualado derbi permite ao Fisterra seguir soñando

Doble 3-2, con remontadas varias, nos partidos costeiros desta xornada 25 da Preferente. En Ara Solis, o Fisterra recibía a un Xallas en proceso de mellora, e así o demostrou prantando cara aun equipo que cada día está máis preto do incrible soño do ascenso á 3ª División, algo absolutamente impensable, ata apenas hai uns meses, no Fútbol da Costa. Os de Canosa aproveitaron a derrota do Noia na Pobra e o empate do Mugardos ante o At. Coruña, e suman 5 puntos de vantaxe sobre o cadro noiés, o que está máis cerca de poder arrebatarse o segundo posto de ascenso directo.

Mentres, pasiño a pasiño, a SD Sofán vai facendo os deberes, e tralo arreón nestas últimas 5 xornadas (4 vitorias e un empate) deixa de mirar cara abaixo e ata pode pensar na Promoción, que ten a apenas 6 puntos de distancia.

 

Fisterra - Xallas (3-2)

  • Fisterra: Albor, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Piti, Rubia; Aarón López, Julián, Jesús, Capelo, Juan de Dora e Adrián Makaay. Tamén: Pablo Lestón, Colombia, Lobelos, Christoper.
  • Xallas: Coke, Cristian, Jacobo Lois, Santi, Marcos Mouro, Peke, Rieiro, Borja, Álex Blanco; marquiños e Jordan. Tamén: Doro, Juan de Selia, Pablo Mato, Grille.
  • Goles: 1-0, m.3: Juan de Dora; 1-1, m.16: Carlos Rieiro; 1-2, m.51: Carlos Rieiro; 2-2, m.71: Adrián Makaay; 3-2, m.77: Aarón López.

Derbi costeiro con obxectivos distintos o que se formulaba en Ara Solis, pero o visto no campo non reflectiu a diferencia na táboa. O choque comezaba coa doble homenaxe do cadro local, tanto paraKiko, presidente do club durante moitos anos, que lle deu un derrame celebrar hai pouco, e coa mensaxe ánimo ao meta Iván Bouzón, que estará moitos meses no dique seco trala súa lesion.

No verde, o Fisterra comezou moito mellor chegando moito e creando perigo con Makaay e Juan de Dora arriba, ben escoltados por Capelo. Abría moi rápido o marcador Juan de Dora, e o primeiro treito de partido os fisterráns tiveron varias para ampliar, pero Coke fixo boas intervencións. A partir do m.20 o Xallas asentouse conseguindo o empate e igualando poderes ata o descanso.

Comezaba a segunda co tanto de Rieiro, de novo, tras un rexeite frouxo de Albor a unha falta, e ata o 2-2 tivo controlado a todo un Fisterra o equipo de David González. Pero apareceron a garra e a calidade deste equipo de Ángel Canosa para darlle a volta o marcador nos últimos minutos. Primeiro Makaay e despois Aarón López facían vibrar para seguir soñando a toda afección dos Rapacollóns, non sen ter que sufrir ante o arreón final dos xalleiros.

 

Sofán - Residencia (3-2)

11 do Sofan no Carral ante o Residencia

  • Sofán: Brais; Rubén (Martín, m.75), Becerra (David Castro, m.78), Diego, Raúl Añón; Canedo, Juanjo (Paulo, m.66), Fabián; Alexandre, Raúl, Parafita (Luís, m.60).
  • Goles: 1-0, m.44: Alexandre; 1-1, m.70; 1-2, m.73; 2-2, m.82: Raúl; 3-2, m.90: Paulo.

Tocou tarde de remontada no Carral, desas que fan afección. E iso que non foi un bo partido, sobre todo na primeira parte, onde o centrocampismo e os balóns aéreos foron a tónica dominante dominante do primeiro tempo e onde apenas houbo achegamentos as áreas.
As máis claras foron nunha acción de Fabián dentro da área onde se reclamou un posible penalti por mans dun rival, e un gol anulado a Fita que toca en Raúl en posición de fóra de xogo. Antes do descanso, no un balón en largo de Añón no que a defensa da Residencia se confía, Fabián rouba o balón e cede a Alexandre que non falla e bate por baixo a Diego Bravos. Gol dos chamados "psicolóxicos" antes do descanso e partido frouxo.

Sofan-Residencia no Carral

Pero na segunda parte os dous equipos animáronse máis e o Sofán intentou chegar á área rival co balón máis controlado e empezou a xerar máis ocasións, xa con Luis no campo surtindo de balóns con perigo sobre Raúl, Alexandre e Canedo.

Pero a mala sorte encontrouna o Sofán nun salto entre Fabián e Becerra onde o peor parado e o defensa, que ten que saír momentaneamente do campo, situación que aproveitaría p Residencia para nun desaxuste defensivo dos locais poñer o empate no marcador. Apenas 3 minutos máis tarde o Residencia darialle a volta o marcador nunha boa definición de Veloso, que tras superar o seu marcador fai unha vaselina que supera a Brais e poñer o 1-2.
O Sofán tiña 15 minutos por diante e necesitaba remontar, pero a fe do Carral volve estar viva.

Alberto Rodriguez deu entrada a Martin e Paulo para ter máis referencias ofensivas e o interior tivo un par de boas ocasións, nun tiro que desvia o meta rival e nun remate de cabeza que sae alto. Foi no 83' cando un bo centro de Luis cabeceao o fondo das mallas Raúl para poñer o empate. Locura no Carral e varios minutos para conseguir a remontada e asi foi, porque no tempo de desconto e despois de varios corners, no último do partido pon o 3-2 Paulo logo dun bo remate ante o que nada pode facer Bravos e conseguindo a remontada cando o tempo esmorecia. Tres puntos sufridos e traballados dun equipo que mantivo a fe ata o último minuto.

 

Máis información

Comentarios