Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Preferente: Remata a primeira volta con sabores agridoces

Non lle sentou ben o blanco ao Fisterra en San Tirso
Non lle sentou ben o blanco ao Fisterra en San Tirso
Preferente: Remata a primeira volta con sabores agridoces

Rematou a primeira volta e faino con sinsabores. As dúas vitorias de Sofán e Xallas (a do Xallas absolutamente vital ante un rival directo na loita pola permanencia) non impiden facer unha valoración negativa do primeiro tramo de competición. Sensación estrana queda tamén en Fisterra, despois de facer uns primeiros meses de competición históricos, facendo soñar a toda unha vila, o equipo parece que afrouxa, e sumaba a cuarta derrota nos 6 últimos partido, manténdose aínda nunha situación privilexiada, con posibildade para todo.

 

Lemos - Sofán (0-1)

11 do Sofan en Lemos

  • Sofán: Brais; Añon, Gody, Canedo, Viqueira (David Castro, m.69); Juanjo (Becerra, m.85), Carro (Eibe, m.65), Fabián; Alexandre, Raúl (Quintela, m.46), Fita (Matías, m.67).
  • Gol: 0-1, m.80: Alexandre.

Partido trabado na Pinguela, onde chegaba a SD Sofán despois dunha boa serie e coa intención de seguir aumentando as boas sensacións, tanto en xogo coma en resultados. Pronto avisou o Lemos nun centro lateral que desvia lixeiramente Brais para evitar o remate de Denis. A primeira metade desenvolvíase con moito centrocampismo e demasiadas imprecisións, ata que nos últimos 10 minutos da primeira o cadro de Alberto Rodríguez e Cantudo estirouse e chegou en carias ocasións a área contraria, con Alexandre e Carro, como protagonistas. Antes do descanso reclamouse un penalti sobre Carro que o colexiado non apreciou.

Na reanudación o Sofán seguía ben prantado e buscando a velocidade polas bandas para abrir o marcador pero seguían sen materializarse. Non foi ata 10 minutos do final, cando Matías xoga con Quintela e este prolonga para Eibe que mete un pase en campo contrario e coa defensa do Lemos en medio campo para a chegada de Alexandre, que se incorpora dende atrás e tras unha gran internada desde o medio adéntrase na área e marca de tiro cruzado para poñer o 0-1 definitivo.
De aí ata o final o Lemos buscou o empate ante unha SD moi sólida e que suma 3 novos puntos .

 Sofan en Lemos1Sofan en Lemos

Xallas - Foz (2-0)

  • Xallas: Coke, Cris (Peke), Jaco, Loureiro, Mouro, Santi, Borja, Carliños, Mato (Camilo), Marquiños e Blanco.
  • Goles: 1-0, m.87: Carliños nunha contra; 2-0, m.90: Camiño.

Partido fundamental, ante un rival directo, no que o equipo de Adrián Lema enchufado desde o inicio. Foi unha primeira parte sen un dominador claro e con varias ocasións de goles por parte do Foz, pero tamén os Blanco, Marquiños e Carliños tiveron as súas para abrir un marcador que non se moveu.

Meteu unha marcha máis ao comezo da segunda, apretando arriba con máis intensidade, demostrando que non se conformaba co empate. E cando o partido parecía que ía morrer en empate. nunha contra casi o final marca Carliños tras un centro lateral. A raíz do gol o Foz puxo máis efectivos para empatar, pero Camilo marca dende moi lonxe ao ver o porteiro adiantado, sentenciando un choque que rescata ao cadro xalleiro dunha nova mala serie de resultados e o volve deixar a só 1 punto dos postos de salvación.

 

San Tirso - Fisterra (2-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Breixo, Piti, Julito; Aarón López, Julián, Santi Taboada, Herbert, Capelo e Adrián Mkaay. Tamén: Rodrigo, Marcote, Dani, Jesús e Cristopher.
  • Goles: 0-1, m.21: Adrián Makaay, 1-1, m.36; 2-1, m.60.

O Fisterra en San Tirso

4 derrotas nos 6 últimos partidos suma un Fisterra que ten que ser consciente que de nomes non se vive. Un equipo que se puxo por diante en San Tirso, a pesar de saír ao campo sen a intensidade dos primeiros meses de competición. Foron sorprendidos por un San tirso, moi centrado e que aproveitou as tres ocasións que tivo, unha delas de penalti, ante o que Iván Bouzón, unha vez máis, sostuvo a un Fisterra, onte sen espíritu, sen ansia.

O cadro local foi remontando e na última media hora o cadro fisterrán intentouno pero sen demasiada fe. Partido para facer autocrítica.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios