Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: O Sofán asegura o seu pase á Fase de Ascenso á 3ª RFEF

Sofan a fase de ascenso
11 da SD en San Tirso
Preferente: O Sofán asegura o seu pase á Fase de Ascenso á 3ª RFEF

Tiña xornada intersemanal a SD, coa visita ao campo do Monte, coa intención de prolongar as boas sensacións. E non só as confirmou, senón que ademais certificou o seu pasá á seguinte fase polo ascenso, pois a falta de 3 xornadas saca 6 puntos e o golaveraxe a un Victoria que ten que descansar unha xornada.

Preferente, 1ª Fase, Gr.1, xornada 11

  • Resultado: San Tirso - Sofán (2-5)
  • SD: Brais, Iriso (Eibe, m.65), Viqueira (Dpico, m.82), Iván, Becerra, Diego (Juanjo, m.70), Gody, Fabián, Martín, Alexandre (Vía Rápida, m.60) e Paulo.
  • Goles: 0-1, m.16: Alexandre remacha un centro raso de Martín tras unha gran galopada; 0-2, m.46: Alexandre de penalti; 0-3, m.55: Paulo a pase de Alexandre; 1-3, m.71; 1-4, m.77: Vía, coa axuda dun defensa; tras un balón en longo de Viqueira; 2-4, m.79; 2-5, m.90: Becerra de cabeza nun córner botado por Eibe.

Saíu con todo o equpo de Alberto Rodríguez e Cantudo, e pronto se fixo co mando do choque. Ao cuarto de hora xa abría o marcador, e conseguía aguantar o primeiro tempo con vantaxe a pesar da alternancia no dominio e tamén nas ocasións.

Nada máis comezar o segundo tempo, uns mans dos locais acaban co tanto dende os 11 metros dun Alexandre que tamén participaba no terceiro gol roubando e poñendo un pase medido a Paulo. Recurtaban os locais pero pronto Vía daba tranquilidade. De aí ao final, pouca tensión e dous goles máis, un por bando.

Este domingo, derbi contra o Laracha intentará pechar o círculo desta fantástica primeira fase e proclamarse campión do grupo, no que de seguro sera unha festa no fortín sofanista.

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

Comentarios